Convento de Cristo

O Convento de Cristo en Tomar, (Portugal), perteneceu á Orde do Temple e é un dos principais monumentos da arquitectura portuguesa. Fundado en 1162 polo Gran Mestre do Temple en Portugal, Gualdim Pais, o Convento de Cristo aínda conserva recordos deses monxes cabaleiros e dos seus herdeiros no cargo, a Orde de Cristo, que fixeron deste edificio a súa sede. Baixo o infante Henrique o Navegante, mestre da orde dende 1418, foron construídos os claustros entre a deambulatorio e a fortaleza dos Templarios, pero as maiores modificacións executáronse no reinado de Xoán III de Portugal (1529-1557). Arquitectos como João de Castilho e Diogo de Arruda procuraran expresar o poder da Orde construíndo a igrexa que acadou o seu máximo esplendor na portada principal asinada por João de Castilho e as dúas fiestras da fachada occidental, a inferior de Arruda e a superior de Castilho, e os claustros , dous deles góticos e seis en estilo renacentista de deseño de João de Castilho.

Trátas...Ler máis

Trátase dunha construción periurbana, que se atopa no acumio dun outeiro que domina a chaira onde se estende a cidade. Está arrodeado polas murallas do castelo de Tomar. Ámbolos elementos foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 30 de xuño de 1983.

Hoxe en día é un espazo cultural, turístico e de devoción. A arquitectura contén elementos románicos, góticos, manuelinos, renacentistas, manieristas e barrocos.

Photographies by:
Statistics: Position
1082
Statistics: Rank
105092

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
425876931Click/tap this sequence: 6199
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Convento de Cristo ?

Booking.com
491.566 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 37 visits today.