Παρθενώνας

( Partenón )

O Partenón (en grego: Παρθενων) é a construción máis famosa da Grecia antiga que permaneceu até hoxe en día. A súa edificación foi unha homenaxe á deusa Atenea, patroa da cidade de Atenas.

É o máis admirado dos templos gregos e o maior de todo o mundo helénico. Construíuse na Acrópole de Atenas en substitución do que fora destruído no saqueo persa entre o 447 e 438 a.C., por Ictino e Calícrates. Á parte da escultura, executada por Fidias e mailos seus discípulos, levou máis de sete anos en concluír. O templo está feito de mármore do Pentélico, agás os alicerces, e realizouse en estilo dórico (aínda que o friso interior e máis algúns pequenos detalles sexan xónicos). O perístilo ten 17 columnas de cada lado e 8 nos extremos ( dúas máis do que se adoitaba naquel tempo). Na cella atopábase a famosa estatua de Athena Parthenos, de Fidias. As 92 métopas do friso exterior representan a loita dos Centauros cos Lapitas, a Xigantomaqu...Ler máis

O Partenón (en grego: Παρθενων) é a construción máis famosa da Grecia antiga que permaneceu até hoxe en día. A súa edificación foi unha homenaxe á deusa Atenea, patroa da cidade de Atenas.

É o máis admirado dos templos gregos e o maior de todo o mundo helénico. Construíuse na Acrópole de Atenas en substitución do que fora destruído no saqueo persa entre o 447 e 438 a.C., por Ictino e Calícrates. Á parte da escultura, executada por Fidias e mailos seus discípulos, levou máis de sete anos en concluír. O templo está feito de mármore do Pentélico, agás os alicerces, e realizouse en estilo dórico (aínda que o friso interior e máis algúns pequenos detalles sexan xónicos). O perístilo ten 17 columnas de cada lado e 8 nos extremos ( dúas máis do que se adoitaba naquel tempo). Na cella atopábase a famosa estatua de Athena Parthenos, de Fidias. As 92 métopas do friso exterior representan a loita dos Centauros cos Lapitas, a Xigantomaquia, a Amazonomaquia e outros combates; o pedimento do lado nacente, o nacemento de Atenea, e o do lado poñente, a loita entre a deusa e Poseidón pola pose da cidade; o friso exterior, a procesión das Panateneas, cos deuses a observala. O edificio, en que foron aplicados todos os requintes da éntase, mantívose case intacto até 1687, data en que unha explosión de pólvora gardada nel, durante a guerra entre turcos e venecianos, destruíu a cobertura. O pedimento e as métopas foron apropiados por Lord Elgin e vendidos ao Museo Británico, en 1816; outras foron para o Museo do Louvre, conservándose algunhas in loco.

Photographies by:
Steve Swayne - CC BY 2.0
Statistics: Position
1230
Statistics: Rank
176633

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
913624785Click/tap this sequence: 9369
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Partenón ?

Booking.com
9.002.597 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 3.001 visits today.