Città del Vaticano

( Cidade do Vaticano )

Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.

O Vaticano é unha cidade-estado, recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latrán. A Cidade do Vaticano alberga a Santa Sé, máxima institución da Igrexa católica. Aínda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Sé" se utilizan a miúdo coma se fosen equivalentes, o primeiro refírese á Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire á institución que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xurídica propia (como suxeito de dereito intern...Ler máis

Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.

O Vaticano é unha cidade-estado, recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latrán. A Cidade do Vaticano alberga a Santa Sé, máxima institución da Igrexa católica. Aínda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Sé" se utilizan a miúdo coma se fosen equivalentes, o primeiro refírese á Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire á institución que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xurídica propia (como suxeito de dereito internacional). En rigor, é a Santa Sé, e non o Estado do Vaticano, a que mantén relacións diplomáticas cos demais países do mundo. Doutra banda, o Vaticano é quen dá o soporte temporal e soberano para a actividade da Santa Sé. As dúas entidades aínda teñen pasaportes diferentes, aínda que en ámbolos casos son moi poucos os existentes.

A denominación oficial completa en latín desta estado é: Status Civitatis Vaticanæ, sendo en italiano a denominación completa Stato della Città del Vaticano, nome que vén do Monte Vaticano (do latín "Vaticinĭum": predición; antigamente moraba no outeiro un oráculo etrusco). A Cidade do Vaticano é unha monarquía eclesiástica ou sacerdotal, gobernada polo bispo da diocese romana, o Papa, polo que pode considerarse a única monarquía electiva de Europa, aínda cando o Sumo Pontífice delega as funcións de goberno no Secretario de Estado. Posúe ademais o exército máis pequeno do mundo, a Garda Suíza, composta tan só por 110 soldados.

Historia Orixe e Estados Pontificios
Artigo principal: Estados Pontificios.
 
Mapa dos Estados Pontificios.

Nesta zona deshabitada orixinalmente (ager vaticanus) ao lado oposto da beira do Tíber na cidade de Roma, Agripina a Maior, desbravou o outeiro e os seus arredores e construíu uns xardíns a comezos do século I, e logo o emperador Calígula, no ano 40, iniciou a construción dun circo que foi rematado finalmente por Nerón, o Circus Gaii et Neronis,[1] coñecido comunmente como o Circo de Nerón. O obelisco do Vaticano foi tomado inicialmente por Calígula de Heliópolis, en Exipto, para decorar a "spina" do seu circo, sendo este o último remanente visible da construción romana. Despois do Gran Incendio de Roma do 64 esta zona converteuse en lugar do martirio de moitos cristiáns e a antiga tradición sostén que foi neste circo no que San Pedro foi crucificado boca abaixo; ademais, a parte frontal do circo foi convertida nun cemiterio, separado pola Vía Cornelia, sendo construídos numerosos monumentos funerarios, mausoleos e pequenas tumbas, así como altares a deuses pagáns de todo tipo de relixións, situación que durou até a construción da Basílica de San Pedro de Constantino na primeira metade do século IV. Restos destas de antigas necrópoles saíron á luz de forma esporádica durante as renovacións de varios papas durante os séculos aumentando en frecuencia durante a Renacemento, até que foi escavado sistematicamente por orde do papa Pío XII dende 1939 até 1941.

No ano 326 foi construída a Basílica de Constantino, a primeira igrexa, sobre o lugar en que os primeiros apoloxistas católicos romanos (onde algún arqueólogos italiano supoñen que se atopa a tumba de San Pedro) foran enterrados nun cemiterio. A partir de entón comezou un poboamento da zona, mais na súa meirande parte eran só casas relacionadas coa actividade da basílica, e xa no século V, durante o pontificado de Símaco, foi construído un pazo preto do sitio da basílica [2] A partir de aí os Papas, no seu papel secular, pouco a pouco pasaron a gobernar as rexións veciñas e, a través da Estados Pontificios, gobernaron gran parte da península itálica por máis dun milleiro de anos, até mediados do século XIX, cando tódolos territorios dos Estados Pontificios foron tomados polo recentemente creado e unificado Reino de Italia. Durante gran parte deste tempo, o Vaticano non foi a residencia habitual dos Papas, senón o Pazo de Latrán, e nos últimos séculos, o Pazo do Quirinal, exceptuando o período entre 1309 e 1377, cando a sé papal foi trasladada a Aviñón, Francia.

