Muralla romana de Lugo

( Muralla de Lugo )

A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.

O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12[Cómpre referencia] ou 10 metros sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de larg...Ler máis

A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.

O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12[Cómpre referencia] ou 10 metros sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.

Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo Xosé Clemente López Orozco e o embaixador chinés Qui Xiaoqi.

Historia
Véxase tamén: Historia de Lugo.
 
Cidade Vella dende o alto da Muralla.

Aínda que os romanos fundaron un campamento ao redor do ano 25 a. C.,[1] a cidade de Lucus Augusti fundouse cara ao ano 15-13 a. C., non foi ata os séculos III e IV, entre os anos 260 e 325, que construíron unha barreira defensiva que rodeaba todo o núcleo da cidade. A muralla finalmente acadou unha lonxitude total de 2.266 metros, sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. Non se coñecen os motivos da construción da muralla que puideron ser múltiples: defensiva, cortaventos, elemento de prestixio, sen esquecer a vertente económica, facilitando salarios a moitos traballadores de distintos sectores ao longo dos anos.

Cómpre destacar que é a máis completa e mellor preservada mostra de arquitectura militar do Imperio Romano de Occidente.[2][3] Parece ser que nesta época a muralla non tiña a altura que se coñece hoxe en día, senón que estaba coroada por 85 grandes torres con grandes xanelas, desta coroación hoxe en día só se conserva unha destas torres parcialmente, a coñecida como A Mosqueira, que deixou o arquitecto Alejo Andrade Yáñez na reforma xeral feita cara 1837.

Semella ademais que a muralla tiña ameas entre as torres e estaba rodeada por foxos duns vinte metros de largo e cinco de fondo, complicando aínda máis a tarefa nunha suposta invasión da cidade. Co paso dos séculos pouco a pouco as torres fóronse deteriorando, sendo eliminadas na reforma de Andrade.

Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :0 Páxina da UNESCO, criterio para a designación da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade
Photographies by:
Matthias Bethke - CC BY-SA 4.0
Jose Luis Cernadas Iglesias - CC BY 2.0
Statistics: Position
611
Statistics: Rank
161680

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
487365912Click/tap this sequence: 8144

Google street view

Where can you sleep near Muralla de Lugo ?

Booking.com
487.343 visits in total, 9.186 Points of interest, 404 Destinos, 28 visits today.