Aveiro é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Aveiro, na rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, situada a cerca de 58 km ao Norte de Coimbra. A cidade sitúase na desembocadura do río Vouga, que formará pouco despois a ría de Aveiro.

É sede dun concello con 199,58 km² de área, subdividido en 10 freguesías e conta con 78 450 habitantes segundo o censo de 2011; dos cales 37 120 son homes e 41 330 son mulleres. O municipio limita polo norte co concello de Murtosa, ao nordeste co de Albergaria-a-Velha, ao leste con Águeda, ao sur con Oliveira do Bairro, ao sueste con Vagos e con Ílhavo, e cunha faixa relativamente estreita de litoral no Océano Atlántico, polo Oeste.

É un municipio territorialmente descontinuo, visto que comprende algunhas illas na Ría de Aveiro, e unha porción da península costeira con case 25 km de extensión que pecha a ría polo Occidente.

Photographies by:
Gabriel González from Pontevedra, España - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
2658
Statistics: Rank
124751

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
974213685Click/tap this sequence: 5161
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Aveiro ?

Booking.com
9.001.929 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 2.074 visits today.