Zoo Aquarium de Madrid

( Parque zoolóxico de Madrid )

O Parque zoolóxico de Madrid (Zoo Aquarium de Madrid), é un zoo que se acha en Madrid (España), exactamente no gran parque forestal urbano da Casa de Campo. O parque pertence a Parques Reunidos S.A..

Foi inaugurado en 1972; ocupa unha área de 20 ha e conta con 500 especies cun total de 6000 individuos. Ademais das instalacións dos animais dos cinco continentas, salientan as instalacións dos golfiños, dos leóns mariños, das rapinas, e das aves exóticas.

Historia
 
Golfiños

O primeiro zoolóxico de Madrid data do ano 1770, a Casa de Fieras del Retiro, fundado por Carlos III.

O promotor do actual Zoo de Madrid foi Antonio Lleó de la Viña, que construíu as instalacións na Casa de Campo. O proxecto inicial do Zoo de Madrid estivo a cargo do arquitecto catalán Jordi Mir Valls, gañador do concurso convocado para tal efecto. O parque inagurouse en 1972.

Quince anos despois, en 1987, contruíuse o delfinario. Inaugurouse con sete exemplares de arroaz común ou boto (Tursiops truncatus). Construíuse tamén o pavillón Naturaleza Misteriosa onde se exhibe unha escolma de réptiles, anfibios e invertebrados.

En 1995 construíuse na parte suroeste do recinto o Aquarium, con forma de pirámide de cristal, mide 3.000 m².

En 1997, comezaron as exhibicións de voos de aves de rapina e exóticas nunha zona achegada ao delfinario.

En 2002, a raíña Sofía inaugura as aulas de educación ambiental do Zoo Aquarium.

En 2003, construíuse a instalación para leóns mariños (Zalophus californianus) e pingüíns (Spheniscus demersus).

En 2006 construíuse o complexo de primates do sueste asiático (orangutáns e xibóns de mans brancas (Hylobates lar).

Dende setembro de 2007 o zoolóxico ten un novo complexo con pandas xigantes (Ailuropoda melanoleuca). Os dous primeiros exemplares foron doados polo goberno chinés.[1]

"China ofrece a España una pareja de pandas". El Mundo. 28 de xuño de 2007. 
Photographies by:
Statistics: Position
976
Statistics: Rank
113331

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
173492568Click/tap this sequence: 6781

Google street view

Where can you sleep near Parque zoolóxico de Madrid ?

Booking.com
487.364 visits in total, 9.187 Points of interest, 404 Destinos, 49 visits today.