London

( Londres )

Londres (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI) escoitar) é a capital e cidade máis poboada de Inglaterra e do Reino Unido; atópase á beira do río Támese, na illa da Gran Bretaña. No ano 2015 tiña unha poboación estimada de 8,31 millóns de habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A súa área metropolitana ten preto de 17,1 millóns de habitantes.

Ten a súa orixe na cidade romana de Londinium, capital da rexión administrativa romana de Britannia. A cidade acabou por se tornar o centro do Imperio Británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.

Londres é un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais dende hai case dous milenios (a pesar de ser Winchester a capital de...Ler máis

Londres (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI) escoitar) é a capital e cidade máis poboada de Inglaterra e do Reino Unido; atópase á beira do río Támese, na illa da Gran Bretaña. No ano 2015 tiña unha poboación estimada de 8,31 millóns de habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A súa área metropolitana ten preto de 17,1 millóns de habitantes.

Ten a súa orixe na cidade romana de Londinium, capital da rexión administrativa romana de Britannia. A cidade acabou por se tornar o centro do Imperio Británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.

Londres é un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais dende hai case dous milenios (a pesar de ser Winchester a capital de Inglaterra durante gran parte da Idade Media).

Historia
Artigo principal: Historia de Londres.
O Londres Romano
Artigo principal: Londinium.

A pesar das evidencias de pequenos asentamentos bretóns dispersos pola área, o primeiro asentamento maior na cidade de Londres data do ano 43 d. C., cando os romanos, aproveitando a conquista da illa, fundaron o asentamento de Londinium na beira norte do río Támese. A antiga vila desenvolveuse preto da primeira ponte de Londres feita de madeira polos romanos e que lles permitía atravesar o río.

O primeiro asentamento de Londres durou preto de dezasete anos. Ao redor do ano 61 d. C., a tribo celta dos icenos dirixida pola raíña Boadicea asaltou o poboado, reducíndoo a cinzas. A seguinte reencarnación da cidade prosperou e substituíu a Colchester como a capital da provincia romana de Britania ao redor do ano 100 d. C. No cumio do seu apoxeo, no século II, Londres tiña unha poboación de 60.000 habitantes. Porén, no século III, a poboación da cidade comezou a minguar debido a que as tropas asentadas na cidade foran enviadas ao continente para atallar os problemas do Imperio Romano. Nos seguintes séculos o descenso da poboación foi continuado, ficando a cidade abandonada no século V[1].

Os anglosaxóns

No ano 600 os anglosaxóns volveron crear un novo asentamento chamado Lundenwic a 1 km da antiga cidade romana, preto do que hoxe é Covent Garden[2]. Probablemente houbo un porto dedicado á pesca e ao comercio na foz do río Fleet. O comercio da cidade medrou paseniñamente ata o ataque do 851, cando as defensas da cidade foron apancadas por unha grande invasión viquinga que destruíu a cidade. Trala ocupación viquinga, o novo rei Alfredo o Grande, estableceu a paz e mudou a vila para dentro das murallas da antiga Londres romana sendo chamada Ealdwic ("old city" ou "cidade vella"), nome que sobreviviu ata o presente como Aldwych.

Máis adiante, baixo o control de varios reis ingleses, volveu prosperar como centro político e comercial. Porén, as invasións dos viquingos volveron no final do século X, chegando ao seu máximo no ano 1013 cando a cidade foi sitiada polo rei Canuto de Dinamarca quen forzou ao rei Ethelred o Indeciso a deixar o trono. Nun ataque de represalia, as tropas de Ethelred conseguiron a vitoria botando abaixo a Ponte de Londres e restablecendo de novo o control inglés.

O rei Canuto II volveu ter o control do trono inglés en 1017, controlando a cidade de Londres e o país ata 1042, ano no que a súa morte devolveu o trono aos anglosaxóns baixo o goberno de Eduardo o Confesor, quen refundou a Abadía de Westminster e o adxacente Palacio de Westminster. Nese tempo, Londres convertérase na maior e máis próspera cidade de Inglaterra, a pesar de que a sede oficial do goberno seguía atopándose en Winchester[3].

O Londres normando e medieval
 
Torre de Londres dende o ceo ao carón da ponte do mesmo nome.
 
O gran lume de 1666 destruíu unha gran parte da cidade.
 
Rúa atacada polo Blitz durante a Segunda Guerra Mundial.

Logo do triunfo na batalla de Hastings, Guillerme I, naquel tempo Duque de Normandía, foi coroado rei de Inglaterra na recentemente inaugurada Abadía de Westminster o día do Nadal do ano 1066. Guillerme garantiu aos cidadáns de Londres especiais privilexios, ao mesmo tempo que construíu un castelo no sueste da cidade para mantelos baixo control. Este castelo sería ampliado e modificado por reis vindeiros ata dar o que hoxe é coñecido como Torre de Londres, servindo primeiro como residencia real e máis adiante como cárcere.

No ano 1097, Guillerme II comezou a construción do Westminster Hall, preto da abadía do mesmo nome. A residencia serviu de base ao futuro Palacio de Westminster, a que foi a principal residencia da monarquía durante a Idade Media. Westminster converteuse na sede da corte real e do goberno (persistindo na actualidade), mentres a súa veciña, a cidade de Londres, era o centro da industria e do comercio, xermolando baixo a súa propia administración, a Corporación de Londres. Continxentemente, as vilas adxacentes medraron xuntas ata formar as bases do actual centro de Londres, a pesar de que Winchester seguiu persistindo como capital de Inglaterra ata o século XII.

