Context of Estado de Palestina

Palestina (Árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (Árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira sudoriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral. Nese tempo a OLP non exercía control sobre territorio ningún, e era un goberno no exilio. Aínda hoxe parte do territorio reclamado mantense baixo ocupación israelí. Reivindica os territorios palestinos definidos antes da guerra de 1967, e designou a Xerusalén Leste como a súa capital. En 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a OLP e o Goberno de Israel, foi establecida a Autorid...Ler máis

Palestina (Árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (Árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira sudoriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral. Nese tempo a OLP non exercía control sobre territorio ningún, e era un goberno no exilio. Aínda hoxe parte do territorio reclamado mantense baixo ocupación israelí. Reivindica os territorios palestinos definidos antes da guerra de 1967, e designou a Xerusalén Leste como a súa capital. En 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a OLP e o Goberno de Israel, foi establecida a Autoridade Nacional Palestina como unha entidade administrativa transitoria. O 31 de outubro de 2011, foi admitida como membro número 195 da UNESCO, como estado membro de pleno dereito.

O 29 de novembro de 2012 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Resolución 67/19 (proxecto de resolución A/67/L.28) en virtude da cal concedeu a Palestina a condición de «Estado observador non membro» da organización, reafirmando ademais o dereito do pobo palestino a un territorio baixo as fronteiras definidas antes da Guerra de 1967. Esta resolución non implica aínda a admisión de Palestina como membro pleno da organización, pois para iso necesitaríase da aprobación do Consello de Seguridade das Nacións Unidas no cal Estados Unidos se opón. O 17 de decembro de 2014 o Parlamento Europeo apoiou publicamente o recoñecemento do Estado de Palestina, tras facelo os parlamentos de varios países membros como Reino Unido, España, Francia, Irlanda e Italia. O recoñecemento do Parlamento Europeo e dos parlamentos nacionais é puramente simbólico, xa que o recoñecemento efectivo débeno realizar cada un dos gobernos dos estados membros. Na actualidade, o único país da UE que o recoñeceu sendo xa membro da Unión foi Suecia, en maio de 2015 tamén foi recoñecido oficialmente pola Santa Sé.

Phrasebook

Ola
مرحبًا
mundo
العالمية
Ola mundo
مرحبا بالعالم
Grazas
شكرًا لك
Adeus
مع السلامة
Si
نعم
Non
رقم
Como estás?
كيف حالك؟
Ben, grazas
بخير، شكرا لك
Canto custa?
كم سعره؟
Cero
صفر
Un
واحد

Where can you sleep near Estado de Palestina ?

Booking.com
487.355 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 40 visits today.