Белоградчишка крепост

( Fortaleza de Belogradchik )

A fortaleza de Belogradchik (en búlgaro: Белоградчишка крепост, Belogradchishka krepost), tamén coñecida como Kaleto (Калето, "a fortaleza", do turco kale), é unha antiga fortaleza que se atopa ós pés dos Balcáns, preto da vila de Belogradchik, en Bulgaria. A fortaleza é un dos principais atractivos turísticos e culturais da vila, e xunto coas rochas de Belogradchik son as principais atraccións da rexión. É unha das construcións defensivas mellor conservadas de Bulgaria e un monumento cultural de grande importancia no país.

Os muros da fortaleza teñen 2 metros de espesor nos alicerces e chegan até os 12 m de altura. Existen tres zonas fortificados separados que están conectados entre elas a través de portas. A fortaleza ten unha área total de 10.210 metros cadrados. A fortaleza de Belogradchik foi reconstruída para converterse máis tarde nun monumento cultural proclamado. É administrado pola auto...Ler máis

A fortaleza de Belogradchik (en búlgaro: Белоградчишка крепост, Belogradchishka krepost), tamén coñecida como Kaleto (Калето, "a fortaleza", do turco kale), é unha antiga fortaleza que se atopa ós pés dos Balcáns, preto da vila de Belogradchik, en Bulgaria. A fortaleza é un dos principais atractivos turísticos e culturais da vila, e xunto coas rochas de Belogradchik son as principais atraccións da rexión. É unha das construcións defensivas mellor conservadas de Bulgaria e un monumento cultural de grande importancia no país.

Os muros da fortaleza teñen 2 metros de espesor nos alicerces e chegan até os 12 m de altura. Existen tres zonas fortificados separados que están conectados entre elas a través de portas. A fortaleza ten unha área total de 10.210 metros cadrados. A fortaleza de Belogradchik foi reconstruída para converterse máis tarde nun monumento cultural proclamado. É administrado pola autoridade do museo histórico local.

Photographies by:
Yanko Malinov - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
2040
Statistics: Rank
61260

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
614397258Click/tap this sequence: 1472
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Fortaleza de Belogradchik ?

Booking.com
491.489 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 11 visits today.