A Acrópole de Atenas pode considerarse a máis representativa das acrópoles gregas. A acrópole era, literalmente, a cidade alta e estaba presente na maioría das cidades gregas, cunha dobre función: defensiva e como sede dos principais lugares de culto. A de Atenas está situada sobre unha cima, que se alza 156 metros sobre o nivel de mar. Tamén é coñecida como Cecropia en honor do lendario home-serpe, Cécrope, o primeiro rei ateniense.

A entrada á Acrópole realízase por unha gran porta chamada os Propileos. Ao seu lado dereito e frontal atópase o Templo de Atenea Nike. Unha grande estatua de bronce de Atenea realizada por Fidias, atopábase orixinariamente no centro. Á dereita de onde se erixía esta escultura atópase o Partenón ou Templo de Atenea Parthenos (a Virxe). Á esquerda e ao cabo da Acrópole está o Erecteion, coa súa célebre stoá ou tribuna sostida por seis cariátides. Tamén se atopan os restos dun teatro ao aire libre chamado Teatro de Dioni...Ler máis

A Acrópole de Atenas pode considerarse a máis representativa das acrópoles gregas. A acrópole era, literalmente, a cidade alta e estaba presente na maioría das cidades gregas, cunha dobre función: defensiva e como sede dos principais lugares de culto. A de Atenas está situada sobre unha cima, que se alza 156 metros sobre o nivel de mar. Tamén é coñecida como Cecropia en honor do lendario home-serpe, Cécrope, o primeiro rei ateniense.

A entrada á Acrópole realízase por unha gran porta chamada os Propileos. Ao seu lado dereito e frontal atópase o Templo de Atenea Nike. Unha grande estatua de bronce de Atenea realizada por Fidias, atopábase orixinariamente no centro. Á dereita de onde se erixía esta escultura atópase o Partenón ou Templo de Atenea Parthenos (a Virxe). Á esquerda e ao cabo da Acrópole está o Erecteion, coa súa célebre stoá ou tribuna sostida por seis cariátides. Tamén se atopan os restos dun teatro ao aire libre chamado Teatro de Dioniso, onde estrearon as súas comedias Sófocles, Aristófanes e Esquilo.

Historia
 
Cerco dos venecianos á Acrópole de Atenas en 1687.[1]

Unha gran parte dos edificios arquitectónicos de que consta a Acrópole edificáronse durante a época de Pericles (-499 - -429). A plataforma estaba rodeada por unha muralla construída polos pelasgos, que substituíu outra anterior máis primitiva; máis tarde construíuse un templo, o Hecatompedón, que foi destruído polo rei persa Xerxes I. Sobre estes edificio en ruínas Pericles ergueu o Partenón xunto co resto dos edificios repartidos por toda a montaña. Todos chegaron en bastante bo estado ata o século XVI, cando por mor da dominación otomá o Partenón se converteu en mesquita, o Erecteion en harén e os Propileos en polvoreira.

Durante o cerco de Atenas do ano 1687, os venecianos, baixo o mandato do xeneral Francesco Morosini, fixeron grandes estragos cos seus bombardeos, un impacto de morteiro destruíu en parte o Partenón, xa que os turcos o utilizaban como polvoreira, foi naquela ocasión cando se derrubou o teito do templo, repartíndose como botín parte dos tesouros artísticos da Acrópole. A principios do século XIX, lord Elgin trasladou restos das esculturas do Partenón ao Museo Británico de Londres. .[2]

Primeiras ocupacións
 
Detalle da Acrópole.

Existe evidencia arqueolóxica da ocupación e uso na civilización minoica, cando se erguía un palacio naquel lugar, hai aproximadamente 6000 anos. Naquela época, estaba rodeada por un groso muro (entre 4,5 e 6 metros) que constaba de paramentos construídos con grandes bloques de pedras cementados cun primixenio morteiro chamado emplekton. A entrada principal ollaba para o leste. Ao noroeste existía unha entrada, á que se chegaba mediante unha escaleira de aproximadamente quince chanzos escavados na rocha. .[3]

Esta entrada secundaria estaba situada próxima ao palacio real. Ao nordeste había un poxigo e unha escaleira que ía á fonte coñecida como Clepsidra. Aínda existe unha gran parte de muralla realizada con pedras diagonais mal recortadas no lado sur.[4]

O rei de Atenas, Erecteo, fillo de Pandión I, o cal foi divinizado e na honra do cal foi erixido o Erecteion dentro da Acrópole, foi o que introduciu o culto a Atenea e instituíu as festas Panateneas.

Período Micénico e Idade Escura

Tras a Idade Escura, a Acrópole deixou de ser unha residencia e converteuse no centro de culto de Atenas, centro de adoración para a cidade.

Trala invasión dórica do século -X, un novo edificio denominado Enneapylon ("nove portas") cubriu a fonte. Trazos de casas micénicas proban que a acrópole estaba permanentemente habitada durante esa época e que seguiu así durante os períodos escuros que precederon ao nacemento da pole ateniense no século -VIII Na devandita época, existía un pequeno templo dedicado a Atenea mencionado por Homero e un mégaron ou patio de audiencias e reunións. Non se sabe con certeza se se trataba de diversos edificios ou ben todos estaban agrupados nunha única construción.

