Naranjo de Bulnes

( Pico Urriellu )

O Pico Urriellu (en asturiano: Picu Urriellu), tamén coñecido como Naranjo de Bulnes, é un pico calcáreo de orixe paleozoica situado no Macizo Central dos Picos de Europa, España. Entre os habitantes da zona é coñecido como “Picu Urriellu”, denominación derivada do nome do Macizo Central como “Los Urrieles”. Administrativamente o Naranjo de Bulnes atópase situado no concello asturiano de Cabrales e dentro do Parque Nacional dos Picos de Europa.

A primeira referencia escrita ao “Pico Urriellu” como “Naranjo de Bulnes” débese ao enxeñeiro e xeólogo alemán Guillermo Schulz Schweizer que en 1855 editou o primeiro mapa topográfico e xeolóxico de Asturias. Así a todo, a orixe desta denominación non está clara, xa cos habitantes da zona historicamente sempre se refiriron ao Naranjo como “Picu Urriellu”. Talvez sexa debido á cor alaranxada da pedra calcaria da que está formado.

Ten unha altitude de 2518 metros e aínda que non se trata do pico máis alto do ...Ler máis

O Pico Urriellu (en asturiano: Picu Urriellu), tamén coñecido como Naranjo de Bulnes, é un pico calcáreo de orixe paleozoica situado no Macizo Central dos Picos de Europa, España. Entre os habitantes da zona é coñecido como “Picu Urriellu”, denominación derivada do nome do Macizo Central como “Los Urrieles”. Administrativamente o Naranjo de Bulnes atópase situado no concello asturiano de Cabrales e dentro do Parque Nacional dos Picos de Europa.

A primeira referencia escrita ao “Pico Urriellu” como “Naranjo de Bulnes” débese ao enxeñeiro e xeólogo alemán Guillermo Schulz Schweizer que en 1855 editou o primeiro mapa topográfico e xeolóxico de Asturias. Así a todo, a orixe desta denominación non está clara, xa cos habitantes da zona historicamente sempre se refiriron ao Naranjo como “Picu Urriellu”. Talvez sexa debido á cor alaranxada da pedra calcaria da que está formado.

Ten unha altitude de 2518 metros e aínda que non se trata do pico máis alto do Cordal Cantábrico, pode ser considerado como un dos seus curutos máis coñecidos, así como un dos cumios emblemáticos do alpinismo español. Especialmente polos 550 metros de parede vertical da súa cara oeste. Na súa base atópase a Vega de Urriellu, un val de orixe glaciar cuaternario.

Photographies by:
Juan lacruz - CC BY 3.0
Statistics: Position
975
Statistics: Rank
113331

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
139426758Click/tap this sequence: 9116

Google street view

Where can you sleep near Pico Urriellu ?

Booking.com
489.916 visits in total, 9.197 Points of interest, 404 Destinos, 81 visits today.