Lacón con grelos

O lacón con grelos, tamén denominado lacoada, é un prato de carne típico da gastronomía de Galicia.

É unha variedade de cocido, con lacón (ás veces tamén cachucha, ou con orella de porco, ou costelas deste animal) chourizos, patacas cocidas enteiras (cachelos) e grelos (ou, antes de fin de ano, nabizas).

É un dos pratos máis representativos deste país.

Segundo Cunqueiro, "O lacón con grelos impúxose, xa é o prato maior da cociña galega".

E para Jorge-Víctor Sueiro, "El lacón con grelos es, con la allada (ajada), lo más universal de la cocina gallega".

Destinos