قبة الصخرة

( Cúpula da Rocha )

A Cúpula da Rocha ou o Domo da Rocha (en lingua árabe, قبة الصخرة Qubbat as-Sajra) é un monumento islámico situado na cidade vella de Xerusalén, no centro do Monte do Templo. Os musulmáns cren que a rocha que se atopa no centro da cúpula é o punto dende o cal Mahoma ascendeu aos ceos para se reunir con Deus, acompañado polo anxo Gabriel. En honra a devandito episodio da vida de Mahoma, foi construído o edificio entre os anos 687 e 691 polo noveno califa, Abd al-Malik.

Os credos xudeu e cristián afirman que ese lugar foi onde Abraham estivo a piques de sacrificar ao seu fillo Isaac por orde de Xahveh e onde Xacob viu á súa vez a escaleira ao ceo, segundo os relatos da Xénese. O islam recolle tamén a tradición do sacrificio de Abraham, aínda que na versión islámica o fillo non era Isaac senón o primoxénito, Ismael. Segundo a tradición xudía desde esta primeira pedra construíuse o mundo. Alí foi erixido o Sanctasanctórum, a parte máis sacra do templo...Ler máis

A Cúpula da Rocha ou o Domo da Rocha (en lingua árabe, قبة الصخرة Qubbat as-Sajra) é un monumento islámico situado na cidade vella de Xerusalén, no centro do Monte do Templo. Os musulmáns cren que a rocha que se atopa no centro da cúpula é o punto dende o cal Mahoma ascendeu aos ceos para se reunir con Deus, acompañado polo anxo Gabriel. En honra a devandito episodio da vida de Mahoma, foi construído o edificio entre os anos 687 e 691 polo noveno califa, Abd al-Malik.

Os credos xudeu e cristián afirman que ese lugar foi onde Abraham estivo a piques de sacrificar ao seu fillo Isaac por orde de Xahveh e onde Xacob viu á súa vez a escaleira ao ceo, segundo os relatos da Xénese. O islam recolle tamén a tradición do sacrificio de Abraham, aínda que na versión islámica o fillo non era Isaac senón o primoxénito, Ismael. Segundo a tradición xudía desde esta primeira pedra construíuse o mundo. Alí foi erixido o Sanctasanctórum, a parte máis sacra do templo de Xerusalén.

Sen cambios esenciais durante máis de trece séculos, a Cúpula da Rocha segue a ser un dos máis preciosos e duradeiros tesouros arquitectónicos do mundo.

Tecnicamente, a Cúpula da Rocha non se considera unha mesquita, mais si é un lugar de culto para o islam. Xunto ao Domo da Rocha, coa súa cúpula dourada, no extremo sur da chaira, atópase a Mesquita de Al-Aqsa coa súa cúpula prateada, e anexa ao Domo da Rocha atópase a Cúpula da Cadea. Tamén se adoita chamar erroneamente Mesquita de Omar á Cúpula da Rocha.

O significado deste sitio abrolla tradicións relixiosas monoteístas ligadas coa rocha á que preserva a cúpula dourada: coñecida como a "Rocha Fundacional", a mesma é considerada un importante punto de referencia polos monoteístas.

Historia Época pre-islámica
Artigos principais: Monte do Templo, Templo de Herodes e Aelia Capitolina.
 
Reconstrución do Templo de Herodes visto desde o leste. (Maqueta da Terra Santa de Xerusalén, 1966)

A Cúpula da Rocha está situada no centro do Monte do Templo, o lugar do Templo de Salomón e o Segundo Templo xudeus, que foi amplamente expandido durante o reinado de Herodes o Grande no século I a. C.. O Templo de Herodes foi destruído no ano 70 polos romanos, e trala revolta de Bar Kokhba no 135, erixiuse un templo na honra do deus Xúpiter Capitolino no seu lugar.[1]

Xerusalén estivo baixo o poder do Imperio bizantino desde o século IV ata o VI. Durante este tempo, a peregriñaxe cristiá a Xerusalén comezou a desenvolverse.[2]

A Igrexa do Santo Sepulcro foi construída polo emperador Constantino I na década de 320, pero o Monte do Templo quedou esquecido e convertido nun vertedeiro tralo infrutuoso intento de reconstruír o Templo xudeu do emperador Xuliano o Apóstata.[3]

Época cruzada
 
A Cúpula da Rocha identificada co Templo de Salomón durante a época cruzada do Reino de Xerusalén.

Durante séculos os peregrinos cristiáns puideron visitar o Monte do Templo, pero a escalada de violencia na súa contra por parte das autoridades musulmás[a] deu lugar ás Cruzadas.[4] Os cabaleiros cruzados capturaron a cidade en 1099 e a Cúpula da Rocha foi entregada aos augustinos que a converteron nunha igrexa, mentres que a mesquita de Al-Aqsa pasou a ser o palacio real. Os cabaleiros templarios identificaron a Cúpula da Rocha como o lugar no que se erixira o Templo de Salomón e estableceron o seu cuartel xeral nun recinto da mesquita de Al-Aqsa durante gran parte do século XII. O Templum Domini, como pasou a coñecerse a Cúpula, apareceu nos selos oficias dos Grandes Mestres Templarios, como por exemplo nos de Everard des Barres e Renaud de Vichiers, e axiña converteuse en modelo arquitectónico para as igrexas redondas templarias por toda Europa, como a Igrexa do Temple en Londres.[3]

Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Aelia Capitolina". Encyclopædia Britannica (11th ed.). Cambridge University Press. p. 256. Lester L. Grabbe (2010). An Introduction to Second Temple Judaism: History and Religion of the Jews in the Time of Nehemiah, the Maccabees, Hillel, and Jesus. A&C Black. p. 29. Davidson, Linda Kay and David Martin Gitlitz Pilgrimage: From the Ganges to Graceland : an Encyclopedia Volume 1, ABC-CLIO, Inc, Santa Barbara, CA 2002, p. 274. ↑ 3,0 3,1 Sebag Montefiore 2011. Stark, Rodney. God's Battalions; a Case for the Crusades. Harper Collins, NY, 2009, pp. 84–85.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente

Photographies by:
Shmuel Spiegelman - CC BY-SA 1.0
Shmuel Spiegelman - CC BY-SA 1.0
Statistics: Position
62
Statistics: Rank
719805

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
651792483Click/tap this sequence: 3963
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Cúpula da Rocha ?

Booking.com
491.489 visits in total, 9.211 Points of interest, 405 Destinos, 11 visits today.