Santa Sofía ou Hagia Sophia (do grego Άγια Σοφία [aˈʝia soˈfia], «Santa Sabedoría»; en latín: Sancta Sophia ou Sancta Sapientia; turco Ayasofya) foi unha antiga basílica patriarcal ortodoxa convertida en mesquita e hoxe en día en museo, sita en Istambul, (Turquía) considérase a obra máis importante da época bizantina. Foi empregada como igrexa durante 916 anos, dende a súa construción no ano 537 ata a conquista da cidade no ano 1453. Dende esta data ata 1934, durante 481 anos, foi empregada como mesquita. Logo de pasar unha restauración cumprida por orde de Mustafa Kemal Atatürk, fundador da república Turca, o 1 de febreiro de 1935, foi inaugurada como museo.

Santa Sofía rompeu moldes, esta considerada o epítome da arquitectura bizantina e dise que "cambiou a historia da arquitectura". Responde á idade de ouro da arte bizantina e á dinámi...Ler máis

Santa Sofía ou Hagia Sophia (do grego Άγια Σοφία [aˈʝia soˈfia], «Santa Sabedoría»; en latín: Sancta Sophia ou Sancta Sapientia; turco Ayasofya) foi unha antiga basílica patriarcal ortodoxa convertida en mesquita e hoxe en día en museo, sita en Istambul, (Turquía) considérase a obra máis importante da época bizantina. Foi empregada como igrexa durante 916 anos, dende a súa construción no ano 537 ata a conquista da cidade no ano 1453. Dende esta data ata 1934, durante 481 anos, foi empregada como mesquita. Logo de pasar unha restauración cumprida por orde de Mustafa Kemal Atatürk, fundador da república Turca, o 1 de febreiro de 1935, foi inaugurada como museo.

Santa Sofía rompeu moldes, esta considerada o epítome da arquitectura bizantina e dise que "cambiou a historia da arquitectura". Responde á idade de ouro da arte bizantina e á dinámica de construción de grandes edificios que implantou o cristianismo. É unha síntese entre a tradición clásica grecolatina e a tradición construtiva oriental; a primeira presentada pola planta basilical, os piares de carga principais, e a grande escala do conxunto; e a segunda polo espazo central coroado por unha cúpula. Santa Sofía legoulle á posteridade o emprego do sistema de cunchas a escala monumental pasa pasar da forma cadrada da base á circular da cúpula; futura constante da arquitectura bizantina e, máis adiante, da occidental. Tamén lle deu o impulso definitivo ao mosaico, a técnica que mellor permitía explota-las posibilidades da luz e da cor no interior das igrexas bizantinas.

Historia A primeira Igrexa

Hoxe en día non quedan restos da primeira igrexa construída nesta localización que se coñeceu como Μεγάλη Ἐκκλησία —Megálē Ekklēsíā, «Igrexa Grande»— ou Magna Ecclesia en latín,[1] debido a que as súas dimensións eran maiores que as das igrexas contemporáneas da cidade.[2] (O alcume de "Megálē Ekklēsíā" seguiuse empregando durante moito tempo, e non se mudou polo nome de Santa Sofia ata logo da conquista bizantina de 1453.) Como a miúdo pasaba naqueles tempos, o actual emprazamento de Santa Sofía foi seleccionado pola existencia previa dun templo pagán. Foi inaugurada o 15 de febreiro do 360 -durante o reinado de Constancio II- polo bispo ariano Eudoxio de Antioquía,[2] a igrexa foi construída preto da área onde se estaba construíndo o palacio imperial. A igrexa próxima de Santa Irene -«Hagia Irene»- foi terminada antes e serviu como catedral ata que se terminou a igrexa de Santa Sofía. Ambas foron conxuntamente as principais igrexas do Imperio bizantino.

Nun escrito do 440, Sócrates de Constantinopla afirmou que a igrexa foi construída por Constancio II, que se estaba traballando nela no 346. Unha historia posterior ao século vii ou viii, afirma que o edificio foi construído por Constantino I o Grande. Zonaras reconciliou as dúas opinións, afirmando que Constancio reparou o edificio consagrado por Eusebio de Nicomedia despois de que esta se derrubase. Dado que Eusebio foi bispo de Constantinopla do 339 ao 341 e que a morte de Constantino ocorreu no 337, parece posible que a primeira igrexa fose erixida por este último.[2] O edificio foi construído como unha basílica latina tradicional con columnas, galerías e un teito de madeira, e estaba precedida por un atrio. Afirmábase que era un dos monumentos máis destacados do mundo nesa época.

O Patriarca de Constantinopla, Xoán Crisóstomo, entrou en conflito coa emperatriz Elia Eudoxia, esposa do emperador Arcadio, e foi enviado ao exilio o 20 de xuño do 404. Durante os disturbios que se produciron tras este feito, a igrexa foi queimada e derrubada en gran parte,[2] polo que na actualidade non se conserva nada deste primeiro edificio.

