Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo, tamén coñecido como Europarlamento ou Eurocámara, é a institución parlamentaria que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns dela, e que xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea exerce a función lexislativa. Está composto por 751 deputados, que representan ao segundo maior electorado democrático do mundo, só superado polo Parlamento da India. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendencias políticas existentes nos países membros.

Elíxese por sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos dende 1979. Malia isto, a participación nas eleccións europeas leva caendo consecutivamente en cada votación dende esa data, manténdose por debaixo do 50% dende 1999. Nas eleccións de 2009, a porcentaxe de votantes situouse no 43% dos cidadáns europeos con dereito a voto, oscilando entre o 90% en países como Luxemburgo e Bélxica (onde o voto é obrigatorio) e o 20% en Eslovaquia. A participación foi ...Ler máis

O Parlamento Europeo, tamén coñecido como Europarlamento ou Eurocámara, é a institución parlamentaria que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns dela, e que xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea exerce a función lexislativa. Está composto por 751 deputados, que representan ao segundo maior electorado democrático do mundo, só superado polo Parlamento da India. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendencias políticas existentes nos países membros.

Elíxese por sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos dende 1979. Malia isto, a participación nas eleccións europeas leva caendo consecutivamente en cada votación dende esa data, manténdose por debaixo do 50% dende 1999. Nas eleccións de 2009, a porcentaxe de votantes situouse no 43% dos cidadáns europeos con dereito a voto, oscilando entre o 90% en países como Luxemburgo e Bélxica (onde o voto é obrigatorio) e o 20% en Eslovaquia. A participación foi inferior ao 50% en 18 dos 27 Estados membros.

Dende a súa fundación no ano 1952, as súas competencias foron ampliadas varias veces, principalmente a través do Tratado de Maastricht en 1992 e o Tratado de Lisboa en 2007.

O Parlamento Europeo ten dous lugares de reunión: o Edificio Louise Weiss en Estrasburgo, Francia, e o complexo de edificios do Espazo Léopold en Bruxelas, Bélxica. A Secretaría Xeral do Parlamento Europeo pola súa parte, o corpo administrativo, ten a súa sede na cidade de Luxemburgo.

Historia

A Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA) estableceu unha 'Asemblea Comunitaria' en setembro de 1952, os 78 membros da cal proviñan dos parlamentos estatais dos estados membros. Esta asemblea foi ampliada en marzo de 1958 para tratar de cubrir tamén a Comunidade Económica Europea e ó Euratom e adoptouse o nome de Asemblea Parlamentaria Europea até 1962 cando foi substituído polo de Parlamento Europeo. En 1979 o Parlamento foi ampliado e os seus membros foron elixidos directamente por vez primeira. Dende aquela, o Parlamento tense expandido a medida que se foron incorporando novos estados á UE.

Photographies by:
Statistics: Position
6523
Statistics: Rank
11231

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
268371945Click/tap this sequence: 5364

Google street view

Where can you sleep near Parlamento Europeo ?

Booking.com
491.029 visits in total, 9.210 Points of interest, 405 Destinos, 35 visits today.