Basilica di San Pietro in Vaticano

( Basílica de San Pedro )

A basílica papal de San Pedro (en latín: Basilica Sancti Petri, en italiano: Basilica Papale di San Pietro in Vaticano), coñecida comunmente como basílica de San Pedro, é un templo católico situado na Cidade do Vaticano. Con 193 metros de lonxitude, 44,5 metros de altura e 2,3 hectáreas de superficie, é a igrexa cristiá máis grande do mundo. A altura que lle confire a súa cúpula fai que sexa unha característica dominante no horizonte de Roma. É considerada como un dos lugares máis sagrados do catolicismo. Describiuse como «ocupante dunha posición única no mundo cristián», e como «a máis grande de todas as igrexas da cristiandade». É unha das catro basílicas maiores.

Na tradición católica, a basílica atópase situada sobre o lugar do enterro de san Pedro, que foi un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret, primeiro bispo de Antioquía, primeiro bispo de Roma e, polo tanto, o primeiro dos pontífices. A tradición e as evide...Ler máis

A basílica papal de San Pedro (en latín: Basilica Sancti Petri, en italiano: Basilica Papale di San Pietro in Vaticano), coñecida comunmente como basílica de San Pedro, é un templo católico situado na Cidade do Vaticano. Con 193 metros de lonxitude, 44,5 metros de altura e 2,3 hectáreas de superficie, é a igrexa cristiá máis grande do mundo. A altura que lle confire a súa cúpula fai que sexa unha característica dominante no horizonte de Roma. É considerada como un dos lugares máis sagrados do catolicismo. Describiuse como «ocupante dunha posición única no mundo cristián», e como «a máis grande de todas as igrexas da cristiandade». É unha das catro basílicas maiores.

Na tradición católica, a basílica atópase situada sobre o lugar do enterro de san Pedro, que foi un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret, primeiro bispo de Antioquía, primeiro bispo de Roma e, polo tanto, o primeiro dos pontífices. A tradición e as evidencias históricas e científicas sosteñen que a tumba de San Pedro está directamente debaixo do altar maior da basílica; por mor disto, moitos papas foron enterrados en San Pedro desde a época paleocristiá. No sitio da actual basílica foron construídas igrexas desde o século IV. A construción do actual edificio, sobre a antiga basílica constantiniana, comezou o 18 de abril de 1506, por orde do papa Xulio II, e finalizou o 18 de novembro de 1626.

Como obra arquitectónica, é considerada como o maior edificio da súa época. Malia a crenza popular, San Pedro non é unha catedral, xa que a Arquibasílica de San Xoán de Latrán é a catedral de Roma.

Historia Tumba de San Pedro
Artigo principal: Tumba de San Pedro.
 
Obelisco vaticano.

Logo da crucifixión de Xesús, no segundo cuarto do século I, rexístrase no libro bíblico dos Feitos dos Apóstolos que un dos seus doce discípulos, Simón Pedro, un pescador de Galilea, ocupa unha posición de liderado entre os seus seguidores, tendo grande importancia na fundación da Igrexa cristiá.

Simón Pedro, logo dun ministerio duns trinta anos, viaxou a Roma. No ano 64, durante o reinado do emperador Nerón, os cristiáns foron responsabilizados do grande incendio de Roma, polo que Pedro foi martirizado, do mesmo xeito que outros moitos cristiáns. Foi crucificado cabeza abaixo, por petición propia, porque consideraba indigno morrer da mesma xeito que o fixo Cristo[1] A crucifixión tivo lugar preto do obelisco exipcio que había nun extremo do Circo de Nerón. Este obelisco foi traído desde a cidade de Heliópolis por Calígula no ano 37 d.C.[2] Hoxe en día atópase na Praza de San Pedro, e é venerado como unha «testemuña» da morte do apóstolo. É un dos varios antigos obeliscos de Roma[3]

 
A tumba de San Pedro vista desde as Grutas Vaticanas.

Segundo a tradición, os restos de Pedro foron enterrados nos arredores do circo, no Outeiro Vaticano, avanzando pola Vía Cornelia, que partía do Circo, a menos de 150 m do lugar da súa morte. A tumba de Pedro estaba marcada por unha rocha de cor vermella, símbolo do seu nome, que lles servía aos cristiáns para identificala e, ao mesmo tempo, carecía de sentido para os non cristiáns, o que evitaba posibles represalias. Anos máis tarde, neste lugar construíse un santuario, que case 300 anos despois converteuse na Antiga Basílica de San Pedro.[2]

En 1939, durante o papado de Pío XII, realizouse unha investigación arqueolóxica de 10 anos de duración na cripta da basílica, que permanecía inaccesible desde o século IX. De feito, a área cuberta pola Cidade do Vaticano fora un cemiterio desde antes da construción do circo de Nerón. Ademais, alí eran enterradas as vítimas das execucións do circo, así como numerosos cristiáns que optaban por ser enterrados preto do apóstolo. As escavacións revelaron, en diferentes niveis, os restos dos santuarios que existiron nas épocas de Clemente VIII (1594), Calisto II (1123) e Gregorio I (590-604). Todas as construcións atopábanse sobre unha edícula que contiña fragmentos de ósos nun pano de papel tinguido de púrpura con adornos de ouro. Malia que non se puido determinar con certeza que os ósos foran os de Pedro, as vestimentas suxerían un enterro de grande importancia. O 23 de decembro de 1950, o papa Pío XII anunciou o descubrimento da tumba de San Pedro.[4]

Antiga basílica
Artigo principal: Antiga Basílica de San Pedro.
 
