Pražský hrad

( Castelo de Praga )

O Castelo de Praga (en checo: Pražský hrad) é un castelo situado na cidade de Praga dende o cal gobernaron diferentes Reis de Bohemia, Emperadores do Sacro Imperio Romano e presidentes de Checoslovaquia e da República Checa. A pesar dos sucesivos incendios e invasións, é un dos máis notables, suntuosos e emblemáticos vestixios do gran pasado histórico, cultural e social da capital da República Checa. Nel atópanse as xoias da Coroa de Bohemia.

De acordo co Libro Guinness dos Récords, o Castelo de Praga é a maior fortaleza do mundo cunha área de case 70.000 m², sendo 570 metros de lonxitude e unha media duns 130 metros de ancho. O interior do complexo alberga a Catedral de Praga, o convento de San Xurxo, que contén arte antiga de Bohemia, a basílica de San Xurxo, o Palacio Real e galerías de pintura renacentista e barroca, entre outras moitas cousas. Foi remodelado polo arquitecto Jože Plečnik entre 1920 e 1934 a petición do primeiro preside...Ler máis

O Castelo de Praga (en checo: Pražský hrad) é un castelo situado na cidade de Praga dende o cal gobernaron diferentes Reis de Bohemia, Emperadores do Sacro Imperio Romano e presidentes de Checoslovaquia e da República Checa. A pesar dos sucesivos incendios e invasións, é un dos máis notables, suntuosos e emblemáticos vestixios do gran pasado histórico, cultural e social da capital da República Checa. Nel atópanse as xoias da Coroa de Bohemia.

De acordo co Libro Guinness dos Récords, o Castelo de Praga é a maior fortaleza do mundo cunha área de case 70.000 m², sendo 570 metros de lonxitude e unha media duns 130 metros de ancho. O interior do complexo alberga a Catedral de Praga, o convento de San Xurxo, que contén arte antiga de Bohemia, a basílica de San Xurxo, o Palacio Real e galerías de pintura renacentista e barroca, entre outras moitas cousas. Foi remodelado polo arquitecto Jože Plečnik entre 1920 e 1934 a petición do primeiro presidente checoslovaco Tomáš Masaryk.

Historia
 
O Castelo en 1870.

A historia do castelo remóntase ao século IX, ao redor do ano 870. O primeiro edifico do complexo edificado foi a Igrexa da Virxe María. A Basílica de San Xurxo e a Catedral de San Vito foron fundadas pouco despois, cara a primeira metade do século X. A continuación fóronse construíndo diversas edificacións, primeiro foi aberto o primeiro convento de Bohemia xunto á igrexa de San Xurxo e no século XII construíuse o Palacio Románico. No século XIV, baixo o reinado de Carlos IV, o Palacio Real foi reconstruído en estilo gótico e a fortificación do castelo fortaleceuse. Como substitución da rotonda e posterior basílica de San Vito, foi iniciada a construción dunha gran igrexa gótica, a cal abarca case seis séculos de obras. Durante as guerras husitas e décadas seguintes o castelo deixou de estar habitado, trasladándose a familia real cara o Castelo de Vyšehrad ao sur.

En 1485, o rei Vladislao II comezou a reconstruír o castelo, erixindo no Palacio Real o xigantesco Recibidor de Vladislao (construído por Benedikt Rejt). Ademais se construíron novas torres de defensa no lado norte do castelo. Medio século despois, en 1541, un gran incendio destruíu gran parte do castelo. Baixo a man dos Habsburgo foron construídos novos edificios de estilo renacentista. O emperador Fernando I construíu o Belvedere, un pazo de verán para a súa esposa Ana. Rodolfo II utilizou o Castelo como a súa residencia principal e na zona norte do palacio a Sala Hispánica, onde exhibiu a súa gran colección artística. Coa Segunda Defenestración de Praga de 1618 comezou a revolta de Bohemia e coa guerra a deterioración e danado do Castelo. Case medio século despois, en 1648, moitas das obras da colección de Rodolfo II foron saqueadas polos suecos durante curso da Guerra dos Trinta Anos. A última gran reconstrución do castelo foi levada a cabo pola raíña María Tareixa na segunda metade do século XVIII. Fernando V, despois da abdicación en 1848, escolleu o Castelo de Praga como a súa residencia.

En 1918 o castelo converteuse na sede do Presidente da nova República de Checoslovaquia. O novo Palacio Real e os xardíns foron renovados polo arquitecto esloveno Jože Plečnik. As renovacións continuaron até 1936 baixo a dirección do sucesor de Plečnik, Pavel Janák. Durante a ocupación nazi de Checoslovaquia durante a Segunda Guerra Mundial, o Castelo de Praga converteuse na sede do "Protector do Reich de Bohemia e Moravia" Konstantin von Neurath e o seu adxunto, Reinhard Heydrich. Dise que Heydrich colocou a coroa de Bohemia na cabeza; vellas lendas din que un usurpador que poña a coroa na súa cabeza está condenado a morrer dentro dun ano. Menos dun ano despois de asumir o poder Heydrich foi asasinado. Despois da liberación de Checoslovaquia, pasou a albergar as oficinas do novo goberno comunista. Despois da división de Checoslovaquia entre a República Checa e Eslovaquia, o castelo converteuse na sede do Xefe de Estado da nova república.

Photographies by:
Statistics: Position
1754
Statistics: Rank
71139

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
265819743Click/tap this sequence: 2194

Google street view

Where can you sleep near Castelo de Praga ?

Booking.com
489.875 visits in total, 9.197 Points of interest, 404 Destinos, 40 visits today.