One World Trade Center

O One World Trade Center (tamén coñecido como 1 World Trade Center, One WTC e 1 WTC; o edificio actual foi bautizado a "Torre da Liberdade" durante a planificación inicial) é o principal edificio do novo complexo "World Trade Center" (en galego: Centro do Comercio Mundial) no Baixo Manhattan, Cidade de Nova York. É o rañaceos máis alto do Hemisferio Occidental, e o quinto máis alto do mundo. A megaestrutura de 104 pisos comparte o nome numérico coa Torre Norte do World Trade Center orixinal, o cal foi destruído nos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001. O novo rañaceos sitúase no recanto noroeste da parcela de 6,5 ha (16 acres) do World Trade Center, no sitio do orixinal 6 World Trade Center. O edificio limita con West Street polo oeste, Vesey Street ao norte, Fulton Street ao sur, e Washington Street ao leste.

A construción da relocalización das utilidades subterráneas, zapatas, e os cimentos para o edificio novo empezaron o 27 de a...Ler máis

O One World Trade Center (tamén coñecido como 1 World Trade Center, One WTC e 1 WTC; o edificio actual foi bautizado a "Torre da Liberdade" durante a planificación inicial) é o principal edificio do novo complexo "World Trade Center" (en galego: Centro do Comercio Mundial) no Baixo Manhattan, Cidade de Nova York. É o rañaceos máis alto do Hemisferio Occidental, e o quinto máis alto do mundo. A megaestrutura de 104 pisos comparte o nome numérico coa Torre Norte do World Trade Center orixinal, o cal foi destruído nos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001. O novo rañaceos sitúase no recanto noroeste da parcela de 6,5 ha (16 acres) do World Trade Center, no sitio do orixinal 6 World Trade Center. O edificio limita con West Street polo oeste, Vesey Street ao norte, Fulton Street ao sur, e Washington Street ao leste.

A construción da relocalización das utilidades subterráneas, zapatas, e os cimentos para o edificio novo empezaron o 27 de abril do 2006. O One World Trade Center converteuse na estrutura máis alta da Cidade de Nova York o 30 de abril do 2012, cando superou a altura do Empire State Building. A estrutura de aceiro da torre foi coroada o 30 de agosto do 2012. O 10 de maio do 2013, o compoñente final da antena do rañaceos foi instalado, facendo que o edificio, incluíndo a súa antena, lograse unha altura total de 1,776 pés (541 m). A súa altura en pés é unha referencia deliberada ao ano cando a Declaración dos Estados Unidos de Independencia foi asinada. O edifico abriu as súas portas o 3 de novembro do 2014.

O 30 de marzo do 2009, a Autoridade do Porto de Nova York e Nova Jersey confirmou que o edificio sería coñecido legalmente como "One World Trade Center", non "Torre da Liberdade", como se lle denominou coloquialmente. O edificio ascende 104 plantas estándar, pero só consta de 94 plantas reais.

O novo complexo World Trade Center finalmente incluirá cinco rañaceos de oficinas ao longo da Rúa Greenwich, así como o Museo e Monumento conmemorativo Nacional do 11 de setembro, localizado xusto ao sur do One World Trade Center, onde se encontraban as Torres xemelgas orixinais. A construción do edificio novo é parte dun esforzo para homenaxear e reconstruír ao World Trade Center orixinal despois da súa destrución.

Photographies by:
Michael Vadon - CC BY 2.0
Statistics: Position
5991
Statistics: Rank
56155

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
512784396Click/tap this sequence: 9478
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Videos

Where can you sleep near One World Trade Center ?

Booking.com

What can you do near One World Trade Center ?

8.777.267 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 2.622 visits today.