Church of the Nativity
( Basílica da Natividade )A Basílica da Natividade (en árabe :كَنِيسَةُ ٱلْمَهْد ; en grego: Bασιλική της Γεννήσεως ; en armenio: Սուրբ Ծննդյան տաճար; en latín: Basilica Nativitatis) é unha basílica ou igrexa localizada en Belén, na Cisxordania, Palestina. É a igrexa cristiá máis antiga que se mantén en uso.
A igrexa fora orixinalmente encargada no 327 por Constantino o Grande e a súa nai Helena sobre o sitio no que, tradicionalmente, se consideraba que era onde se localizaba o lugar de nacemento de Xesús. A Igrexa da Natividade, e a basílica orixinal do sitio, foi completada en 339 e destruída polo lume durante as revoltas samaritanas do século VI. Con emperador bizantino Xustiniano, ergueuse unha basílica nova no 565, mantendo a forma orixinal. Durante esta segunda construción, a basílica rebibiu importantes engadidos como as torres coas campás. Por mor da súa particular historia cultural e xeográfica, o lugar ten unha importancia relixiosa relevante para os fieis cristiáns.
En...Ler máis
A Basílica da Natividade (en árabe :كَنِيسَةُ ٱلْمَهْد ; en grego: Bασιλική της Γεννήσεως ; en armenio: Սուրբ Ծննդյան տաճար; en latín: Basilica Nativitatis) é unha basílica ou igrexa localizada en Belén, na Cisxordania, Palestina. É a igrexa cristiá máis antiga que se mantén en uso.
A igrexa fora orixinalmente encargada no 327 por Constantino o Grande e a súa nai Helena sobre o sitio no que, tradicionalmente, se consideraba que era onde se localizaba o lugar de nacemento de Xesús. A Igrexa da Natividade, e a basílica orixinal do sitio, foi completada en 339 e destruída polo lume durante as revoltas samaritanas do século VI. Con emperador bizantino Xustiniano, ergueuse unha basílica nova no 565, mantendo a forma orixinal. Durante esta segunda construción, a basílica rebibiu importantes engadidos como as torres coas campás. Por mor da súa particular historia cultural e xeográfica, o lugar ten unha importancia relixiosa relevante para os fieis cristiáns.
En 2012 todo o conxunto, que inclúe a basílica xunto coa gruta e a igrexa de Santa Catarina e os mosteiros, recibiu da UNESCO o título de Sitio de Patrimonio Mundial, e foi o primeiro en se incluír de Palestina. O lugar tamén está na lista da UNESCO de Patrimonio Mundial en perigo.
Hoxe está baixo o statu quo de lugares de Terra Santa, un antigo acordo entre comunidades relixiosas de hai máis duns 250 anos e que se segue aplicando.
Engadir un novo comentario