Universidade de Coimbra

( Universidade de Coímbra )

A Universidade de Coímbra (UC) é unha universidade pública de investigación en Coímbra, Portugal. Establecida por primeira vez en Lisboa en 1290, cambiou de sede varias veces até ficar definitivamente en Coímbra en 1537. Está entre as universidades máis antigas en funcionamento continuo do mundo, a máis antiga de Portugal, e tivo un papel influente no desenvolvemento da educación superior na Lusofonía. En 2013, a UNESCO declarou a universidade Patrimonio da Humanidade, sinalando a súa arquitectura, cultura e tradicións únicas e o seu papel histórico.

A universidade contemporánea está organizada en oito facultades, que outorgan títulos de licenciado, mestre (máster) e doutor. Dá nome ao Grupo Coimbra de universidades europeas fundado en 1985, do que foi membro fundador. Con máis de 20.000 estudantes matriculados, máis do 15% internacionais, é unha das universidades máis cosmopolitas de Portugal.

Entre os antigos alumnos de Coimbr...Ler máis

A Universidade de Coímbra (UC) é unha universidade pública de investigación en Coímbra, Portugal. Establecida por primeira vez en Lisboa en 1290, cambiou de sede varias veces até ficar definitivamente en Coímbra en 1537. Está entre as universidades máis antigas en funcionamento continuo do mundo, a máis antiga de Portugal, e tivo un papel influente no desenvolvemento da educación superior na Lusofonía. En 2013, a UNESCO declarou a universidade Patrimonio da Humanidade, sinalando a súa arquitectura, cultura e tradicións únicas e o seu papel histórico.

A universidade contemporánea está organizada en oito facultades, que outorgan títulos de licenciado, mestre (máster) e doutor. Dá nome ao Grupo Coimbra de universidades europeas fundado en 1985, do que foi membro fundador. Con máis de 20.000 estudantes matriculados, máis do 15% internacionais, é unha das universidades máis cosmopolitas de Portugal.

Entre os antigos alumnos de Coimbra ao longo dos séculos figuran o poeta nacional portugués Luís de Camões, o matemático Pedro Nunes, moitos estadistas, primeiros ministros e presidentes de Portugal e o premio Nobel António Egaz Moniz.

Historia Idade Media
 
O rei Dinís I de Portugal ratificou o Studium Generale en Portugal en 1290.
 
Estatua de Don Dinís, en Coimbra

A universidade foi fundada en 1290 polo rei D. Dinís, comezando a súa existencia en Lisboa co nome de Studium Generale (Estudo Geral).[1] Scientiae thesaurus mirabilis, a carta real que ratificaba a institución da universidade estaba datada o 1 de marzo dese ano. Tíñanse feito esforzos polo menos desde 1288 para crear esta primeira universidade en Portugal, a segunda máis antiga na Península Ibérica. A confirmación do Papa Nicolao IV tamén se deu en 1290 (o 9 de agosto); de acordo coa Bula poderían establecerse todas as Facultades "lícitas", agás a de Teoloxía. As Facultades de Letras, Dereito, Dereito Canónico e Medicina foron as primeiras en crearse. Porén, non permaneceu moito tempo en Lisboa. En 1308, probabelmente por problemas de emancipación da Igrexa (as relacións entre esta e o poder político eran algo tensas na época) e conflitos entre os habitantes da cidade e os estudantes, a universidade trasladouse a Coímbra. Esta vila xa contaba con tradición na educación, sendo sede do colexio do Mosteiro de Santa Cruz. A universidade estableceuse entón no lugar coñecido como "Estudos Velhos", que corresponde grosso modo á zona onde hoxe se atopa a Biblioteca Principal.

En 1338, durante o reinado de Afonso IV, foi trasladada de novo a Lisboa, de onde volveu en 1354, esta vez ao centro da cidade, daquela en expansión. En 1377, durante o reinado do rei Fernando, foi trasladada de novo a Lisboa, onde permaneceu durante un século e medio. A autorización para unha Facultade de Teoloxía probabelmente data deste período, arredor de 1380.

Sede definitiva. Idade Moderna e Contemporánea

En 1537, durante o reinado de Xoán III, a universidade trasladouse definitivamente a Coímbra, onde se instalou no Palacio de Alcaçova, despois adquirido á Familia Real en 1597.[2]

A institución universitaria, incluíndo todos os libros da súa biblioteca, trasladouse de Lisboa a Coímbra. Aos profesores non se lles garantiu un posto no novo local e moitos non se desprazaron; de feito, a maior parte do novo profesorado estivo anteriormente na Universidade de Salamanca. Na súa maior parte, o currículo mantívose.[3] Ao mesmo tempo, creáronse colexios universitarios (suprimidos no s. XIX[4]), acometeuse unha reestruturación dos currículos e admitíronse novos profesores, portugueses e estranxeiros.

 
O rei Xoán III de Portugal fixo de Coimbra a sede definitiva da universidade.

No século XVIII, o marqués de Pombal, ministro do reino, realizou reformas na universidade, sobre todo no que respecta ao ensino das ciencias, de acordo co seu credo ilustrado e anticlerical. Durante moitas décadas foi a única universidade de Portugal, desde a súa fundación en 1290 até 1559 (unha universidade en Évora funcionou entre 1559 e 1759), e de novo entre 1759 e 1911 (en 1911 creáronse a Universidade de Lisboa e a Universidade de Porto).

Século XX e XXI

A longa historia e o predominio pasado da Universidade de Coimbra fixeron dela un importante foco de influencia en Portugal, non só educativa, senón tamén política e social. Os primeiros pasos cara a certa converxencia dos sistemas europeos de educación superior déronse coa sinatura da declaración da Sorbona polos ministros encargados da educación superior de Francia, Italia, Reino Unido e Alemaña, en 1998, e posteriormente, en 1999, coa sinatura da declaración de Boloña. O proceso de Boloña, destinado a crear un Espazo Europeo de Educación Superior mediante a implementación dunha estrutura de títulos comparables, estándares comúns de garantía de calidade e promovendo a mobilidade de estudantes e profesores, supuxo unha revolución no ensino europeo. A globalización, o cambio tecnolóxico e o aumento da competencia internacional pola man de obra altamente cualificada destacaron a importancia de facer que as institucións europeas de educación superior sexan atractivas en todo o mundo. O proceso recibiu críticas referentes á idea de que as reformas pretenden unha progresiva política de mercantilización do mundo universitario[5]. A Universidade de Coímbra decidiu aprazar a adopción do novo modelo do Proceso de Boloña de 2006 a 2007/2008 (con excepcións autorizadas para algúns programas nos que se acadara un consenso nacional para o cambio entre as institucións) transición mantendo os máis altos estándares de calidade e integridade académica. Só no curso 2008/2009 toda a universidade adoptou plenamente os novos programas dentro das súas 8 facultades.

"University of Coimbra". Top Universities (en inglés). Consultado o 2022-08-04.  "University of Coimbra - Visitors and Travel Agents - greathall". www.uc.pt. Consultado o 2022-08-04.  Devine, Mary Elizabeth; Summerfield, Carol (2013-12-02). International Dictionary of University Histories (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-134-26217-5.  O'Hara, Robert James (1959-). "The Lost Colleges of the University of Coimbra". collegiateway.org (en inglés). Consultado o 2022-08-05.  "Golpe de Estado en la Academia" artigo en Público
Photographies by:
Trishhhh - CC BY 2.0
Statistics: Position
1934
Statistics: Rank
65344

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
534986127Click/tap this sequence: 1788

Google street view

Where can you sleep near Universidade de Coímbra ?

Booking.com
487.383 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 9 visits today.