En 1870, as posesións papais foron deixadas nunha situación de incerteza cando Roma foi anexionada polas forzas do Piemonte ao resto da nova Italia, despois dunha resistencia nominal das forzas do Papa. Entre 1861 e 1929 a situación do Papa era coñecida como a "La Questione romana" (do lingua italiana: A cuestión romana). Aínda que os Papas podían estar no seu palacio e tiñan certos recoñecementos determinados pola Lei de Garantías, incluído o dereito de enviar e recibir embaixadores, non recoñeceron o dereito do Rei de Italia a gobernar en Roma, negándose a abandonar o recinto do Vaticano até que se resolveu a disputa no ano 1929. Cómpre destacar que algúns países seguiron mantendo o recoñecemento internacional da Santa Sé como unha entidade soberana e que na práctica Italia non fixo ningún intento de interferir coa Santa Sé dentro dos muros do Vaticano. Porén, foron confiscados bens da Igrexa en moitos outros lugares, sendo quizais o máis notable o Pazo do Quirinal, anterior residencia oficial do Papa. Pío IX (1846-1878), último gobernante dos Estados Pontificios, afirmou que despois da anexión de Roma era un "Prisioneiro no Vaticano".

Dos Pactos Lateranenses á actualidade
Artigo principal: Pactos Lateranenses.
 
Francisco.

Esta situación resolveuse finalmente o 11 de febreiro de 1929, nun tratado asinado por Benito Mussolini en nome do rei Vitor Manuel III e polo Secretario de Estado de Pío XI Pietro Gasparri, onde finalmente foi recoñecido o Estado independente da Cidade do Vaticano nos coñecidos como Pactos Lateranenses, dez anos despois, en 1939, estala a Segunda Guerra Mundial, na que o estado do Vaticano se declarou neutral, aínda que segundo Werner Kaltefleiter e Hans Peter Oschwald,[3] Hitler deu a orde de entrar no Vaticano e secuestrar ao Papa Pío XII en 1944, mais o xeneral das Schutzstaffel (SS) ao mando, Karl Wolff, fixo caso omiso da orde alegando cuestións éticas e morais, sendo relevado máis tarde do mando. En 1962 foi inaugurado no país o Concilio Vaticano II por Xoán XXIII, o que supuxo grandes trocos dentro da Igrexa católica, sendo clausurado tras anos despois polo papa Paulo VI. En 1981, o xefe de estado Xoán Paulo II sofre un atentado na Praza de San Pedro do Vaticano. En 1984, un novo concordato entre a Santa Sé e Italia modificou determinadas disposicións do tratado anterior de Latrán, incluída a posición do catolicismo romano como a relixión do Estado italiano. Xa no primeiro ano do século XXI o propio Xoán Paulo II promulgou a Lei Fundamental do Estado da Cidade do Vaticano, actualmente en vigor. En 2005 Bieito XVI foi elixido como novo Xefe de Estado da Cidade do Vaticano, renunciando ao seu posto o 11 de febreiro de 2013, sendo o primeiro Papa en facelo en séculos. O seu substituto e actual Xefe de Estado é Francisco.

Roma Cristiá e Pagá Columbia Encyclopedia Publicaron un libro titulado "Spione im Vatikan. Die Päpste im Visier der Geheimdienste", Editorial Pattloch, 2006.
Photographies by:
Statistics: Position
93
Statistics: Rank
478977

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
291785643Click/tap this sequence: 3418

Google street view

Where can you sleep near Cidade do Vaticano ?

Booking.com
488.965 visits in total, 9.195 Points of interest, 404 Destinos, 11 visits today.