O Panteón de Roma ou Panteón de Agripa (en italiano: Il Pantheon) é un edificio relixioso da Roma antiga que, en orixe, foi un templo consagrado a todas as divindades da relixión antiga, e que foi transformado nunha igrexa cristiá no século VII. É o único monumento do mundo antigo greco-romano que chegou até os nosos días practicamente intacto, de feito que non cesou aínda o seu uso desde que foi erguido.

O seu nome vén do grego πάνθειον (pántheion), adxectivo que significa «de todos os deuses», transformado en Pantheon polos autores latinos.

O Panteón está cuberto pola maior cúpula construída na Antigüidade que subsistise. Foi a meirande de Europa occidental até que, en 1436, Filippo Brunelleschi rematou a da catedral de Florencia.

É a arquitectura da Roma antiga que mellor conservada está poque sempre estivo en uso. Foi reconvertido en igrexa cristiá no 608 e adicado á Virxe polo que hoxe é denominado,...Ler máis

O Panteón de Roma ou Panteón de Agripa (en italiano: Il Pantheon) é un edificio relixioso da Roma antiga que, en orixe, foi un templo consagrado a todas as divindades da relixión antiga, e que foi transformado nunha igrexa cristiá no século VII. É o único monumento do mundo antigo greco-romano que chegou até os nosos días practicamente intacto, de feito que non cesou aínda o seu uso desde que foi erguido.

O seu nome vén do grego πάνθειον (pántheion), adxectivo que significa «de todos os deuses», transformado en Pantheon polos autores latinos.

O Panteón está cuberto pola maior cúpula construída na Antigüidade que subsistise. Foi a meirande de Europa occidental até que, en 1436, Filippo Brunelleschi rematou a da catedral de Florencia.

É a arquitectura da Roma antiga que mellor conservada está poque sempre estivo en uso. Foi reconvertido en igrexa cristiá no 608 e adicado á Virxe polo que hoxe é denominado, propiamente, como Basílica de Santa María ad Mártires, aínda que, o seu nome coloquial é Santa María Rotonda. Así, a praza fronte á edificación denomínase Piazza della Rotonda e dá nome a un distrito da cidade.

Hoxe é propiedade pública e está xestionado polo Ministerio de Bens e Actividades Culturais a través do Museo Central do Lacio.

Historia

A construción realizouse en dúas etapas ou dous momentos: o Panteón de Agripa e o Panteón de Hadriano.

Panteón de Agripa

O templo foi mandado construír por Marco Vipsanio Agripa, xenro de Octavio Augusto, a comezos do reinado deste no ano 27 a.C.[1] participando, deste xeito na política de embelecemento da cidade impulsada por Augusto[2] e quixo localizalo nas proximidades do Campo de Marte (Campus Martius) baixo a dirección de Marco Coceio Aucto.[3] De feito, situábase entre a Saepta Iulia e a basílica de Neptuno, construída a costa do propio Agripa nunha zona da súa propiedade, na que os baños de Agripa, a basílica de Neptuno e o propio Panteón estaban aliñados de sur a norte.[4]

 
Inscrición de Agripa, recolocada por Augusto

Semella probable que tanto o Panteón como a basílica de Neptuno fosen a sacra privada de Agripa (edificios privados de uso sagrado) e non aedes publicae (templos de uso público).[5] Esta función menos solemne podería axudar a explicar por que a memoria do nome orixinal e a súa función se perderon con tanta rapidez e facilidade (Ziolkowski especula que foi orixinalmente o templo de Marte no Campus Martius).[6] Dedicoullo a todos os deuses e, especialmente a Marte e Venus, divindades protectoras da familia Xulia. A inscrición orixinal de dedicación do edificio, conservada no friso do pronao, logo da reconstrución hadrianea, reza: M.AGRIPPA.L.F.COS.TERTIUM.FECIT ("Marco Agrippa, fillo de Lucio, cónsul por terceira vez, fíxoo"). Para datalo, cómpre ter n econta que o terceiro consulado de Agripa correspondeu precisamente ao ano 27 a.C., aínda que Dión Casio o cita xunto coa basílica de Neptuno e o Gymnasium Laconiano entre as obras que Agripa completou durante o 25 a.C[7]

Polos restos atopados, afinais do século XIX, a uns 2,50 metros por debaixo do edificio sábese que este primeiro templo era rectangular (43,76x19,82 metros)[8] cunha cela disposta transversalmente, máis ancha que longa (como a Templo da Concordia no Foro Romano e o pequeno Templo de Veiovis no Capitolio), construído en bloques de travertino cubertos con lousas de mármore. O edificio estaba orientado cara ao sur, en sentido contrario á reconstrución de Hadriano, precedido dun pronaos no lado longo que tiña 21,26 metros de ancho. Fronte a ela había unha zona circular descuberta, unha especie de praza que separaba o templo da basílica de Neptuno, cercada por un muro reticulado e cun chan en lousas de travertino. Sobre estas lousas colocáronse outras lousas de mármore, quizais durante a Restauración de Domiciano. O edificio de Agripa, porén, tiña un eixe central que coincidía co do edificio máis recente, e o ancho da cela era igual ao diámetro interno da rotonda. Toda a profundidade do edificio augusto tamén coincidía coa profundidade do pronao de Hadriano.

