София

( Sofía, Bulgaria )

Sofía (en búlgaro, София) é a capital de Bulgaria, e con 1 270 450 habitantes (ano 2007) a cidade máis poboada do país e a 14ª da Unión Europea. Localízase na rexión oeste de Bulgaria, aos pés do macizo Vitosha. É o centro administrativo, cultural, económico e educativo do estado. Trátase dunha das capitais máis antigas de Europa, remontándose a súa historia até o século VIII a. C., cando os tracios estableceron un asentamento na zona. Sofía tivo varios nomes ao longo da súa existencia, e aínda hoxe se poden ver remanentes da milenaria historia da cidade a carón dos atractivos turísticos modernos.

Historia

É a terceira capital europea máis antiga, sendo os primeiros asentamentos de hai de máis de 7000 anos. No lugar dun antigo asentamento neolítico arredor dunhas fontes termais, no século VIII a. C. fundouse unha cidade tracia, chamada Sérdica, pola tribo tracia dos serdi.

Durante un curto período, no século IV a. C., a cidade estivo baixo o dominio de Filipo II de Macedonia e do seu fillo Alexandre Magno. A cidade foi conquistada polo Imperio Romano no ano 29. Cando o emperador Diocleciano dividiu a provincia de Dacia en dúas (Dacia Ripensis ás beiras do río Danubio e Dacia Mediterranea), Serdica converteuse na capital da Dacia Mediterranea.

Foi destruída polos hunos en 447, e reconstruída polo emperador bizantino Xustiniano e renomeada como Triaditsa. Desde o século VI a cidade renaceu como un centro importante administrativo e económico do Imperio Bizantino. Foi coñecida como Sredets polos eslavos, nome que mantivo trala invasión dos búlgaros en 809, e posteriormente mudóuselle o nome polo de Sofía en 1376. Sofía foi o nome dunha mártir cristiá que foi obrigada a presenciar a tortura e morte das súas tres fillas por orde do emperador romano Adriano a comezos do século II.

En 1382, durante o reinado de Murad I, Sofía foi conquistada polo Imperio Otomán, converténdose na capital da provincia de Rumelia durante máis de 4 séculos. Isto mudou o aspecto de Sofía, transformándose nunha cidade Oriental con moitas mesquitas, fontes e numerosos baños turcos (Hammam). Durante aquel tempo a cidade pasou de ter unha poboación duns 7.000 a 55.000 habitantes a mediados do século XVII.

 
A igrexa de San Xurxo, un dos templos cristiáns máis antigos da Península Balcánica (século IV).

Nas últimas etapas do dominio otomán, a axitación nacionalista foi en aumento, co que finalmente se concedeu ao territorio unha certa autonomía no marco do Imperio Otomán, mantendo a cidade de Sofía a capitalidade. Foi conquistada máis tarde polo Imperio ruso en 1878, durante a Guerra ruso-turca, na que os rusos interviñeron a favor da independencia de Bulgaria, pasando a ser a capital da Bulgaria independente en 1879.

O 16 de abril de 1925, membros do Partido Comunista Búlgaro executaron o atentado na Catedral de Sveta-Nedelya, durante os funerais do xeneral Konstantin Georgiev, que fora asasinado dous días antes polos bolxeviques. A cúpula principal caeu sobre os presentes, morrendo 128 persoas.

Durante a Segunda Guerra Mundial, debido á alianza de Bulgaria co Terceiro Reich, a cidade foi obxecto de bombardeos aéreos por parte dos avións británicos e estadounidenses. Posteriormente, ao cambiar a sorte da guerra en contra da Wehrmacht, o Exército Vermello soviético entrou en Bulgaria e Sofía en 1944, á vez que se producía un cambio de Goberno, co que Bulgaria pasou a unirse aos aliados contra a súa antiga aliada, a Alemaña nazi.

Tralo fin da guerra, creouse l República Popular de Bulgaria, de tendencias comunistas, tendo como presidente a Georgi Dimitrov.

O 17 de setembro de 1992, día de Santa Sofía, declarouse o Día de Sofía.

Photographies by:
Harfang - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
1707
Statistics: Rank
73512

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
952634187Click/tap this sequence: 3134

Google street view

Where can you sleep near Sofía, Bulgaria ?

Booking.com
487.352 visits in total, 9.186 Points of interest, 404 Destinos, 37 visits today.