Chichén Itzá

Chichén Itzá é unha cidade arqueolóxica maia localizada no estado mexicano do Iucatán, en México. O nome Chichén-Itzá ten raíz maia e significa "na beira do pozo do pobo Itza". Vestixio importante da civilización maia, as edificacións principais corresponden co período clásico serodio ou posclásico temperán (800-1100 dC.).

A arquitectura monumental que chegou até os nosos días, que é emblemática do xacemento, ten unha clara influencia tolteca. O deus que preside o sitio, segundo a mitoloxía maia, é Kukulcán, representación maia de Quetzalcóatl, deus tomado do panteón da cultura tolteca.

Chichén Itzá foi unha cidade ou un centro cerimonial, que pasou por diversas épocas construtivas e influencias dos distintos pobos que a ocuparon e que a fixeron medrar dende a súa fundación.

A zona arqueolóxica de Chichén Itzá foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988. O 7 de xullo de 2007, o Templo de Kukulcán, en Chichén Itzá, foi reco...Ler máis

Chichén Itzá é unha cidade arqueolóxica maia localizada no estado mexicano do Iucatán, en México. O nome Chichén-Itzá ten raíz maia e significa "na beira do pozo do pobo Itza". Vestixio importante da civilización maia, as edificacións principais corresponden co período clásico serodio ou posclásico temperán (800-1100 dC.).

A arquitectura monumental que chegou até os nosos días, que é emblemática do xacemento, ten unha clara influencia tolteca. O deus que preside o sitio, segundo a mitoloxía maia, é Kukulcán, representación maia de Quetzalcóatl, deus tomado do panteón da cultura tolteca.

Chichén Itzá foi unha cidade ou un centro cerimonial, que pasou por diversas épocas construtivas e influencias dos distintos pobos que a ocuparon e que a fixeron medrar dende a súa fundación.

A zona arqueolóxica de Chichén Itzá foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1988. O 7 de xullo de 2007, o Templo de Kukulcán, en Chichén Itzá, foi recoñecido como unha das novas sete marabillas do mundo, por unha iniciativa privada sen o apoio da Unesco, pero co recoñecemento de millóns de votantes arredor do mundo.

Nos equinoccios, pola pirámide de chanzos co Castelo parece baixar unha serpe, efecto óptico co Sol como protagonista, logrado polos arquitectos maias.

Photographies by:
Statistics: Position
254
Statistics: Rank
269544

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
517924386Click/tap this sequence: 1396

Google street view

Where can you sleep near Chichén Itzá ?

Booking.com
487.383 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 9 visits today.