Coimbra

( Coímbra )

Coímbra (en portugués Coimbra) é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coímbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.

É sede dun municipio con 316,83 km² de área e 148 474 habitantes (2001), subdividido en 31 freguesías. O municipio é limitado a norte polo municipio de Mealhada, a leste por Penacova, Vila Nova de Poiares e Miranda do Corvo, a sur por Condeixa-a-Nova, a oeste por Montemor-o-Velho e a noroeste por Cantanhede.

Historia

Cidade de rúas estreitas, patios, escadiñas e arcos medievais, Coímbra foi berce de seis reis de Portugal e da Dinastía de Borgoña, así como da primeira Universidade portuguesa, unha das máis antigas da Europa.

Os romanos chamaron á cidade, que se erguía no outeiro sobre o río Mondego, Aeminium. Máis tarde, co aumento da súa importancia pasou a ser sede de Diocese, substituíndo a cidade romana de Conímbriga, de onde derivou o seu novo nome. Durante o dominio mouro, Coímbra tórnase nun importante posto comercial entre o norte cristián e o sur árabe, cunha forte comunidade mozárabe. En 1064 a cidade é definitivamente reconquistada por Fernando Magno de León.

Coímbra renace e tórnase a cidade máis importante por baixo do río Douro, capital dun vasto condado gobernado polo mozárabe Sesnando. Co Condado portucalense, o conde D. Henrique e a raíña D. Teresa fan dela a súa residencia, e foi alí onde nace o primeiro rei de Portugal, D. Afonso Henriques, que fai dela a capital do condado, substituíndo Guimarães (ademais esta mudanza da capital para os campos do Mondego virase a revelar vital para facer viábel a independencia do novo país, a todos os niveis: económico, político e social). Capitalidade que Coímbra conservará ata 1255, cando a capital pasa a ser Lisboa.

No século XII, Coímbra presentaba xa unha estrutura urbana, dividida entre a cidade alta, designada por Alta ou Almedina, onde vivían os aristócratas, os cregos e, máis tarde, os estudantes, e a Baixa, do comercio, do artesanado e dos barrios ribeiráns.

Desde mediados do século XVI, a historia da cidade pasa a xirar en torno á historia da Universidade de Coímbra, sendo no século XIX cando a cidade se comeza a se expandir alén do seu casco amurallado, que chega mesmo a desaparecer coa reformas levadas a cabo polo Marqués de Pombal.

A primeira metade do século XIX trae tempos difíciles para Coímbra, coa ocupación da cidade polas tropas de Junot e Masséna, durante a invasión francesa e, posteriormente, a extinción das ordes relixiosas. Porén, na segunda metade do século XIX, a cidade viría a recuperar o esplendor perdido – en 1856 xorde o primeiro telégrafo eléctrico na cidade e a iluminación a gas, en 1864 é inaugurado o ferrocarril e 11 anos despois nace a ponte férrea sobre as augas do río Mondego.

Photographies by:
Alexvives04 - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
4730
Statistics: Rank
78617

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
176389425Click/tap this sequence: 5439
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Coímbra ?

Booking.com

What can you do near Coímbra ?

8.713.734 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 3.715 visits today.