 
Anacos de pedra da segunda igrexa.
 
Anacos de mármore pertencentes á segunda igrexa.
A segunda igrexa

O 20 de xuño do 404 o patriarca de Constantinopla, Xoán Crisóstomo foi mandado ao exilio despois de entrar en conflito coa emperatriz Elia Eudoxia, muller do emperador Arcadio. A partir do anterior feito, producíronse unha serie de liortas e revoltas durante as cales a antiga igrexa foi queimada. A construción dunha segunda igrexa foi ordenada por Teodosio II, quen a inaugurou o 10 de outubro do 405. Os lumes xurdidos a partir da Revolta de Nika tiveron como consecuencia a destrución da segunda Santa Sofía, queimada entre o 13 e o 14 de xaneiro do ano 532. Tan só algúns anacos de mármore sobreviviron ata a actualidade, estes atópanse expostos no xardín da Santa Sofía actual. Estes anacos de mármore foron atopados por A.M. Schneider en 1935, durante as escavacións que levou a cabo no patio oeste da igrexa, estes formaban parte dunha grande entrada da igrexa que se atopaba no lugar.

Terceira e derradeira igrexa

O 23 de febreiro de 532, tan só unhas semanas logo da destrución da segunda basílica, o emperador Xustiniano I decidiu construír unha terceira basílica completamente diferente, máis grande e máis maxestosa que as súas predecesoras.

Xustiniano elixiu ao físico Isidoro de Mileto e ao matemático Antemio de Trales como arquitectos, aínda que Antemio morreu durante o primeiro ano da empresa. Existe a teoría de que se empregou a Herón de Alexandría para facer fronte aos desafíos que presentaba a construción dunha cúpula expansiva sobre un espazo tan grande.

O historiador bizantino Procopio de Cesarea describiu a construción do templo na súa obra Sobre os edificios -latín: De aedificiis; grego:Peri ktismatōn-. Empregáronse máis de dez mil persoas para a construción, e o emperador fixo traer material procedente de todo o imperio, como as columnas helenísticas do Templo de Artemisa en Éfeso, grandes pedras das canteiras de pórfiro de Exipto, mármore verde de Tesalia, pedra negra da rexión do Bósforo e pedra amarela de Siria. Esta nova igrexa foi recoñecida polos contemporáneos como unha grande obra de arquitectura. O emperador, xunto co patriarca Eutiquio, inaugurou con moita pompa a nova basílica o 27 de decembro de 537. Os mosaicos dentro da igrexa completáronse baixo o reinado do emperador Xustino II (565-578). Santa Sofía foi a sé do patriarca ortodoxo de Constantinopla e o escenario principal das cerimonias imperiais bizantinas, como as coroacións. A basílica tamén ofrecía asilo aos malfeitores.

 
A construción de Santa Sofía, durante o reinado do emperador Xustiniano, miniatura 38 da Crónica de Constantino Manasés, do século XIV.

Os terremotos de agosto do 553 e do 14 de decembro de 557 causaron gretas na cúpula principal e na media cúpula oriental. A cúpula principal derrubouse por completo durante un posterior terremoto o 7 de maio de 558,[3] que tamén destruíu o ambón, o altar e o copón. O accidente debeuse principalmente ao exceso de carga da cúpula e ao enorme empuxe horizontal que transmitía aos soportes, ao ter un deseño demasiado plano. Isto causou a deformación dos alicerces que sostiñan a cúpula. O emperador ordenou a restauración inmediata, a cal encomendouse a Isidoro o Mozo, sobrino de Isidoro de Mileto, que utilizou materiais máis lixeiros e elevou a cúpula,[4] dando á construción a súa altura interior actual de 55,6 metros (182 pés).[5] Por outra banda, Isidoro cambiou tamén o tipo de bóveda, erixindo unha cúpula nervada con cunchas, cuxo diámetro atopábase entre 32,7 e 33,5 metros.[4] Esta reconstrución, que deu á igrexa a súa actual forma característica do século VI, completouse no ano 562. O poeta bizantino Paulo Silenciario compuxo un poema épico, coñecido como Ekphrasis, para a dedicación da basílica presidida polo Patriarca Eutiquio o 23 de decembro de 562.

No 726, o emperador León o Isáurico publicou unha serie de edictos contra a veneración de imaxes e ordenou ao exército destruír todas as iconas -inaugurando o período da iconoclasia bizantina-. Nese momento, todas as imaxes e estatuas relixiosas retiráronse da igrexa de Santa Sofía. Logo dun breve respiro durante o mandato da emperatriz Irene (797-802), os iconoclastas reapareceron. O emperador Teófilo (829-842), fortemente influenciado pola arte islámica, prohibiu as imaxes relixiosas e instalou unha porta de bronce de dúas follas co seu monograma na entrada sur da igrexa.