Período Arcaico
 
Friso: Tifón de tres cabezas, pertencente a un frontón (-560 -.-550), Museo da Acrópole de Atenas.

A Acrópole fortificada serviu como cidadela para Pisístrato. No -510, cando foi defenestrado por unha revolución popular apoiada polos espartanos, demoléronse os muros. No mesmo lugar, os antigos habitantes de Atenas refuxiáronse durante as Guerras Médicas sobre o -480. Con dito propósito, as partes danadas da muralla foron substituídas por un refuxio de madeira, pero isto non detivo ás tropas invasoras do Rei persa Xerxes I na conquista da Acrópole e no saqueo e queima dos templos maiores. Os gregos baixo o mando do rei espartano Leónidas I e malia o número inferior de tropas aguantaron o avance das tropas persas de Xerxes durante tres días. A resistencia na batalla das Termópilas deu tempo a Atenas á fortificación da acrópole e a outras cidades-estado da Hélade a se prepararen para a batalla e vencer definitivamente aos persas na batalla de Salamina.

Ao regresar a Atenas, Cimón de Atenas e Temístocles ordenaron a reconstrución dos muros sur e norte. Aplanouse o terreo da cima e fixéronse as bases para levantar outro templo na parte máis alta do recinto; os seus cimentos atopáronse baixo o Partenón. A planta era un pouco máis estreita e alongada, como era habitual nos edificios dóricos arcaicos. No proxecto de Temístocles, o edificio tiña que ter cen pés de longo, polo que recibiu o nome de Hecatompedón, pero, parece que a construción se suspendeu e unha vez desterrado Cimón, foi o gran Pericles quen asumiu o proxecto.[5]

Período Clásico
 
Pericles, grande impulsor da construción da Acrópole de Atenas, segundo unha copia romana dun retrato grego do ano -429 (Altes Museum, Berlín).

A maioría dos grandes templos foron reconstruídos baixo o liderado de Pericles durante a Idade Dourada de Atenas (-460 - -430), que utilizaría o imposto dos membros da Liga de Delos para construír o Partenón e outros monumentos da Grecia clásica. Durante o século -V, a acrópole obtivo a súa forma final.

Fidias, un grande escultor ateniense, e Ictino e Calícrates, dous famosos arquitectos, foron os responsábeis da reconstrución do Partenón ao lado sur, sobre os cimentos do antigo edificio de Temístocles. A construción alongouse durante doce anos do -448 ao -436 [6]

En -437 Mnesicles comezou a construír os Propileos, as portas monumentais con columnas de mármore do Pentélico, parcialmente construídas sobre os antigos Propileos de Pisístrato. Estas columnatas foron practicamente finalizadas no ano -432 e tiñan dúas ás, servindo a norte como pinacoteca.[7]

Ao mesmo tempo que os Propileos, comezouse a construción do pequeno templo xónico de Atenea Nike. Tras unha interrupción debida á Guerra do Peloponeso (-431 - -404) contra Esparta, o templo foi concluído na época da paz de Nicias, entre -421 e -415

No mesmo período se comezou a construción do Erecteion, coa súa Tribuna das Cariátides, pórtico situado ao lado sur dedicado a Pándroso, filla de Cécrope I, atribuído a Calímaco, discípulo de Fidias. No pórtico, chamado Pandroseion, custodiábase o sepulcro de Cécrope I. É o máis grandioso templo xónico grego edificado en tempos de Pericles, entre o ano -421 e -406, para reconstruír o templo destruído polos persas nos anos -480 e -479, dedicado a Poseidón e Atenea, asociados a Erecteo -un dos primeiros reis de Atenas que introduciu o culto a Atenea e fundou as Panateneas e que, fulminado por Poseidón, foi enterrado no lugar da Acrópole onde se alza o Erecteion-.

O Erecteion é un templo hexástilo cuxa cella está dividida en tres partes destinadas a albergaren os obxectos de culto: un naos dedicado á imaxe de Atenea e a serpe da Acrópole; outro no que se gardaba a imaxe de Poseidón e talvez unha cisterna para o sal mariño deste deus e o terceiro no que se veneraba a Erecteo.

Entre o templo de Atenea Nike e o Partenón atopábase o santuario de Artemisa Brauronia, divindade representada como un oso e adorada en Braurón. No santuario se atopaban o arcaico xoanon da divindade e unha estatua realizada por Praxíteles no século -IV

Tras os propileos, dominaba o conxunto da Acrópole, a xigantesca estatua de bronce de Fidias de Atenea Promacos ("a que combate en primeira liña"), erixida entre o -450 e -448 A base era de 1,50 m de alta, mentres que a altura total da estatua era de 9 metros. A divindade tiña unha lanza na súa man e un escudo xigante no lado esquerdo, decorado por Mys con imaxes da loita entre os Centauros e Lápitas.[8]

Ademais o Eleusinion, situado na base da acrópole, acollía as reliquias sagradas dos Misterios eleusinos.[9]

Outros monumentos, desaparecidos hoxe, son a Calcoteca, Pandroseion, Santuario de Pandión, o altar de Atenea, o santuario de Zeus Polieo e, da época romana, o templo circular de Augusto e Roma.

