Basílica de Santa María la Real (Covadonga)

( Basílica de Santa María a Real de Covadonga )

A Basílica de Santa María la Real é un templo relixioso de culto católico situado en Covadonga, Principado de Asturias (España), declarado como Basílica o 11 de setembro de 1901.

O templo foi ideado por Roberto Frassinelli e levantado entre 1877 e 1901 polo arquitecto Federico Aparici Soriano, de estilo neorrománico, construído integramente en pedra calcaria rosa.

Historia

En 1777 un incendio destruíu o antigo templo, que se atopaba contiguo á Santa Cova onde se venera á Virxe de Covadonga. Decidiuse entón levantar un novo a modo de monumental santuario, para o que se pediu esmola en toda España, coa oposición do cabido, xa que os relixiosos querían reconstruír o templo da Santa Cova e o santuario ideado por Ventura Rodríguez, que nunca puido levarse a cabo.

O empuxe definitivo para a construción non chega ata un século despois e sería o rei Afonso XII o que se interesa na conclusión desta obra. O deseño clasicista de Ventura Rodríguez, de difícil e custosa construción, dará paso a un deseño neomedievalista. A idea orixinal deste novo proxecto foi do erudito alemán coñecido como o Alemán de Corao, Roberto Frassinelli, que era gran debuxante pero non era arquitecto e tivo que ceder o seu posto ao arquitecto Federico Aparici, titulado da Academia de San Fernando; aínda así o Alemán tivo tempo de dirixir as obras da cripta.

Photographies by:
David Álvarez López - CC BY 2.0
Statistics: Position
1553
Statistics: Rank
163360

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
486271359Click/tap this sequence: 7134
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Basílica de Santa María a Real de Covadonga ?

Booking.com

What can you do near Basílica de Santa María a Real de Covadonga ?

8.848.000 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 3.486 visits today.