Staroměstský orloj

( Reloxo Astronómico de Praga )

O Reloxo Astronómico de Praga (en checo: Staroměstský orloj) é un reloxo astronómico medieval, localizado en Praga, capital da República Checa. Este reloxo foi montado na parede sur da Casa do Concello da praza principal da Cidade Vella. Constitúe unha das atraccións turísticas da cidade.

O reloxo está formado por tres compoñentes principais: o mostrador ou cuadrante astronómico, que representa a posición do Sol e da Lúa no ceo, alén de amosar varios detalles celestes; a ”Camiñada dos Apóstolos”, un espectáculo mecánico que se representa a cada cambio de hora coas figuras dos apóstolos e outras esculturas con movemento; e un calendario circular con medallóns que representan os meses (ou zodíaco, como aparece nalgúns textos).

Historia

A parte máis antiga do Orloj, composta polo reloxo mecánico é o mostrador astronómico, feito polo reloxeiro Mikulas de Kadan e Jan Sindel, máis tarde profesor de matemática e astronomía da Universidade de Charles, en 1410. Este reloxo é o terceiro do seu tipo. O primeiro foi construído en Padua en 1334.

Máis tarde (disque en torno de 1490) engádese o calendario circular. Ademais a fachada do reloxo foi decorada con esculturas góticas.

En 1552 foi reparado polo mestre-reloxeiro Jan Táborský, que tamén escribiu un relato sobre o mesmo onde menciona que Jan Huze, tamén coñecido como Hanus, fora o construtor do reloxo; información enganosa que non foi corrixida até o século XX.

Despois das reparacións de 1552, o reloxo parou de traballar e foi reparado moitas máis veces. No século XVII, engadíronse as estatuas móbiles. As figuras dos apóstolos, no cume, foron adicionadas nunha gran reparación entre 1865 e 1866.

O reloxo sufriu moitos danos ao final da Segunda Guerra Mundial cando os alemáns apuntaron fogo da artillaría á casa do concello. Toda a área foi queimada, xunto coas esculturas de madeira do Orloj, así como a face do calendario, de gran valor artístico, obra de Josef Manes. A máquina orixinal foi reparada e o reloxo volveu ao seu funcionamento normal en 1948.

Existen algunhas historias pouco realistas sobre a construción do reloxo astronómico. Por moito tempo, creuse que fora construído en 1490 polo mestre-reloxeiro Hanus e mailo seu asistente Jakub Čech. Outra historia ficticia di que o mesmo reloxeiro foi cegado para que non puidese construír outro reloxo semellante.

O cuadrante astronómico do reloxo
Photographies by:
Ray Swi-hymn from Sijhih-Taipei, Taiwan - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
2092
Statistics: Rank
59798

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
943165278Click/tap this sequence: 2117

Google street view

Where can you sleep near Reloxo Astronómico de Praga ?

Booking.com
489.288 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 115 visits today.