Αρχαίο θέατρο Επιδαύρου

( Teatro de Epidauro )

O teatro de Epidauro (en grego antigo Ἐπίδαυρος Epìdauros, en grego moderno Επίδαυρος Epìdavros) é un teatro antigo da Argólida, edificado no século IV a. C. para acoller as Asclepeia, concurso en honra do deus médico Asclepio. Foi o modelo de numerosos teatros gregos ao regularizar e perfeccionar a súa estrutura.

Historia
 
Teatro de Epidauro

A principios do século IV a. C., tiña lugar unha festa panhelénica cada catro anos en Epidauro, no santuario de Asclepio, as Asclepeia, que combinaban probas ximnásticas[1] e musicais.[2] A uns 500 m ao sueste do santuario, sobre un lugar que permitiu encostar o koilon (conxunto de bancadas) no flanco dun outeiro, o arquitecto e escultor Policleto o novo comezou os traballos para erguer o teatro cara ao 350 a. C.[3]

O teatro e o santuario houberon sufrir diversos avatares pois foron saqueados en 267 polos hérulos, e despois en 395 polos godos de Alarico I. Con todo, os estragos quedaron limitados. Até principios do século XIX, o teatro considerábase desaparecido cando un viaxeiro inglés, W. Gell, revelou o plano das ruínas. Tamén este mítico lugar foi o sitio escolleito para proclamar a independencia de Grecia en 1822.

De todos os teatros antigos, o teatro de Epidauro é o mellor conservado, pois se atopaba ben conservado ao longo dos séculos por mor do piñeiral co que estaba recuberto e que conseguiu que non fose destruído. Restáurase parcialmente en 1954 e, dende 1955, celébrase un festival anual que reanimou o teatro. Unha das actuacións máis lembradas celebrouse o 24 de agosto de 1960 cando se representa a ópera, Norma de Vincenzo Bellini , con Maria Callas no papel principal. 

O santuario de Epidauro -que inclúe o teatro, os templos de Artemisa e Asclepio, o Tholos, o Enkoimeterion, os Propileos, a sala de banquetes e os baños-, é un relevante exemplo da arquitectura helénica do século IV a.C., e dende 1988 está inscrito na Listaxe do Patrimonio Mundial da UNESCO.[4]

Sève (1993), p. 322 Sève (1993), p. 323 Hartt (1989), p. 206 "Listaxe do Patrimonio Mundial da UNESCO". Arquivado dende o orixinal o 21-09-2014. Consultado o 6-10-2016. 
Photographies by:
Carole Raddato from FRANKFURT, Germany - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
302
Statistics: Rank
240499

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
912437658Click/tap this sequence: 1347

Google street view

Where can you sleep near Teatro de Epidauro ?

Booking.com
489.369 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 7 visits today.