Templo de Kukulcán

( Templo de Kukulkán )

O templo de Kukulkán (estrutura tamén coñecida co nome de «El Castillo», debido a que os conquistadores españois no século XVI buscaban algunha similitude arquitectónica coas existentes no continente europeo), é un edificio prehispánico situado na península do Iucatán, no actual estado do mesmo nome. O actual templo foi construído no século XII d. C. polos maias itzaes na súa capital, a cidade de Chichén Itzá, fundada orixinalmente no século VI d. C. O seu deseño ten unha forma xeométrica piramidal; conta con nove niveis ou basamentos, catro fachadas principais cada unha cunha escalinata central, e unha plataforma superior rematada por un templete. Nesta construción rendeuse culto ao deus maia Kukulkán (en lingua maia: Serpe Emplumada), razón pola cal poden apreciarse motivos serpentinos na decoración arquitectónica. Por outra banda tamén conta con simbolismos que fan alusión aos números máis importantes utilizados no calendario solar agrícola, o calendario Tzolkin (calendari...Ler máis

O templo de Kukulkán (estrutura tamén coñecida co nome de «El Castillo», debido a que os conquistadores españois no século XVI buscaban algunha similitude arquitectónica coas existentes no continente europeo), é un edificio prehispánico situado na península do Iucatán, no actual estado do mesmo nome. O actual templo foi construído no século XII d. C. polos maias itzaes na súa capital, a cidade de Chichén Itzá, fundada orixinalmente no século VI d. C. O seu deseño ten unha forma xeométrica piramidal; conta con nove niveis ou basamentos, catro fachadas principais cada unha cunha escalinata central, e unha plataforma superior rematada por un templete. Nesta construción rendeuse culto ao deus maia Kukulkán (en lingua maia: Serpe Emplumada), razón pola cal poden apreciarse motivos serpentinos na decoración arquitectónica. Por outra banda tamén conta con simbolismos que fan alusión aos números máis importantes utilizados no calendario solar agrícola, o calendario Tzolkin (calendario sacro) e a roda calendárica. A aliñación da construción da pirámide permite que se poidan observar diversos fenómenos de luz e sombra, os cales se producen no seu propio corpo durante os equinoccios e solsticios cada ano.

En 1988, a UNESCO declarou a cidade maia de Chichén Itzá como Patrimonio da Humanidade. Case 20 anos despois, o cineasta suízo Bernard Weber convocou por medio da New Open World Corporation unha «elección global» (isto é, baseada en internet e na que teoricamente calquera con acceso á rede podía votar) para elixir as Novas marabillas do mundo, resultando elixido o templo de Kukulkán desde o 7 de xullo de 2007 como unha das «Novas sete marabillas do mundo contemporáneo». Cabe mencionar que foi esta estrutura —e non o sitio arqueolóxico na súa totalidade— a que resultou gañadora. Esta confusión débese a que a pirámide de Kukulcán é unha das principais estruturas do lugar.

Photographies by:
Alastair Rae from London, United Kingdom - CC BY-SA 2.0
Statistics: Position
321
Statistics: Rank
234436

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
487213596Click/tap this sequence: 5624

Google street view

Where can you sleep near Templo de Kukulkán ?

Booking.com
489.369 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 7 visits today.