Empire State Building

O Empire State Building é un rañaceos de 102 plantas dedicado a oficinas situado na Quinta Avenida entre a intersección das rúas 33 e 34 de Manhattan no oeste da cidade de Nova York, en Estados Unidos. A súa altura é de 381 metros, pero acada 443 metros contando coa antena. O nome do edificio deriva do alcume que ten o Estado de Nova York: "Empire State" ("Estado do Imperio"). Foi o edificio máis alto do mundo durante máis de corenta anos, desde a súa finalización en 1931 ata 1972, ano en que se completou a construción da torre norte do World Trade Center. Esta altura causou certos contratempos, como o sucedido o 28 de xullo de 1945, cando un bombardeiro B-25 Mitchell pilotado entre a néboa bateu co edificio entre os andares 79 e 80, causando 14 mortes. Tras a destrución do World Trade Center o 11 de setembro de 2001, o Empire State Building converteuse novamente no edificio máis alto da cidade de Nova York e do estado de Nova York, ata que foi ...Ler máis

O Empire State Building é un rañaceos de 102 plantas dedicado a oficinas situado na Quinta Avenida entre a intersección das rúas 33 e 34 de Manhattan no oeste da cidade de Nova York, en Estados Unidos. A súa altura é de 381 metros, pero acada 443 metros contando coa antena. O nome do edificio deriva do alcume que ten o Estado de Nova York: "Empire State" ("Estado do Imperio"). Foi o edificio máis alto do mundo durante máis de corenta anos, desde a súa finalización en 1931 ata 1972, ano en que se completou a construción da torre norte do World Trade Center. Esta altura causou certos contratempos, como o sucedido o 28 de xullo de 1945, cando un bombardeiro B-25 Mitchell pilotado entre a néboa bateu co edificio entre os andares 79 e 80, causando 14 mortes. Tras a destrución do World Trade Center o 11 de setembro de 2001, o Empire State Building converteuse novamente no edificio máis alto da cidade de Nova York e do estado de Nova York, ata que foi outra vez superado polo One World Trade Center o 30 de abril de 2012, quedando o Empire State outra vez en segundo lugar.

O Empire State Building foi nomeado pola Sociedade Estadounidense de Enxeñeiros Civís como unha das Sete Marabillas do mundo moderno. O edificio e o seu interior son designados monumentos da Comisión para a Preservación de Monumentos Históricos de Nova York, e confirmado pola Xunta de Estimación da Cidade de Nova York. Foi designado como un monumento Histórico Nacional en 1986. En 2007, ocupou o número un na lista das edificacións favoritas estadounidenses e hoxe día tamén. Actualmente é propiedade e está xestionado pola empresa inmobiliaria W & H Properties, e está considerado un dos maiores atractivos turísticos do mundo, ademais de ser designado Monumento Histórico Nacional.

Historia

O lugar que ocupa hoxe en día o Empire State Building foi ocupado por primeira vez a finais de século XVIII pola granxa de John Thomson.[1] Nese momento, unha corrente de auga fluía a través do sitio, desaugando na lagoa de Sunfish Pond, localizada a unha cuadra de distancia. A finais do século XIX o lugar foi ocupado polo Hotel Waldorf-Astoria,[2], e foi frecuentado por "Os Catrocentos", a elite social de Nova York.

Deseño e construción

O Empire State Building foi deseñado baseado no deseño art déco do arquitecto William F. Lamb, socio da empresa de arquitectura Shreve, Lamb e Harmon, quen realizou os debuxos do edificio en tan só dúas semanas, utilizando como base anteriores deseños, como os do Edificio Reynolds en Winston-Salem, Carolina do Norte e os ad Torre Carew de Cincinnati, Ohio,[3] deseñada esta polo arquitecto Walter W. Ahlschlager. Os principais construtores foron os Irmáns Starrett e Eken, e o proxecto foi financiado principalmente polos empresarios John Jacob Raskob e Pierre Samuel du Pont, ligados coa empresa química DuPont e coa General Motors. A empresa de construción foi presidida por Alfred E. Smith, un ex gobernador de Nova York. A escavación do sitio iniciouse o 22 de xaneiro de 1930, e a construción do propio edificio comezou simbolicamente o 17 de marzo (día de San Patricio). A construción era parte dunha competición en Nova York polo título do edificio máis alto do mundo. No proxecto participaron 3 400 traballadores, na súa maioría inmigrantes procedentes de Europa, xunto con centos de traballadores de mohawk especialistas no traballo co ferro, moitos deles procedian da reserva de Kahnawake, preto de Montreal. Segundo as contas oficiais, cinco traballadores morreron durante a construción, aínda que medios como o New York Daily News elevaban esa cifra ata os 14 mortos[4].

O edificio foi inaugurado oficialmente o 1 de maio de 1931 de forma especial, os netos do gobernador Smith cortaron a cinta e o presidente dos Estados Unidos do momento (Herbert Hoover), premendo un botón dende Washington fixo que se acendesen tódalas luces do edificio en Nova York.

