New York City

( Nova York )

Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas.

Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndo nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela unha cidade altamente cosmopolita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo. ...Ler máis

Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas.

Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndo nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela unha cidade altamente cosmopolita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.

As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como o seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").

Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfróntase a enormes problemas de cuño socioeconómico. Preto dun millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e ducias de millares de familias viven en guetos espallados pola cidade. Moitas persoas, os "sen teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldes ou outras rexións do país.

Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos, senón do mundo, atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.

Historia
Artigo principal: Historia urbana de Nova York.

As primeiras referencias europeas datan de 1524, de Giovanni da Verrazzano. A rexión estaba habitada por indíxenas da tribo dos lenape. O explorador italiano, ao servizo da coroa francesa, bautizouna como Nouvelle Angoulême (Nova Angulema).[1] Os primeiros europeos en asentarse no actual territorio neoiorquino foron os neerlandeses no 1614, que fundaron a cidade de Nova Amsterdam no 1625, e en 1626, o director da colonia, Peter Minuit, mercoulle a illa de Manhattan aos lenape [2] , e o lugar especializaríase no comercio das peles.

En 1664, os ingleses conquistaron a cidade e denominárona co nome de Nova York, na honra do Duque de York e Albany.[3] Ao final da segunda guerra anglo-holandesa, os neerlandeses quedaron co control da illa de Run, en Indonesia, a cambio de que os ingleses controlasen Nova Amsterdam. A comezos do século XVIII, a poboación lenape fora reducida a 200 habitantes.[4]

A cidade de Nova York gañou importancia como porto comercial baixo o Imperio británico. En 1754 fundouse a primeira casa de estudos da cidade, a Universidade de Columbia.[5]

Independencia estadounidense

Durante a guerra de independencia dos Estados Unidos, a cidade foi escenario dunha serie de importantes batallas coñecidas como «A campaña de Nova York e Nova Jersey». Finalizada a contenda, en Nova York reuniuse o Congreso Continental, e en 1789, o primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington, foi anunciado no Federal Hall de Wall Street.[6] Nova York foi a capital dos Estados Unidos até o ano seguinte.

Século XIX

No século XIX, a inmigración e o desenvolvemento transformou a cidade. Unha visionaria proposta de futuro, o Commissioners' Plan of 1811, estendeu a grella urbana por toda a illa de Manhattan, e a apertura en 1819 da Canle de Eire conectou o porto atlántico cos vastos mercados agrícolas do interior de Norteamérica.[7] Por volta de 1835, a cidade de Nova York superaba Filadelfia como a cidade maior dos Estados Unidos. A política local estaba baixo o dominio do Tammany Hall, un sistema de clientelismo político apoiado polos inmigrantes irlandeses.[8] Algúns membros da antiga aristocracia mercante contribuíron ao estabelecemento do Central Park, o cal se converteu no primeiro parque paisaxístico dunha cidade estadounidense en 1857. Por outra banda, un importante movemento abolicionista existiu en Manhattan e Brooklyn, e aínda que os escravos existiron en Nova York na década de 1820, para a década seguinte, Nova York converterase no centro de activismo abolicionista do Norte.

 
Mulberry Street, en Manhattan, ca. 1900.

Entre o 13 e 16 de xullo de 1863, a oposición ao servizo militar durante a guerra civil estadounidense (1861-1865) provocou unha serie de manifestacións violentas coñecidas como Draft Riots ou Draft Week; ditos eventos son considerados como un dos peores levantamentos civís da historia estadounidense.[9] En 1898, formouse a moderna cidade de Nova York coa anexión a Manhattan de Brooklyn (até aquela unha cidade independente) e municipalidades doutros distritos grazas a proxectos como a Ponte de Brooklyn.[10] A apertura do metro en 1904 axudou a unir a cidade. Na primeira metade do século XX, a cidade converteuse nun centro mundial para a industria, o comercio e as comunicacións.

