Obelisco de Axum

O obelisco de Axum (en amhárico: የአክሱም ሐውልት) é unha estela obelisco de granito do século IV e 24 metros de altura que se atopa na cidade de Axum, en Etiopía. Cun peso de 160 toneladas, está ornamentado con dúas portas falsas na base e conta con decoracións que semellan fiestras en tódolos seus lados. O obelisco remata nunha parte superior semicircular, que estaba encerrada por molduras metálicas.

Historia

O obelisco foi elaborado e erixido na cidade de Axum (actual Etiopía) durante o século IV por súbditos do reino de Axum, unha antiga civilización etíope. Posteriormente derrubouse, partíndose en tres anacos, probablemente a consecuencia dun terremoto, xa que a zona ten unha alta actividade sísmica. Nesas condicións foi atopado polo exército italiano a finais de 1935 durante a invasión italiana de Abisinia. En 1937, despois da guerra ítalo-abisinia, foi trasladado a Italia como trofeo de guerra polo réxime fascista. Chegou a Nápoles en barco o 27 de marzo de 1937 e foi levado a Roma. O 28 de outubro foi ensamblado na praza de Porta Capena, fronte o ministerio da África Italiana (máis tarde sé da FAO), co gallo do 15 aniversario da marcha fascista sobre Roma. Nun acordo coa ONU en 1947, Italia acordou devolver o obelisco. Nos seguintes 50 anos fíxose pouco por respectar ese acordo.

Repatriación
 
Cerimonia inaugural da restauración do obelisco de Axum.

Despois de anos de presión, o goberno italiano comezou o proceso de devolución do obelisco en abril de 1997. O primeiro paso foi desmantelalo para embarcalo a Etiopía en marzo de 2004. Porén, o proceso de repatriacion viuse entorpecido por varios obstáculos: a pista do aeroporto de Axum era curta de máis para un avión de carga, aínda que este só cargase coa terceira parte do obelisco; e o acceso a través do porto de Eritrea era virtualmente imposible debido a conflitos políticos entre Eritrea e Etiopía. Outra razón para o atraso na devolución do obelisco foi a declaración do goberno italiano de que non existían fondos suficientes para pagar o transporte. Os Estados Unidos de América negaron a súa axuda dicindo que os seus avións de carga estaban comprometidos na guerra de Iraq. Numerosos intentos por parte do profesor Richard Pankhurst non tiveron éxito até que un cidadán etíope-estadounidense ameazou ó goberno italiano cunha posible colecta virtual.

A pista no aeroporto de Axum foi entón acondicionada para facilitar o retorno do obelisco, cuxas partes se mantiñan nun almacén do aeroporto de Roma-Fiumicino até o 19 de abril de 2005, día no que se transportou a primeira peza. O obelisco, ó CHegar a Etiopía, permaneceu nun almacén mentres se decidía cal era a mellor opción para a súa restauración sen perturbar outros patrimonios na área.

A montaxe das partes comezou en xuño de 2008, ano no que o monumento volveu ter a súa forma e lugar orixinais, sendo inaugurado o 4 de setembro de 2008. Existen varios obeliscos en Eritrea e Etiopía, como o de Hawulti en Metera.

Photographies by:
Statistics: Position
3966
Statistics: Rank
30315

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
546172398Click/tap this sequence: 7253

Google street view

Videos

Where can you sleep near Obelisco de Axum ?

Booking.com
488.981 visits in total, 9.195 Points of interest, 404 Destinos, 27 visits today.