Ponte de D. Luís (Porto)
( Ponte Don Luís I )Oficialmente designada "Ponte Luiz I", construída de acordo co proxecto do Enxeñeiro Teófilo Seyrig, que xa colaborara con Eiffel na Ponte de Dona María, foi inaugurada o 31 de outubro de 1886[1] polo propio Luís I de Portugal.
A Ponte de Don Luís, que veu substituír a Ponte Pénsil, está constituída por un arco de ferro e cinco piares e ten a particularidade de ter dous taboleiros metálicos con cinco metros de largura cada un. O taboleiro superior ten de longo 391 metros e o inferior 174. A ponte é unha auténtica filigrana de ferro e, xuntamente coa Torre dos Clérigos, é un dos símbolos do Porto.
A Ponte de Don Luís permitiu unha ligazón viaria desafogada entre as zonas baixa e alta de Vila Nova de Gaia e do Porto e, dunha forma máis xeral, entre o norte e o sur do país, durante largas décadas. A partir da segunda metade do século XX, no entanto, comezou a revelarse insuficiente para asegurar o transito automóbil entre as dúas marxes.
↑ Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome STRUCTURAE
Engadir un novo comentario