New Orleans

( Nova Orleáns )

Nova Orleáns (en inglés New Orleans; en francés La Nouvelle-Orléans) é a cidade máis grande do estado de Luisiana, Estados Unidos de América. