The Great Wave off Kanagawa

( A grande onda de Kanagawa )

A grande onda de Kanagawa (神奈川沖浪裏, Kanagawa oki nami ura, literalmente «Baixo unha onda en alta mar en Kanagawa»), tamén coñecida simplemente como A onda ou A grande onda, é unha famosa estampa xaponesa do pintor especialista en ukiyo-e Katsushika Hokusai, publicada entre 1830 e 1833, durante o período Edo da historia do Xapón.

Esta estampa é a obra máis coñecida de Hokusai e a primeira da súa famosa serie Fugaku sanjūrokkei (富嶽三十六景, «Trinta e seis vistas do monte Fuji»), ademais de ser a estampa máis famosa do seu xénero. Do molde utilizado realizáronse varios miles de copias, chegando moitas delas a mans de coleccionistas europeos. A partir da década de 1870 a estampa tornouse moi popular entre artistas e coleccionistas franceses.

Varios museos conservan exemplares da obra, como o Museo Guimet...Ler máis

Varios museos conservan exemplares da obra, como o Museo Guimet, o Museo Metropolitano de Arte, o Museo Británico, ou incluso a Biblioteca Nacional de Francia, xeralmente provenientes de coleccións privadas do século XIX.

Photographies by:
Katsushika Hokusai - Public domain
Statistics: Position
102
Statistics: Rank
450261

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
957642813Click/tap this sequence: 1521

Google street view

Where can you sleep near A grande onda de Kanagawa ?

Booking.com
489.833 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 1 visits today.