Apertura

A apertura do edificio coincidiu coa Gran Depresión nos Estados Unidos, e como resultado gran parte do seu espazo de oficinas non foi ocupado. No seu primeiro ano de funcionamento, a plataforma de observación custou aproximadamente dous millóns de dólares, tanto diñeiro como os seus propietarios recibiron polo alugamento dese ano. A falta de inquilinos levou á xente de Nova York a burlarse da construción chamándoa o "Baleiro State" (Empty State Building).[5][6] O edificio non foi rendible ata 1950. A famosa venda de 1951 do Empire State a Roger L. Stevens e os seus socios de negocios foi promovida pola destacada empresa inmobiliaria de Manhattan Charles F. Noyes & Company, por unha cifra récord de 51 millóns de dólares.[7] No momento, ese foi o prezo máis alto xamais pagado por unha estrutura única en bens inmobles da historia.

Terminal de dirixibles

O distintivo do edificio foi orixinalmente deseñado para ser un mastro de amarre e estacionamento de dirixibles.[8] O piso número 102 foi deseñado orixinalmente como plataforma de aterraxe para dirixibles. Un ascensor específico, entre os pisos 86 e 102, estaba destinado para o transporte dos pasaxeiros. Con todo, a idea resultou ser pouco práctica e perigosa despois duns intentos con aeronaves, debido aos poderosos movementos causados polo tamaño da construción en si. Unha gran torre de emisión engadiuse á parte superior da agulla en 1953.[9][8]

Choque aéreo de 1945
 
Vista do B-25 incrustado no lado do edificio, 1945
Artigo principal: Choque do B-25 contra o Empire State Building.

Ás 9:40 do sábado 28 de xullo de 1945, un bombardeiro B-25 Mitchell, pilotado entre a néboa espesa polo Tenente Coronel William F. Smith Jr., estrelouse no lado norte do Empire State Building, entre os pisos 79 e 80.[10] Un dos motores do avión atravesou o edificio ata saír ao lado oposto do impacto e caeu sobre o tellado dun edificio no seguinte bloque, causando un incendio que destruíu un ático. O outro motor e parte do tren de aterraxe caeron polo oco dun ascensor. O lume causado foi extinguido en 40 minutos. Catorce persoas morreron no incidente.[11][12] A ascensorista Betty Lou Oliver sobreviviu a unha caída de 75 pisos dentro dun ascensor, este feito segue vixente como o Récord Guinness de quen sobreviviu á caída máis grande dentro dun ascensor.[13] A pesar dos danos e a perda de vidas, o edificio foi aberto para moitos dos pisos de oficinas o martes seguinte.

Suicidios

Ao longo dos anos, máis de trinta persoas suicidáronse desde a parte superior do edificio.[14] O primeiro suicidio produciuse mesmo antes da súa finalización, por un traballador que fora despedido. O valo ao redor da terraza do observatorio foi finalizado en 1947, despois de que cinco persoas trataran de saltar nun período de tres semanas.[15] Un dos suicidios máis famosos foi o da moza Evelyn McHale cuxa foto foi utilizada por Andy Warhol na súa obra Suicide (Fallen body) de 1962.[16] En 1979, Elvita Adams saltou desde o piso 86, pero unha forte corrente de aire levouna de novo ao interior do edificio no piso 85, sobrevivindo só cunha fractura de cadeira. O edificio foi tamén escenario de suicidios en 2004 e 2006.

Esbnyc.com (ed.). "Empire State Building : Official Internet Site". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2014. Consultado o 1 de outubro do 2017 v.  "History of The Empire State Building" (en inglés). Consultado o 1 de outubro do 2017.  Carew Tower - Cincinnati, Ohio Langmead(2009), Donald. Icons of American Architecture: From the Alamo to the World Trade Center [Iconos da arquitectura americana: do Álamo o Word Trade Center] (en inglés). p. 71-92. Consultado o 6 de setembro do 2020.  "NYT Travel: Empire State Building" (en inglés). NY Times.  "A Renters' Market in London" (en inglés). Time. 18 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2010. Consultado o 03 de abril de 2018.  "New York: A Documentary Film" (en inglés). PBS. [Ligazón morta] ↑ 8,0 8,1 Shanor, Rebecca Read (1995). "Unbuilt projects". En Kenneth T. Jackson. The Encyclopedia of New York City (en inglés). New Haven, CT & London & New York: Yale University Press & The New-York Historical Society. pp. 1208–1209.  Goldman, Jonathan (1980). The Empire State Building Book (en inglés). Nueva York: St. Martin's Press. p. 44.  "750th Squadron 457th Bombardment Group: Officers - 1943 to 1945" (en inglés). Consultado o 3 de abril do 2018.  "Empire State Building Withstood Airplane Impact" (en inglés). TMS.  "Plane Hits Building – Woman Survives 75-Story Fall" (en inglés). Elevator-World. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2011. Consultado o 03 de abril de 2018.  "Longest Fall Survived In An Elevator" (en inglés). Guinness World Records. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2006.  "An urban icon where they used to go fishing" (en inglés). IHT. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2006.  Compass American Guides: Manhattan, 4th Edition. Reavill, Gil and Zimmerman, Jean P. 160. "Suicide (Fallen body), Andy Warhol" (en inglés). Tumblr. 
Photographies by:
Sam valadi - CC BY 2.0
Statistics: Position
1994
Statistics: Rank
63302

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
517329846Click/tap this sequence: 4816
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Empire State Building ?

Booking.com
491.516 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 38 visits today.