Sevilla

Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima.

Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005). É o principal centro artístico, cultural, financeiro, económico e social do sur de España e un dos máis importantes do sur de Europa. É ademais un importante centro industrial de novas tecnoloxías e aeronáutica (factoría de EADS-CASA establecida no aeroporto). Sevilla e os seus núcleos de poboación satélites non constitúen unha verdadeira área metropolitana senón unha aglomeración urbana, pois carece dun órgano de coordinación no que estean representados tódolos organismos con competencias metropolitanas, tales como os concellos. Aínda que hai órganos mancomunados que se encargan da xestión metropolitana de certas actividades sect...Ler máis

Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima.

Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005). É o principal centro artístico, cultural, financeiro, económico e social do sur de España e un dos máis importantes do sur de Europa. É ademais un importante centro industrial de novas tecnoloxías e aeronáutica (factoría de EADS-CASA establecida no aeroporto). Sevilla e os seus núcleos de poboación satélites non constitúen unha verdadeira área metropolitana senón unha aglomeración urbana, pois carece dun órgano de coordinación no que estean representados tódolos organismos con competencias metropolitanas, tales como os concellos. Aínda que hai órganos mancomunados que se encargan da xestión metropolitana de certas actividades sectoriais (augas, residuos etcétera), non pode por tanto falarse de área metropolitana no seu sentido máis estrito.

De indubidable interese turístico, grazas a numerosos monumentos, prazas, xardíns, igrexas etcétera. Conserva o meirande centro histórico-artístico de Europa. De entre os seus monumentos máis famosos, a Giralda (antigo alminar da mesquita maior, hoxe campanario da Catedral) e a Torre del Oro son os dous máis coñecidos.

Dos seus barrios, Triana, La Macarena, Santa Cruz, Los Remedios, Heliópolis e Nervión son os máis famosos. A Giralda, a Catedral, o Alcázar, o Arquivo de Indias e a súa contorna foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.

A tan só 20 m sobre o nivel do mar, entre Vega e a Campiña do río Guadalquivir, e á beira deste, conforma unha aglomeración urbana que se estende cara ó Aljarafe, As Marismas, o Parque Nacional de Doñana, a Serra Norte e a Serra Sur.

Historia
Artigo principal: Historia de Sevilla.

Sevilla é unha das cidades máis importantes na historia de España desde a Idade Antiga en que xurdiu un primeiro núcleo identificado coa cultura tartesa e que, tras a súa destrución atribuída aos cartaxineses, deu paso á cidade romana de Hispalis, xunto á que se construíu a colonia de Itálica. Durante o reino visigodo aloxou nalgunhas ocasións a corte. En Al-Andalus, tras a invasión musulmá, foi primeiro sede dunha cora e despois capital dun reino de taifas. No ano 844 foi saqueada polos viquingos remontando o río Guadalquivir decidindo o emir de Córdoba fortalecer o seu sistema defensivo.

En 1248 incorporouse á cristiá Coroa de Castela, ao ser conquistada baixo o reinado de Fernando III, quen foi o primeiro en ser enterrado na Catedral de Sevilla. A partir de entón Sevilla, repoboada pola aristocracia castelá, como capital do Reino de Sevilla foi unha das cidades con voto en cortes e aloxou a corte itinerante en numerosas ocasións. Durante a Baixa Idade Media a cidade, o seu porto e a súa activa colonia de mercadores xenoveses situáronse nunha posición periférica pero importante no comercio internacional europeo. Nese tempo sufriu dramáticas convulsións económicas demográficas e sociais como a Peste Negra de 1348 ou a revolta contra os xudeus de 1391.

 
O porto de Indias, que no século XVI albergaba un gran número de embarcacións ao longo do río Guadalquivir. Obsérvase ao fondo Giralda, á esquerda a ponte de de barcas e á dereita a Torre do Ouro.

Tras o descubrimento de América en 1492, Sevilla converteuse no centro económico do Imperio español. Os Reis Católicos fundaron a Casa de Contratación, desde onde se dirixían e contrataban as viaxes, controlaban as riquezas que entraban de América e, xunto coa Universidade de Mercadores, regulaban as relacións co Novo Mundo.[1]

Durante o século XVI a cidade experimentou un gran desenvolvemento e transformación e construíronse algúns dos edificios máis importantes do centro histórico.[2] A cidade chegou a ser un centro multicultural o que axudaría ao nacemento das artes, xogando un papel importante no Século de Ouro español. Destacaron entón as fábricas de xabón do barrio de Triana, a artesanía da seda e a cerámica sevillana.

Coincidindo co seu momento artístico máis brillante, o Barroco, viuse afectada pola crise do século XVII, o que significou unha decadencia económica e demográfica, á vez que a navegación polo Guadalquivir dificultábase cada vez máis, ata que o monopolio comercial e as súas institucións trasladáronse a Cádiz. Nesta época a cidade padeceu ademais outra grande epidemia de peste que reduciu aproximadamente á metade a súa poboación.

A revitalización da cidade no século XIX, coa industrialización e o desenvolvemento da rede ferroviaria española, coincidiu coa época romántica.

Durante o século XX, ademais de sufrir a represión da Guerra Civil e a posterior ditadura militar, presenciou fitos decisivos como a Exposición Iberoamericana de 1929, a Exposición Universal de 1992 ou a súa elección como capital da autonomía andaluza.[3]

destinosevilla.com (ed.). "Historia de Sevilla". Arquivado dende o orixinal o 28-10-2008. Consultado o 12-12-2008.  Albardonedo Freire, Antonio (2002) Universidade de Sevilla (ed.). "Historia de Sevilla. Nuestra ciudad". Arquivado dende o orixinal o 23-12-2008. Consultado o 13-12-2008. 
Photographies by:
Statistics: Position
2376
Statistics: Rank
52071

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
718236594Click/tap this sequence: 7545

Google street view

Where can you sleep near Sevilla ?

Booking.com
489.344 visits in total, 9.196 Points of interest, 404 Destinos, 171 visits today.