Context of Sudán

O Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo no norte de África. Limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide o país en dúas metades, a leste e a oeste. A relixión predominante é o islam.

O Sudán era o meirande país de África e do mundo árabe ata o ano 2011, cando o Sudán do Sur se converteu nun estado independente despois dun referendo. O Sudán é hoxe o terceiro maior país de África, despois de Alxeria e da República Democrática do Congo.

É membro da ONU, da Unión Africana, da Liga Árabe, da Organización da Conferencia Islámica e do Movemento de Países Non Aliñados, e observador na Organización Mundial do Comercio. A súa capital é Khartún, o centro político, cultural...Ler máis

O Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo no norte de África. Limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide o país en dúas metades, a leste e a oeste. A relixión predominante é o islam.

O Sudán era o meirande país de África e do mundo árabe ata o ano 2011, cando o Sudán do Sur se converteu nun estado independente despois dun referendo. O Sudán é hoxe o terceiro maior país de África, despois de Alxeria e da República Democrática do Congo.

É membro da ONU, da Unión Africana, da Liga Árabe, da Organización da Conferencia Islámica e do Movemento de Países Non Aliñados, e observador na Organización Mundial do Comercio. A súa capital é Khartún, o centro político, cultural e comercial da nación. É unha república federal con sistema presidencial e democracia representativa. A política do Sudán é regulada por unha organización parlamentaria, a "Asemblea Nacional". O seu sistema legal está baseado na Xaria, a lei islámica.

Where can you sleep near Sudán ?

Booking.com

Destinations close to Sudán ?

454.419 visits in total, 9.077 Points of interest, 403 Destinos, 99 visits today.