Século XX

Nos anos vinte do século XX, a cidade era un destino principal para os afroamericanos durante a chamada «Gran migración» desde o sur estadounidense. En 1916, Nova York era o fogar da maior diáspora urbana africana en América do Norte. O renacemento de Harlem floreceu durante a era da prohibición, coincidindo cunha explosión económica que impulsou a construción de rañaceos. Nova York converteuse na cidade máis poboada do mundo en 1948, superando Londres, que ocupara o primeiro posto durante máis dun século. Durante os anos da Gran Depresión, Fiorello LaGuardia foi elixido como alcalde e propiciouse a caída do Tammany Hall logo de oitenta anos de poder.[11]

 
Vista área de Manhattan (1942)

A inmigración europea e o regreso dos veteranos da segunda guerra mundial motivaron o desenvolvemento económico e impulsaron a construción de vivendas ao leste de Queens. Nova York saíu da guerra como a principal cidade do mundo, con Wall Street liderando o ascenso dos Estados Unidos como a potencia económica dominante. O Cuartel Xeral das Nacións Unidas (construído en 1952) salientou a influencia política de Nova York e o ascenso do expresionismo abstracto na cidade desbancando a París do cumio no mundo da arte.[12] Na década de 1960 a cidade sufriu problemas económicos, aumento da taxa de crimes e racismo, que alcanzaron o seu pico na década seguinte.

Na década de 1980, un rexurdimento da industria financeira mellorou a saúde fiscal da cidade. Nos noventa, as tensións raciais calmáronse, os índices criminais caeron drasticamente e moitos inmigrantes chegaron dende Asia e América Latina. Novos sectores, como Silicon Alley (negocios de Internet), apareceron na economía da cidade, e a poboación de neoiorquinos acadou o seu máximo de todos os tempos no censo do 2000.

Século XXI

A cidade foi un dos obxectivos dos atentados do 11 de setembro de 2001, nos que case 3.000 persoas morreron nos ataques suicidas que se levaron a cabo cando 19 membros da rede terrorista Al-Qaeda secuestraron catro avións de pasaxeiros, dos cales dous, o Voo 11 de American Airlines e o Voo 175 de United Airlines foron estrelados contra as torres xemelgas do World Trade Center.

A One World Trade Center foi construída no mesmo sitio no que se atopaban as torres xemelgas,[13] converténdose no edificio máis alto do hemisferio occidental.

Rankin, Rebecca B., Cleveland Rodgers (1948). Harper, ed. New York: the World's Capital City, Its Development and Contributions to Progress.  Miller, Christopher L., George R. Hamell (Septiembre de 1986). "A New Perspective on Indian-White Contact: Cultural Symbols and Colonial Trade". The Journal of American History 73 (2). Consultado o 21-3-2007.  Homberger, Eric (2005). Owl Libros, ed. The Historical Atlas of New York City: A Visual Celebration of 400 Years of New York City's History. pp. p. 34. ISBN 0805078428.  ""Gotham Center for New York City History" Liña de tempo 1700-1800" (en inglés). Consultado o 19-2-2008.  Moore, Nathaniel Fish (1876). Columbia College, ed. An Historical Sketch of Columbia College, in the City of New York, 1754-1876. pp. p. 8.  "The People's Vote: President George Washington's First Inaugural Speech (1789)" Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine. U.S. News and World Report, 28-5-2007 Bridges, William (1811). Map Of The City Of New York And Island Of Manhattan With Explanatory Remarks And References. ; Lankevich (1998), pp. 67–68. Mushkat, Jerome Mushkat (1990). Kent State University Press, ed. Fernando Wood: A Political Biography. pp. 36. ISBN 087338413X.  Cook, Adrian (1974). The Armies of the Streets: The New York City Draft Riots of 1863. pp. pp. 193–195.  The 100 Year Anniversary of the Consolidation of the 5 Boroughs into New York City, New York City. Consultado o 29 de xuño de 2007. Allen, Oliver E. (1993). "Chapter 9: The Decline". En Addison-Wesley Publishing Company. The Tiger – The Rise and Fall of Tammany Hall.  Burns, Ric (22-8-2003). PBS, ed. "The Center of the World - New York: A Documentary Film (Transcript)". Consultado o 20-7-2006.  Silverstein Properties (ed.). "Rebuilding the WTC". Consultado o 11-10-2007. 
Photographies by:
Statistics: Position
1254
Statistics: Rank
94953

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
947236581Click/tap this sequence: 5489

Google street view

Where can you sleep near Nova York ?

Booking.com
489.984 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 33 visits today.