Dallol é un volcán da depresión de Danakil, no nordeste de Erta Ale en Etiopía. Formouse pola intrusión de magma basáltico en depósitos de sal do Mioceno e a subsecuente actividade hidrotermal. As erupcións freáticas produciuse no ano 1926, formando o volcán Dallol e outros cráteres nos arredores do deserto de sal. Estes cráteres son os respiradoiros volcánicos subaéreos máis baixos do mundo, a 45 m ou máis por debaixo do nivel do mar. En outubro de 2004, a cámara de magma pouco profunda debaixo de Dallol desinflouse e produciu unha intrusión de magma cara ó sur debaixo da fenda. En xaneiro de 2011 produciuse unha erupción freática na zona.
Engadir un novo comentario