Brooklyn Bridge

( Ponte de Brooklyn )

A Ponte de Brooklyn (oficialmente, en inglés, New York and Brooklyn Bridge, "Ponte de Nova York e do Brooklyn") é unha ponte na cidade de Nova York, unha das máis antigas pontes pénsiles nos Estados Unidos, cunha lonxitude de 1.834 metros, e sitúase sobre o río East, ligando os distritos (boroughs) de Manhattan e Brooklyn.

Cando foi finalizada era a maior ponte colgante ou de suspensión do mundo, e a primeira na que se empregaron cabos. Foi a primeira ponte de aceiro suspensa do mundo e súas inmensas torres de soporte convertéronse nas estruturas máis altas de toda a cidade de Nova York.

Historia

A construción comezou en 1869. A ponte de Brooklyn ficou completa catorce anos despois, e foi aberta para os cidadáns o 24 de maio de 1883. O primeiro día, un total de 1.800 vehículos e 150.300 persoas a atravesaron. A construción da ponte custou 188 millóns de dólares e aproximadamente 27 persoas morreron durante os traballos.

 
Impresión da Currier and Ives (1083).

Cando foi concluída, era a maior ponte por suspensión do mundo - 50% maior que a construción anterior - e converteuse nunha gran ponte de referencia turística. Adicionalmente, durante varios anos as torres foron as maiores esculturas dos Estados Unidos.

A ponte foi deseñada polo arquitecto John Augustus Roebling en Trenton, Nova Jersey. Roebling e súa empresa construíran pequenas pontes suspensas, como a John A. Roebling Suspension Bridge en Cincinnati, Ohio e a Waco Suspension Bridge en Waca, Texas, estas serviran coma prototipos de enxeñaría para o deseño final.

Cando a construción comezou, o pé de Roebling sufriu unha seria lesión nun accidente, e nunhas poucas semanas morreu de tétano. Cando a ponte foi aberta, a esposa de seu fillo Washington, Emily Warren Roebling, foi a primeira persoa en atravesar; Washington non conseguiu saír da súa casa, por mor á depresión que sufría naquel momento, e asistiu a construción a través dun telescopio.

Na época na que a ponte foi construída, o sistema aerodinámico da ponte non estaba ben estudado e desenvolvido. Roebling deseñou unha ponte que foi seis veces máis forte e resistente.

Atentados terroristas

O primeiro de marzo de 1994 o libanés Rasid Bazil abriu fogo nun coche cargado de xudeus ortodoxos, membros da Lubavitch. Baz foi acusado de asasinato e sentenciado a 141 anos na cadea. Nun principio a acción non foi clasificada como un atentado terrorista, pero máis tarde, o FBI clasificouna como tal. A pista de acceso á ponte no lado de Manhattan foi chamada de Ari Halberstam Memorial Ramp, en honra á vítima.

En 2003, un home chamado Iyman Faris foi condenado a vinte anos no cárcere por fornecer información a Al-Qaida, despois de se descubrir unha trama para facer caer a ponte de Brooklyn cortando os seus cabos metálicos con sopretes.

Photographies by:
Suiseiseki - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
1169
Statistics: Rank
181738

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
182456379Click/tap this sequence: 7699
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Ponte de Brooklyn ?

Booking.com

What can you do near Ponte de Brooklyn ?

8.722.386 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 8.524 visits today.