Context of Kenya

Kenya oficialmente República de Kenya, é un país da África oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.

Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte...Ler máis

Kenya oficialmente República de Kenya, é un país da África oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.

Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país. A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central. A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Where can you sleep near Kenya ?

Booking.com
487.370 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 3 visits today.