A basílica volvería sufrir danos: primeiro por un grande incendio no 859, e de novo por un terremoto, o 8 de xaneiro de 869, que colapsou media cúpula. O emperador Basilio I ordenou as reparaciones. Un século despois, o 25 de outubro de 989, un novo gran terremoto arruinou a cúpula, e foi o emperador bizantino Basilio II quen encargou a súa reparación ao arquitecto armenio Trdat, creador das grandes igrexas de Ani e Argina.[6] As súas principais reparacións afectaron ao arco occidental e a unha parte da cúpula. A magnitude dos danos requiriu seis anos de reparación e reconstrución, ata que a igrexa foi reaberta o 13 de maio de 994.

No seu libro De caerimoniis aulae Byzantinae, o emperador Constantino VII (913 a 919) escribiu un relato detallado das cerimonias que levaron a cabo o emperador e o patriarca na igrexa de Santa Sofía.

 
Este é un Mosaico; considerado un dos máis belos mosaicos da arte bizantina, trátase dunha representación de Cristo Pantocrátor (Χριστός Παντοκράτωρ) e pertence ao mosaico da Deesis. Atópase na Igrexa de Santa Sofía, Constantinopla, datado preto de 1280.

Tras a toma de Constantinopla durante a Cuarta cruzada a igrexa foi saqueada e profanada polos cristiáns latinos. O suceso foi descrito polo historiador bizantino Nicetas Choniates. Moitas supostas reliquias da igrexa -como unha pedra da tumba de Xesús, o leite da Virxe María, a mortaxa de Xesús e os ósos de varios santos- foron enviadas ás igrexas de occidente, e actualmente atópanse en varios museos. Durante a ocupación latina de Constantinopla (1204-1261) a igrexa converteuse nunha catedral católica. Nela foi coroado emperador Balduino I de Constantinopla, nunha cerimonia que seguiu de cerca as prácticas bizantinas, o 16 de maio de 1204.

Mesquita (1453–1935)
 
"Ayasofya Camii" (Mesquita de Ayasofya) en tempos otománs.

En 1453 o sultán Mehmed puxo cerco a Constantinopla, impulsado en parte por un desexo de converter á cidade ao islam.[7] O sultán prometeu aos seus soldados tres días de saqueo ilimitado antes de reclamar os contidos da cidade para si mesmo.[8][9]

A igrexa de Santa Sofía non estivo exenta de saqueos, sendo o punto focal dos invasores, os cales pensaban que contería os tesouros máis importantes da cidade.[10]

Pouco despois de que as defensas da cidade se derrubasen, os saqueadores dirixíronse á igrexa de Santa Sofía derrubando as súas portas.[11] Ao longo do asedio, na igrexa estívose celebrando a santa liturxia e a liturxia das horas, sendo o templo un refuxio para moitos cidadáns incapaces de contribuír na defensa da cidade.[12][13] Atrapados na igrexa, fregueses e refuxiados convertéronse en parte do botín a repartir entre os invasores. O edificio foi profanado e saqueado, e os seus ocupantes escravizados ou asasinados;[10] os anciáns e os enfermos foron asasinados, e o resto encadeados.[11] Os sacerdotes continuaron levando a cabo os ritos cristiáns ata que foron detidos polos invasores.[11] Cando o sultán e a súa cohorte entraron na igrexa insistiu en que debía ser transformada en mesquita, tras o cal un dos ulema subiu ao púlpito e empezou a recitar o shahada.[14][15]

 
Fonte (Şadırvan) para rituais de purificación.

Como está escrito máis arriba, inmediatamente despois da conquista de Constantinopla en 1453, Mehmet II converteu a igrexa de Santa Sofía na mesquita de Santa Sofía.[15][16][17] Segundo o descrito por varios visitantes occidentais (como o nobre cordobés Pedro Táfur[18] e o florentino Cristoforo Buondelmonti),[19] a igrexa estaba nun estado ruinoso, con varias das súas portas fóra, o sultán Mehmed II ordenou a limpeza da igrexa e a súa conversión. Asistiu á primeira oración do venres na mesquita o 1 de xuño de 1453.[17] Santa Sofía converteuse na primeira mesquita imperial de Istanbul.[20] Para o seu Waqf (doazón) foron designadas a maioría das casas existentes na cidade e a zona do futuro Palacio de Topkapi.[15] A través de decretos imperiais de 1520 (926H) e 1547 (954H) tendas e partes de Gran Bazar e outros mercados foron tamén engadidos.[15]

Antes de 1481 un pequeno minarete foi erixido na esquina sueste do edificio, por enriba da torre con escaleira.[15] Máis tarde, o seguinte sultán, Beyazid II (1481-1512), construíu outro minarete na esquina nordés.[15] Un deles esnaquizouse debido ao terremoto de 1509,[15] e o arredor da metade do século XVI foron substituídas por dous minaretes diagonalmente opostos construído nas esquinas leste e oeste do edificio.[15]

 
O mihrab.

