Μυκήνες

( Micenas )

Micenas (IPA /my'ke:nai/, en grego moderno: Μυκήνες /mi'cines/) é un sitio arqueolóxico en Grecia, localizado preto de 90 km ao suroeste de Atenas, no nordeste do Peloponeso. No segundo milenio a.C, Micenas foi un dos maiores centros da civilización grega e unha potencia militar que dominou a maior parte do sur de Grecia. O período da Historia de Grecia de preto de 1600 a.C. a preto de 1100 a.C. chámase Micénico en recoñecemento á posición de liderado de Micenas.

Crese que a acrópole ou "cidade alta" de Micenas foi fortificada no 1500 a.C. aproximadamente, debido á presenza de túmulos verticais que datan deste período. As fortificacións na acrópole e noutros outeiros circundantes reconstruíronse aproximadamente no 1350 a.C. nun estilo coñecido como "ciclópeo", porque os bloques de pedra usados eran tan grandes que os gr...Ler máis

Micenas (IPA /my'ke:nai/, en grego moderno: Μυκήνες /mi'cines/) é un sitio arqueolóxico en Grecia, localizado preto de 90 km ao suroeste de Atenas, no nordeste do Peloponeso. No segundo milenio a.C, Micenas foi un dos maiores centros da civilización grega e unha potencia militar que dominou a maior parte do sur de Grecia. O período da Historia de Grecia de preto de 1600 a.C. a preto de 1100 a.C. chámase Micénico en recoñecemento á posición de liderado de Micenas.

Crese que a acrópole ou "cidade alta" de Micenas foi fortificada no 1500 a.C. aproximadamente, debido á presenza de túmulos verticais que datan deste período. As fortificacións na acrópole e noutros outeiros circundantes reconstruíronse aproximadamente no 1350 a.C. nun estilo coñecido como "ciclópeo", porque os bloques de pedra usados eran tan grandes que os gregos xulgaron que foron traballo de xigantes dun único ollo, coñecidos como ciclopes. Dentro destes muros, parte dos cales aínda poden ser vistos, erguéronse palacios monumentais.

En períodos posteriores, os micénicos pararon de enterrar os seus reis en túmulos verticais e pasaron a construír enormes sepulturas circulares chamadas tholoi, frecuentemente construídas nos lados dos outeiros. A maior delas (o Círculo A) foi descuberta polo arqueólogo alemán Heinrich Schliemann. Como esas enormes sepulturas foron saqueadas moito tempo antes, el non se decatou que era un túmulo e deulle o nome de Sala do Tesouro de Atreo.

A construción máis coñecida de Micenas é a Porta dos Leóns, que ergueuse aproximadamente no 1250 a.C.. Nesta época, Micenas probabelmente era unha cidade próspera, cun poder político, militar e económico que se estendía até Creta, Pilos, no Peloponeso occidental, e até Atenas e Tebas. Pero preto do 1200 a.C. o poder de Micenas estaba xa declinando e durante o século XII a.C., o dominio micénico entrou en colapso. Tradicionalmente, isto atribúese a unha invasión dos dorios, gregos do norte, aínda que algúns historiadores dubiden que tal invasión teña acontecido.

A lembranza do poder de Micenas mantívose nas mentes dos gregos durante os séculos seguintes, coñecidos como a Idade das Tebras. Os poemas épicos atribuídos polos gregos de xeracións posteriores a Homero, a Ilíada e a Odisea, preservan memorias do período micénico. Os poemas de Homero presentan a Agamenón, Rei de Micenas, como o líder dos gregos na Guerra de Troia.

Durante o período Clásico inicial, Micenas habitouse novamente, aínda que xamais recuperou a súa antiga importancia. Os micénicos combateron en Termópilas e en Platea durante as Guerras Persas. Entrementres, no 468 a.C., tropas de Argos capturaron a cidade e expulsaron os habitantes. Durante os períodos Helenístico e Romano, as ruínas de Micenas eran unha atracción turística, así como son hoxe. Unha pequena aldea xurdiu para atender aos negocios xerados polos turistas. Porén, o lugar abandonouse no final do Imperio Romano.

As primeiras escavacións en Micenas realizáronse polo arqueólogo grego Pittakis en 1841, quen encontrou e restaurou a Porta dos Leóns. En 1874, Schliemann chegou ao lugar e realizou unha escavación completa. Schliemann consideraba como verdade histórica os poemas de Homero e interpretou as súas descubertas nesa liña. Encontrou os antigos túmulos verticais cos seus esqueletos reais e artefactos fúnebres espectaculares. Cando descubriu unha máscara mortuaria de ouro nun dos túmulos, exclamou: "Contemplen o rostro de Agamenón!".

Desde a época de Schliemann, realizáronse máis escavacións científicas en Micenas, principalmente por arqueólogos gregos mais tamén pola Escola Británica de Atenas. A acrópole escavouse en 1902, e os outeiros circundantes investigáronse metodicamente por escavacións posteriores.

Hoxe, Micenas, un dos lugares de fundación da civilización europea, é un destino turístico popular. O lugar foi ben preservado, e as grandes ruínas dos muros ciclópeos e dos palacios na acrópole aínda causan a admiración dos visitantes, particularmente cando se lembra que tales muros foron erguidos mil anos antes dos monumentos da Grecia clásica.

Photographies by:
Mara 1 from Scotland - CC BY 2.0
Zones
Statistics: Position
1115
Statistics: Rank
105162

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
764382159Click/tap this sequence: 6899

Google street view

Where can you sleep near Micenas ?

Booking.com
487.349 visits in total, 9.186 Points of interest, 404 Destinos, 34 visits today.