Starý židovský hřbitov v Praze-Josefově

( Antigo cemiterio xudeu de Praga )

O antigo cemiterio xudeu de Praga (en checo: Starý židovský hřbitov) atópase no barrio xudeu de Praga (na República Checa), o Josefov. Foi empregado dende o século XV (a súa tumba máis antiga, a de Avigdor Kara, que data de antes de 1439) até o ano 1787.

O seu antecesor foi outro cemiterio chamado «O xardín xudeu», situado no Barrio novo de Praga e atopado recentemente grazas a diversas escavacións arqueolóxicas.

O número de tumbas de xente enterrada é incerto, porque hai varias capas de tumbas. En calquera caso, estimouse que hai aproximadamente 12 000 tumbas aparentemente visibles, nas cales descansan máis de 100 000 xudeus.

Algunhas das persoas máis famosas enterradas no cemiterio son Mordecai Maisel (1601), Rabbi Judah Loew (1609), David Gans (1613) e David Oppenheim (1736).

Historia

Non está claro cando foi fundado exactamente o cemiterio. Isto foi tema de discusión de moitos expertos. Algúns deles aseguran que o cemiterio data do século V. Outros en cambio dátano na primeira metade do século XV, xa que a tumba máis antiga pertence ó rabino e poeta Avigdor Kara (1439) e atribúen a súa fundación ao rei Otakar II de Bohemia.

De acordo coa Halajá, os xudeus non deben destruír tumbas xudías, e tampouco se lles permite transportar unha tumba a outro lugar. Isto significa que cando o cemiterio quedou sen espazo e conseguir terra extra era imposible, máis capas de terra emprazáronse sobre as tumbas existentes, de maneira que as tumbas vellas quedaban desprazadas e enterradas baixo as novas capas de terra. Isto explica porqué as tumbas do cemiterio están emprazadas tan preto as unhas das outras. Ó final, o cemiterio acumulou máis de doce capas de terra.

Photographies by:
josefstuefer - CC BY-SA 3.0
Tony Hisgett from Birmingham, UK - CC BY 2.0
Statistics: Position
105
Statistics: Rank
446219

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
942378615Click/tap this sequence: 3145

Google street view

Videos

Where can you sleep near Antigo cemiterio xudeu de Praga ?

Booking.com
487.412 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 38 visits today.