No século XVI o sultán Suleiman o Magnífico (1520-1566) trouxo dous colosais candeeiros da conquista de Hungría. Estes colocáronse a ambos os dous lados da mihrab. Durante o reinado de Selim II (1566-1577), o edificio comezou a mostrar signos de fatiga e reforzouse moito coa adición das axudas estruturais no seu exterior polo grande arquitecto otomán Mimar Sinan, considerado un dos primeiros enxeñeiros en incluír reforzos antisísmicos.[21] Ademais de fortalecer a histórica estrutura bizantina, Sinan construíu os dous minaretes grandes adicionais no extremo oeste do edificio, o orixinal palco do sultán, e o Turbe (mausoleo) de Selim II no sueste do edificio entre 1576 e 1577. Para iso, fixo demoler o ano anterior, as partes do patriarcado na á sur da igrexa.[15] Por outra banda, a media lúa de ouro foi montada na parte superior da cúpula,[15] así como unha "zona de respecto" duns 24 metros de ancho, que se impuxo o arrededor de todo o edificio, o que obrigou á demolición de todas as casas que estaban alí.[15] Máis tarde o seu Turbe acolleu tamén 43 tumbas dos príncipes otománs.[15] En 1594 Mimar (arquitecto da corte) Davud Ağa construió a Turbe de Murad III (1574–1595), onde o sultán e a suá valide (raíña nai) , Safiye Sultán, foron enterrados máis tarde.[15] O mausoleo octogonal do seu fillo Mehmed III (1595-1603) e o súa valide foi construído ao lado da del en 1608 polo arquitecto real Dalgiç Mehmet Aĝa.[22] O seu fillo Mustafa I (1617-1618; 1622-1623) converteu o antigo baptisterio na súa Turbe.[22]

Museo

En 1931, durante o mandato de Mustafa Kemal Atatürk, a mesquita péchase ao público, e ábrese novamente en 1935, pero esta vez como museo.

Foni, Alessandro E.; Papagiannakis, George; Magnenat-Talmann, Nadia. "Virtual Hagia Sophia: Restitution, Visualization and Virtual Life Simulation" (PDF) (en inglés). Virtual World Heritage. Archived from the original on 25 de marzo de 2009. Consultado o 29 de xuño de 2011.  ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Janin (1953), p. 472. Janin 1953 páx. 41. ↑ 4,0 4,1 Müller-Wiener (1977), p. 86. Emporis (ed.). "Haghia Sophia" (en inglés). Consultado o 4/08/2014.  Maranci, Christina (setembro de 203). Society of Architectural Historians, ed. "The Architect Trdat: Building Practices and Cross-Cultural Exchange in Byzantium and Armenia". Journal of the Society of Architectural Historians (en inglés) 62 (3): 294–305. Consultado o 30 de xuño de 2011.  Ali, Daniel and Spencer, Robert. Inside Islam. West Chester: Ascension Press, 2003, pp. 108–110, 112–118. Runciman (1965), p. 145 Nicol (1979), p. 88 ↑ 10,0 10,1 Nicol (1979), p. 90 ↑ 11,0 11,1 11,2 Runciman (1965), p. 147 Runciman (1965), pp. 133–134 Nicol, Donald M. The Last Centuries of Byzantium 1261–1453. Cambridge: Cambridge University Press, 1972, p. 389. Runciman (1965), p. 149 ↑ 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 15,11 15,12 Müller-Wiener (1977), p. 91. Janin 1953 páx 475 ↑ 17,0 17,1 Mamboury (1953), p. 288. Tafur, Pero (1926). G. Routledge, ed. Travels and Adventures, 1435–1439. Trans. M. Letts. Londres. pp. 138–148.  G. Gerola, “Le vedute di Costantinopoli di Cristoforo Buondemonti,” SBN 3 (1931): 247–79. Necipoĝlu (2005), pg. 13 Mungan, I. (2004). Hagia Sophia and Mimar Sinan. Mungan & Wittek (eds); Taylor & Francis Group, Londres. pp. 383–384. ISBN 90 5809 642 4.  ↑ 22,0 22,1 Müller-Wiener (1977), p. 93.
Photographies by:
Benh LIEU SONG from Torcy, France - CC BY-SA 2.0
-
Photographer: Myrabella - Public domain
Akurilo - CC BY-SA 4.0
Orjen - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
127
Statistics: Rank
383708

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
591736482Click/tap this sequence: 2859

Google street view

Where can you sleep near Igrexa de Santa Sofía ?

Booking.com
490.092 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 57 visits today.