A única fonte que describe cales foron as decoracións do Panteón de Agripa é Plinio o Vello, quen o viu en persoa. Na súa Naturalis Historia relata, de feito, que os capiteis estaban realizados en bronce de Siracusa[9] e que a decoración incluía caríátides e estatuas frontais. As cariátides, colocadas nas columnas do templo, foran talladas por Dióxenes de Atenas.[10] O templo daba a unha praza (hoxe ocupada pola rotonda de Adriano) limitada no lado oposto pola basílica de Neptuno.

Dión Casio afirma que o "Panteón" tiña este nome quizais porque albergaba as estatuas de moitas divindades ou máis probablemente porque a cúpula do edificio recordaba a bóveda celeste (e polo tanto as sete divinidades planetarias), e que a intención de Agripa era a de crear un lugar de culto dinástico, dedicado aos deuses protectores da Gens Iulia (Marte e Venus), e onde se colocou unha estatua de Octavio Augusto, e dese conxunto de divindades derivaría o nome o edificio. Dado que o emperador se opoñía a ambos, Agripa mandou colocar unha estatua do divino Xulio (é dicir, do César divinizado) dentro e, fóra, no pronao, unha de Octavio e outra de si mesmo, en celebración da súa amizade e do seu celo polo ben público.[11]

No ano 80, produciuse un grande incendio en Roma que asolou varios templos e, entre eles, o templo de Agripa quedou completamente destruído.[12] Foron restaurados por Domiciano e, segundo Suetonio, este tiña o seu nome gravado neles.[13]

Panteón de Hadriano

O Panteón, volveu arder no 110 baixo Traxano e foi completamente reconstruído durante o reinado de Hadriano.[14] As marcas de fábrica achadas nos ladrillos de construción correspóndense cos anos 123–125, polo cal se supón que o novo templo foi inaugurado por Hadriano nunha data posterior, supóndose que o fixo entre 125 e 128. Aínda que ignoramos quen foi de certo o arquitecto que trazou a nova edificación, hai un consenso xeral entre os especialistas en atribuílo a Apolodoro de Damasco, se cadra o único capaz de acometer unha obra de tal envergadura, e que sabemos que vivía en Roma naquela altura.

No ano 609, o emperador bizantino Focas doouno ao papa, entón Bonifacio IV, quen o consagrou como igrexa cristiá, dedicándoo á María e aos mártires, de aí o seu nome de Sancta Maria ad Martyres; o mesmo papa fixo construír os altares e outras obras interiores. Esta nova dedicación posibelmente salvou o templo dunha máis que probábel destrución, como acontecería con moitos outros monumentos romanos ao longo, sobre todo, da Idade Media.

Agripa non se converteu en xenro de Augusto ata máis tarde, no 21 a.C. Suetonio, Vida dos Doce Césares; Augusto, XXIX Adam (1984), pp. 306-307 Dión Dione, Historia romana, Libro 53. 23.3 (en inglés). Ziolkowski (1999), pp. 55-56 Ziolkowski (1994), p. 27 Dión Casio, Historia Romana, LIII 27 Bandinelli e Torelli, 1976, p. 124 Plinio, Naturalis Historia, XXXIV, 7: Syracusana sunt in Pantheo capita columnarum a M. Agrippa posita. Plinio, Naturalis Historia, XXXVI, 38: Agrippae Pantheon decoravit Diogenes Atheniensis, et Caryatides in columnis Templi ejus probantur inter pauca operum, sicuti in fastigio posita signa, sed propter altitudinem loci minus celebrata. Dión Casio, Storia romana, LIII 27 Dión Casio, Historia romana, LXVI 24, 2 Suetonio, Vidas dos doce césares, Domiciano, V Elio Esparciano, Historia Augusta, Vida de Hadriano, 18
Photographies by:
Rabax63 - CC BY-SA 4.0
Nenesita1 - CC BY-SA 3.0
No machine-readable author provided. AlMare assumed (based on copyright claims). - Public domain
Statistics: Position
1858
Statistics: Rank
68046

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
419872365Click/tap this sequence: 3751

Google street view

Videos

Where can you sleep near Panteón de Roma ?

Booking.com
489.820 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 71 visits today.