Óbidos

( Óbidos, Portugal )

Óbidos é unha vila portuguesa do distrito de Leiria, na rexión Centro e subrexión do Oeste, na antiga provincia de Estremadura. Forma parte tamén da Rexión de Turismo do Oeste, con cerca de 3.100 habitantes.

É capital dun concello de 142,17 km² de área e con 11.187 habitantes (2004), subdividido en 9 freguesías. O municipio está limitado a nordeste e leste polo das Caldas da Rainha, ao sur polo de Bombarral, a suroeste pola Lourinhã, a oeste por Peniche e a noroeste ten costa no océano Atlántico.

Historia
 
Óbidos desde o castelo da vila.

Foi tomada aos mouros en 1148, e recibida a primeira carta foral en 1195, so o reinado de Sancho I. Óbidos era parte do dote de inúmeras raíñas de Portugal, salientando Urraca de Castela (esposa de Afonso II), santa Isabel de Portugal (esposa de Dinís), Filipa de Lencastre (esposa de Xoán I), Leonor de Aragón (esposa de Duarte), Leonor de Portugal (esposa de Xoán II), entre outras.

No 1527, vivían 161 habitantes na vila, o que correspondería a cerca de 1/10 da poboación do municipio. A área amurallada era xa nesa época idéntica á actual, ou sexa, 14,5 ha.

Foi de Óbidos onde naceu o concello das Caldas da Rainha, anteriormente chamado de Caldas de Óbidos (a mudanza do determinativo debeuse ás tempadas que aí pasou a raíña Dª. Leonor).

O 16 de febreiro de 2007, o castelo da cidade recibiu o diploma de candidata como unha das sete marabillas de Portugal.

Photographies by:
Statistics: Position
7775
Statistics: Rank
36756

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
416825937Click/tap this sequence: 9357
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Óbidos, Portugal ?

Booking.com
8.759.610 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 792 visits today.