A pedra de Rosetta é unha estela exipcia da época tolemaica que contén un texto en tres tipos de escrita e a súa grande importancia radica en que foi a peza chave para o inicio do descifrado dos xeróglifos exipcios antigos. Grazas a Thomas Young, Jean-François Champollion e outros estudosos do Antigo Exipto, hoxe pode ser considerada como unha xoia na historia da linguaxe e a transcrición.
É unha peza de granito negro, cunha inscrición bilingüe (grego e exipcio) dun decreto de Tolomeo V, en tres formas de escrita: xeroglífica, demótica e grego uncial (grego en letras maiúsculas), de algo máis dun metro de longo, de 72 centímetros de ancho e 27 centímetros de grosor. Pesa 548 quilos.
Photographies by:
Statistics: Position
148
Statistics: Rank
640167
Engadir un novo comentario