Debuxo realizado por H.W. Brewer en 1891 do estado da basílica en 1483-1506.

A antiga basílica foi construída no lugar onde se atopaba a tumba de Pedro, non lonxe do circo de Nerón. As obras foron ordenadas polo emperador Constantino, a expensas do papa Silvestre I; comezaron entre o 326 e o 330, e finalizaron 30 anos despois. Ante o altar maior desta igrexa foron coroados moitos emperadores, como Carlomagno, a quen o papa León III impuxo a coroa imperial o día de Nadal do ano 800.[5][6]

Plan de reconstrución

A finais do século XV, tralo período do papado de Aviñón, debido a que a basílica paleocristiana atopábase bastante deteriorada e ameazaba con derrubarse, o Papa Nicolao V encargou a súa reconstrución a Leon Battista Alberti e a Bernardo Rosellino, que foi o encargado de deseñar os cambios máis importantes, en 1452, mais os traballos interrompéronse tan só tres anos despois á morte do Papa, cando os muros tan só alcanzaban a erguerse un metro do chan. No seu proxecto, Rossellino mantivo o corpo lonxitudinal de cinco naves cubertas con teitos abovedados e renovou o transepto coa construción dunha ábsida máis ampla a que engadiu un coro; esta nova intersección entre o cruceiro e a ábsida cubriríase cunha bóveda. Esta configuración ideada por Rossellino influíu no posterior proxecto de Bramante. É con Xulio II en 1506 cando se reinician as obras acollendo o deseño proposto por Bramante, terminándose finalmente con Paulo V en 1626, grazas ás indulxencias que se venderon para o financiamento da obra. Debido a estas "indulxencias", un monxe alemán, Martiño Lutero, escusouse de vendelas e escribiu unha carta a Albrecht de Mainz en contra destas, incluíndo tamén o seu "Cuestionamento de Martiño Lutero ao Poder e Eficacia das Indulxencias", as que logo se coñeceron como "as 95 teses", que logo se converteron nun factor do comezo da Reforma e por tanto do nacemento do Protestantismo.

Para a construción da basílica houbo dous proxectos iniciais, un realizado por Bramante e outro por Rafael, sendo o primeiro un proxecto de cruz grega e o segundo de cruz latina. Posteriormente, Michelangelo retomou o proxecto de cruz grega de Bramante, deseñando tamén a cúpula da basílica, onde está escrito "Ti es Pedro e sobre esta pedra edificarás a miña igrexa". O último arquitecto que interveu na construción foi Gian Lorenzo Bernini.

Na actualidade permítese a súa visita, incluída a cúpula, sempre tendo en conta que hai que vestir con recato. Está prohibida a entrada con tirantes e pantalóns curtos tanto a homes como a mulleres. Entre os moitos datos de interese sobre a basílica pódense destacar, por exemplo, que na nave central de mesma foi onde se reuniu o Concilio Vaticano II de 1962 a 1965, que a basílica é onde están enterrados a maioría do Papas, que na fachada se abren cinco portas, aínda que unha delas (a Porta Santa) só se abre cada 25 anos polos anos xubilares romanos ou que constitúe o maior templo da cristiandade do mundo.

Enciclopedia católica (ed.). "San Pedro, príncipe de los apóstoles." (en castelá). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2011. Consultado o 30 de abril de 2011.  ↑ 2,0 2,1 Lees-Milne, James (1967). Hamish Hamilton, ed. "San Pedro: la historia de la Basílica de San Pedro en Roma." (en inglés). Londres. OCLC 1393052. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2013.  Andrea Pollett. "Obeliscos en Roma" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2011. Consultado o 30 de abril de 2011.  P. Jorge Loring, S.I. Catholic.net, ed. "La tumba de San Pedro" (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2011. Identificación científica de la tumba y los huesos de San Pedro  Boorsch, Suzanne (Inverno de 1982-1983). "The Building of the Vatican: The Papacy and Architecture". The Metropolitan Museum of Art Bulletin 40 (3): 4–8.  Guarducci, Margherita (1960). Hawthorn Books, ed. The Tomb of St Peter (en inglés). Consultado o 30 de maio de 2011. 
Photographies by:
Statistics: Position
462
Statistics: Rank
183780

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
467329581Click/tap this sequence: 2217

Google street view

Where can you sleep near Basílica de San Pedro ?

Booking.com
489.369 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 7 visits today.