A Igrexa de San Xurxo (en amhárico: ቤት ጊዮርጊስ; Bete Giyorgis) é unha das once igrexas monolíticas escavadas en rocha de Lalibela, unha cidade na Rexión de Amhara, en Etiopía. O sitio histórico e relixioso, orixinalmente chamado Roha (Warwar), foi nomeado Lalibela por orde do rei Gebre Mesqel Lalibela da dinastía Zagwe, quen tamén ordenou a súa construción. El é considerado un santo pola Igrexa etíope tewahedo.

Historia
 
Bete Giyorgis (Igrexa de San Xurxo) dende enriba, unha das igrexas escavadas en rocha de Lalibela.

A igrexa de San Xurxo foi escavada cara a abaixo nunha clase de toba volcánica. Ese foi o único material arquitectónico que se empregou na construción. Data de finais do século XII e comezos do XIII, e pénsase que puido ser construído durante o reinado de Gebre Mesqel Lalibela, da dinastía Zagwe.[1] É unha das máis coñecidas e a última en ser erixida das once igrexas da área de Lalibela, e foi considerada de xeito non oficial como a "Oitava Marabilla do Mundo".[2] Lalibela, rei de Etiopía, quixo recrear Xerusalén, e estruturou a paisaxe das igrexas e os sitios relixiosos de tal xeito que se lograse tal fazaña. As igrexas en Lalibela están agrupadas en dous grupos principais, un que representa a Xerusalén terreal e o outro que representa a Xerusalén celestial. Situada directamente entre eles hai unha trincheira que representa o río Xordán. As dimensións da trincheira son 25 metros por 25 metros por 30 metros,[3] e hai unha pequena piscina bautismal fóra da igrexa, que se atopa nunha gabia artificial.

Moriarty, Colm. "St. George's Church, Ethiopia". Irish Archaeology. Consultado o 29 de maio de 2015.  "Lalibela:The Eighth Wonder of the World". Tzu Chi Foundation. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2006.  Sacred Destinations (ed.). "Rock-Hewn Churches of Lalibela". Consultado o 10 de novembro de 2006. 
Photographies by:
Hulivili - CC BY 2.0
sanil - CC0
Adam Jones from Kelowna, BC, Canada - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
14
Statistics: Rank
3408579

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
354862971Click/tap this sequence: 5643

Google street view

Videos

Where can you sleep near Bete Giyorgis ?

Booking.com
489.929 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 94 visits today.