Context of Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España. Así mesmo, como unha das seis autonomías con dereito foral, posúe o seu Dereito civil propio.

A s...Ler máis

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España. Así mesmo, como unha das seis autonomías con dereito foral, posúe o seu Dereito civil propio.

A súa superficie é de 29 576,74 km², pola que se espallan 30 377 núcleos de poboación, a metade dos existentes en España. Estes esténdense por 3 771 parroquias, que compoñen 313 concellos, agrupados en 53 comarcas e catro provincias. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial. Forman parte do territorio unha serie de illas e illotes próximos á costa, entre os que destacan a Illa de Arousa e as illas Cíes e Ons.

Galicia posúe 2 695 645 habitantes dos que 1 297 301 son homes e 1 398 344 mulleres (datos a 1 de xaneiro de 2021). Conta cunha distribución da poboación que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios de poboación son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.

O concello máis poboado é o de Vigo con 36 057 habitantes (datos a 1 de xaneiro de 2021) e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2020. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,42 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,31 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6 545,18 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,62 hab./km² no 2020.

Galicia xurdiu como entidade política no século III, coa creación da provincia romana da Gallaecia. Cuns límites que superaban os actuais, recibía o seu nome dos galaicos, o pobo celta que levaba morando en castros ao norte do río Douro polo menos o último milenio. As súas terras, habitadas dende o primeiro período da era prehistórica, o Paleolítico inferior, foran incorporadas ao Imperio Romano ao final das guerras cántabro-astúrico-galaicas no 19 a. C. Coa chegada dos suevos contra o ano 410, Galicia constituíuse como reino e foi o primeiro Estado medieval de Europa. Este reino suevo-galego, alén de ser o primeiro en se separar do Imperio Romano, foi tamén o primeiro en cuñar moeda propia, en se converter ao catolicismo e en chegar a dominar case toda a Península Ibérica. En 585 foi incorporado ao reino visigodo, tornándose o espazo galego nunha das tres unidades que conformaban o conxunto rexido polos monarcas; con rei propio nalgunha ocasión. Após a caída visigoda en 711, en Galicia comezouse a conformación dun novo reino cristián. Consolidado o poder rexio no século IX, o reino de Galicia atinxiu a hexemonía peninsular durante o período entre os séculos XI e XIII, sendo un dos centros políticos máis importantes da Europa Occidental, nunha etapa de máximo esplendor económico, artístico e cultural, en que proxectou a lingua e literatura galegas alén das súas fronteiras. A independencia de Portugal en 1139, a separación de Castela en 1157 e a individualización de León no mesmo século restrinxiron o territorio do antigo reino ao propiamente galego. Por diferentes vicisitudes políticas, Galicia aínda sufriría unha serie de mutilacións territoriais na súa franxa leste, primeiro coa perda do Eo-Navia nesa centuria e despois coa do Bierzo e a Seabra séculos despois. Tras a unión dinástica en 1230 na persoa do rei de Castela, o reino mantivo o seu particularismo político, mais comezou unha progresiva decadencia debido ao afastamento do centro de poder. Con posterioridade tentáronse desenvolver proxectos políticos propios mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán I (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386). O século XV supuxo o cumio do poder para os señores feudais galegos, que gobernaron coma reis nos seus dominios, ata que a fracasada gran revolta irmandiña (1467-1469) e o conflito sucesorio (1475-1479) propiciaron a chamada doma e castración do Reino de Galicia, consumada en 1486 polos Reis Católicos. Como un dos reinos da Monarquía Hispánica, Galicia seguiu a ser unha entidade xurídica independente ata 1833, cando os antigos reinos foron abolidos para crear un estado centralizado. Anteriormente, en 1808 tivera total soberanía coa súa Xunta Suprema no contexto da guerra contra o invasor francés. Durante os séculos XIX e XX houbo diferentes correntes galeguistas (provincialismo, rexionalismo, nacionalismo), medrando a demanda de autogoberno e recoñecemento da identidade cultural e lingüística galegas. Isto, alén dunha efémera República Galega en 1931 e do recoñecemento internacional como nación en 1933, resultou no Estatuto de Autonomía de 1936, frustrado polo inmediato golpe de Estado de Franco e a posterior longa ditadura. Após a súa finalización coa morte do ditador, aprobouse o Estatuto de Autonomía de 1981, o cal dotou a Galicia dun relativo autogoberno.

Phrasebook

Ola
Ola
mundo
mundo
Ola mundo
Ola mundo
Grazas
Grazas
Adeus
Adeus
Si
Si
Non
Non
Como estás?
Como estás?
Ben, grazas
Ben, grazas
Canto custa?
Canto custa?
Cero
Cero
Un
Un

Where can you sleep near Galicia ?

Booking.com
487.389 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 15 visits today.