Londres continuou medrando en riqueza e poboación durante a Idade Media. No ano 1100 a poboación da cidade estaba arredor dos 18.000 habitantes; no ano 1300 a cidade xa chegara aos 100.000[1]. Con todo, a peste negra devastou preto dun terzo da poboación de Londres a mediados do século XIV. Sen contar a revolta campesiña de 1381, Londres permaneceu relativamente en paz durante as guerras civís acontecidas en Inglaterra ao longo da Idade Media, coma a Guerra das dúas rosas.

Tralo triunfo contra a Armada Invencible en 1588, a estabilidade política en Inglaterra permitiu a Londres medrar aínda máis. En 1603, Xacobe VI de Escocia converteuse no rei de Inglaterra, unindo esencialmente os dous países. A súa promulgación de leis anticatólicas fixérono impopular ata o punto de que o 5 de novembro de 1605 produciuse un intento de asasinato na capital inglesa, a famosa Conspiración da pólvora.

Durante o século XVII as pragas causaron moitos problemas en Londres, culminando na Gran praga acontecida entre 1665 e 1666 e que matou a máis de 75.000 persoas. Este foi o derradeiro gromo que tivo lugar en Europa, posiblemente grazas ao gran lume de 1666. O gran lume de Londres orixinouse na cidade antiga, espallándose polo resto da cidade e queimando centos de vivendas feitas de madeira. As tarefas de reconstrución da cidade levaron máis de dez anos.

O Londres moderno

Co seu gran crecemento ao longo do século XVIII, Londres converteuse na maior cidade do mundo, posto que ocupou entre 1831 e 1925[4]. Este crecemento viuse en gran parte axudado pola axiña en 1836 do primeiro ferrocarril, o que puxo en contacto Londres coas vilas do campo. A rede do ferrocarril espallouse rapidamente, axudando á cidade a medrar cara aos campos que a rodeaban, fusionándose á súa vez con vilas situadas preto de Londres como Kensington. O crecente tráfico que conxestionaba o centro da cidade fixo que se crease en 1863 o primeiro sistema de metro do mundo, que levou á cidade a unha maior expansión e urbanización. Grazas ao rápido crecemento, Londres converteuse nunha das primeiras cidades na historia en chegar ao millón de habitantes, e a primeira en chegar aos 5 millóns.

O goberno local de Londres tivo que loitar contra o rápido crecemento para ofrecer á cidade as infraestruturas axeitadas. Entre 1855 e 1889, a Metropolitan Board of Works supervisou os traballos de expansión, foi entón substituído polo County of London, o cal foi á súa vez substituído polo London County Council, a primeira administración da cidade elixida pola poboación.

O Blitz e outros bombardeos da Luftwaffe alemá durante a Segunda Guerra Mundial asasinaron a máis de 30.000 londinienses e esnaquizaron boa parte da paisaxe urbana de Londres[5]. Os traballos de reconstrución tiveron lugar nas décadas de 1950, 1960 e 1970, estes traballos caracterizáronse pola súa diversidade de estilos, consecuencia do cal Londres non posúe un estilo arquitectónico unido. En 1965 as fronteiras políticas de Londres espalláronse para incluír as crecentes áreas urbanas fóra do distrito de Londres. A nova área foi chamada Greater London ou Gran Londres e pasou a ser administrada polo Greater London Council.

Nas décadas vindeiras á Segunda Guerra Mundial, a cidade de Londres recibiu unha grande ondada de inmigrantes dos países da Commonwealth converténdose nunha das cidades máis diversas e multiculturais do continente europeo. A integración de todos estes novos habitantes non foi sempre doada, producíndose leas, sobre todo nos distritos de Notting Hill e Brixton, aínda que estes enfrontamentos foron moito menores a outros acontecidos noutras cidades inglesas e doutras partes de Europa e de América.

Durante a década de 1980 e en diante produciuse unha reactivación de Londres como centro económico mundial. Con todo, como capital e maior cidade do Reino Unido, a cidade de Londres converteuse en obxectivo do terrorismo. Ata o cesamento do fogo en 1997, Londres foi obxectivo cotián das bombas do IRA que deste xeito buscaba amedrentar ao goberno británico co Sinn Féin para negociar na Irlanda do Norte.

Máis recentemente, unha serie de ataques bomba coordinados foron levados a cabo por extremistas islámicos suicidas na rede de transportes da cidade o 7 de xullo do 2005, tan só 24 horas despois de que Londres fora elixida sede dos Xogos Olímpicos do 2012[6]. Cos Xogos Olímpicos do 2012, Londres converteuse na primeira cidade do mundo en hospedar tres edicións dos xogos, despois da IV edición de 1908 e a XIV no ano 1948, e logo de que a XIII edición, que tamén se ía celebrar en Londres, fose suspendida debido á Segunda Guerra Mundial.

↑ 1,0 1,1 "Historical Overview of London Population", en London Online (en inglés). "Moving to London Relocation Guide" Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine., artigo en Gateways Moving (en inglés). http://www.gatewaysmoving.com/about_moving_to_london_england_uk.htm Arquivado 23 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. en inglés "Largest Cities Through History ", artigo de Matt T. Rosenberg en About.com (en inglés). "The Blitz" Arquivado 04 de maio de 2008 en Wayback Machine., artigo de Peter N. Risbey (2002) (en inglés). "Londres acaba co soño olímpico de Madrid 2012" Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine., artigo de Alejandro Posilio en La Voz de Galicia, 6 de xullo de 2005.
Photographies by:
Superbmust - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
1638
Statistics: Rank
74533

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
619574832Click/tap this sequence: 2289

Google street view

Where can you sleep near Londres ?

Booking.com
489.355 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 182 visits today.