Períodos posteriores
 
Vista do Odeón de Herodes Ático desde a Acrópole de Atenas.

Coa conquista do Imperio persa, Alexandre Magno, fillo do rei Filipo II de Macedonia, pasou a dominar toda a zona mediterránea. A liberdade de Grecia foi proclamada nos Xogos Ístmicos, pero en realidade o que se fixo foi un traspaso da hexemonía de Macedonia a Roma. O 22 de xuño do -168 librouse a batalla de Pidna, que puxo fin á monarquía macedónica.

Herodes Ático, cónsul romano, escribía ao seu amigo Cicerón falando sobre Atenas con grande entusiasmo. Moitos itálicos viaxaban a Atenas para visitaren a cidade, e os gobernantes, xunto cos emperadores, aumentaron os monumentos dentro e fóra da acrópole. Por exemplo, no ano 161 construíuse grazas a Herodes Ático, un odeón ao lado do teatro de Dioniso. Durante a invasión dos hérulos do ano 267, este teatro foi destruído e máis tarde a súa estrutura pasou a formar parte das murallas. Ao paso dos séculos, a súa parte inferior quedou agochada polo mato, cousa que fixo pensar a Niccolò de Martini que se trataba dunha ponte. No século XIX iniciáronse os escavacións e finalmente foi restaurado. Desde o ano 1957 realízanse normalmente representacións teatrais e festivais.[10]

No século VII, o Erecteion foi convertido en igrexa bizantina e transformouse o seu interior.

Posteriormente, coa dominación catalá, o Partenón pasa a ser igrexa católica co nome de Santa María de Cetines, Pedro o Ceremonioso mandou que fose custodiado por unha garda especial[11] e cualificouno da pus rica joia que al món sia.[12] O último arcebispo catalán que dixo misa no Partenón foi Antoni Ballester.[13] Fíxose servir tamén como polvoreira, durante o asedio de Atenas polos venecianos, no ano 1687, coa explosión dunha bomba, esborralláronse algunhas columnas das fachadas laterais, que foron as máis afectadas. A principios do século XIX arrincáronse unha gran cantidade de esculturas co consentimento do goberno otomán, as cales foron adquiridas polo embaixador inglés Lord Elgin e vendidas en 1816 ao Museo Británico.[14]

Durante o imperio otomán (1299-1923), os turcos ocuparon Grecia o ano 1453 coa conquista de Atenas, ata a independencia helénica en 1832.[15] Os Propileos explotaron nun incendio do 1640 cando tiñan a función de polvoreira para o goberno turco.[16]

Cando acabou a Guerra de independencia de Grecia, nomeouse en 1832, como novo rei ao príncipe Odón I, que entrou en contacto co arquitecto alemán Friedrich Schinkel para a construción dun novo palacio para o rei. O arquitecto desenvolveu un proxecto para construír un palacio e uns xardíns na Acrópole de Atenas, sobre as ruínas dos antigos templos. Por sorte, non se puido construír, xa que Schinkel sobreestimou a capacidade económica do novo reino.[17]

Archaeologia of the city of Athens Enciclopedia Universal Sopena (1967), Barcelona, Ramón Sopena. Devambez, Pierre (1972), p. 10. Pijoan, Historia del arte - 1 (1966), p. 171. Pijoan, Historia del arte - 1 (1966), p. 172. Pijoan, Historia del arte - 1 (1966), p. 174. Devambez, Pierre (1972), p. 11. Pijoan, Historia del arte - 1 (1966), pp. 174-175. Kerényi, Karl (2004), Eleusis: Imagen arquetípica de la madre y la hija, Madrid, Siruela, ISBN 84-7844-772-5 Kosma, Maria (2007), Ministerio de Cultura Helénico, acceso: 25-10-2008 "Artigo sobre o Partenón na Enciclopèdia Catalá en línia". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2009.  Coll i Alentorn, Miquel, Història - 1 (1992), Barcelona, Publicacións de l'Abadia de Montserrat, p. 205. Setton, Kenneth M., The Papacy and the Levant, 1204-1571 (1976), "The Catalans and Florentines in Athens", Darby (PA), Diane Publishing, pp. 463-464. Pijoan, Historia del arte - 1 (1966), p. 176. Maggi - Troso (2006), p. 46. Enciclopedia Salvat, volume 1 (1997), Barcelona, Salvat, ISBN 84-345-9708-X. Imaxes do proxecto do Novo Palacio da Acrópole de Atenas[Ligazón morta]
Photographies by:
Carole Raddato from FRANKFURT, Germany - CC BY-SA 2.0
Steve Swayne - CC BY 2.0
George E. Koronaios - CC BY-SA 4.0
Jebulon - CC0
Statistics: Position
89
Statistics: Rank
518568

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
986714235Click/tap this sequence: 8747

Google street view

Videos

Where can you sleep near Acrópole de Atenas ?

Booking.com
487.400 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 26 visits today.