St Paul's Cathedral

( Catedral de San Paulo de Londres )

A catedral de San Paulo (en inglés: Saint Paul's Cathedral) é unha catedral anglicana de Londres, en Inglaterra, que pertence á Igrexa de Inglaterra, sendo a sé da diocese e do bispo de Londres. Foi construída entre 1676 e 1710, baixo a dirección do arquitecto Christopher Wren, sobre as ruínas da antiga catedral medieval destruída polas lapas durante o Grande incendio de 1666.

A catedral de San Paulo é un dos máis sonados e recoñecíbeis lugares de interese da cidade. Coa súa inmensa cúpula, enmarcada polas torres, dominan o horizonte de Londres dende hai 300 anos. Con 111 metros de altura (365 pés), foi o edificio máis alto de Londres dende 1710 até 1962. En termos de superficie, San Paulo é unha das maiores catedrais cristiás do mundo. En Europa, só a basílica de San Pedro do Vaticano é maior.

Ocupa un lugar especial na identidade nacional da poboación de Inglaterra e foi escenario de importantes acontecementos da historia británic...Ler máis

A catedral de San Paulo (en inglés: Saint Paul's Cathedral) é unha catedral anglicana de Londres, en Inglaterra, que pertence á Igrexa de Inglaterra, sendo a sé da diocese e do bispo de Londres. Foi construída entre 1676 e 1710, baixo a dirección do arquitecto Christopher Wren, sobre as ruínas da antiga catedral medieval destruída polas lapas durante o Grande incendio de 1666.

A catedral de San Paulo é un dos máis sonados e recoñecíbeis lugares de interese da cidade. Coa súa inmensa cúpula, enmarcada polas torres, dominan o horizonte de Londres dende hai 300 anos. Con 111 metros de altura (365 pés), foi o edificio máis alto de Londres dende 1710 até 1962. En termos de superficie, San Paulo é unha das maiores catedrais cristiás do mundo. En Europa, só a basílica de San Pedro do Vaticano é maior.

Ocupa un lugar especial na identidade nacional da poboación de Inglaterra e foi escenario de importantes acontecementos da historia británica como, por exemplo, os funerais de Horatio Nelson, o duque de Wellington, Winston Churchill e Margaret Thatcher; o xubileu das raíñas Vitoria e Isabel II de Inglaterra ou a voda do príncipe Carlos con Diana Spencer.

Historia
 
Fachada principal.

No local que hoxe ocupa construíuse a primeira igrexa de Inglaterra, en madeira, contra o ano 604 grazas a Melito de Canterbury, un seguidor de santo Agostiño, cuxa misión era converter os anglosaxóns. Esta construción orixinal foi renovada nos anos 675, 962 e 1087.

Tralo establecemento da acta de Supremacía (1534), a catedral caeu no esquecemento até que Inigo Jones comezou a súa restauración en 1633, engadindo o pórtico neoclasicista.Porén, a antiga catedral de San Paulo queimouse no Grande incendio de Londres e tivo que ser reconstruída. A cargo desta tarefa estivo Wren, que a reconsiderou en estilo barroco.

James Thornhill pintou imaxes da vida de san Paulo na cúpula, Grinling Gibbons tallou a madeira do coro e do grandioso órgano, Jean Tijoy realizou os enreixados do coro e xeracións posteriores continuaron co enfeite do templo. O mosaico do coro é de inspiración bizantina e representa a creación do mundo segundo o Xénese. Foron engadidos a finais do século XIX e comezos do XX por Stevens, Watts, Britten e mais Richmond, xunto coa Luz do mundo de William Holman Hunt. A obra Nai e fillo, de Henry Moore, situouse na nave noroeste, e a arte contemporánea continúa enriquecendo este templo.

A catedral de San Paulo sobreviviu aos bombardeos aéreos a Londres durante a Segunda Guerra Mundial. Unha das imaxes máis coñecidas de Londres durante a guerra era unha fotografía de San Paulo o 29 de decembro de 1940, durante o "segundo Grande incendio de Londres", obra do fotógrafo Herbert Mason dende o faiado da Daily Mail no Tudor Street, amosando a catedral envolta en fume. Lisa Jardine do Queen Mary College de Londres, escribiu:

"Envolta en nubes de fume, en medio do caos e a destrución da guerra, a pálida cúpula mantense orgullosa e gloriosa, indomábel. Ao tempo dese ataque aéreo, Sir Winston Churchill telefonou á Guildhall para insistir en que todos os recursos de loita contra incendios se dirixirían a San Paulo. Cómpre salvar a catedral, dixo, o dano ao tecido minaría a moral do país".

Nela teñen lugar os eventos de importancia nacional, como a cerimonia dos casamentos reais (como a do príncipe Carlos coa princesa Diana), os funerais dos heroes nacionais como Winston Churchill e Lord Nelson - soterrado na cripta, que se pode visitar - e moitas conmemoracións, como por exemplo as dos atentados terroristas do 2001 (nos Estados Unidos de América) e do 2005 (en Londres). O 17 de abril 2013, a catedral foi o escenario principal do funeral de Margaret Thatcher.[1]

"El funeral de Margaret Thatcher, en directo". La Vanguardia. 17 de abril 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2015. 
Photographies by:
Mark Fosh - CC BY 2.0
Statistics: Position
404
Statistics: Rank
201137

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
637912485Click/tap this sequence: 4847

Google street view

Where can you sleep near Catedral de San Paulo de Londres ?

Booking.com
489.335 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 162 visits today.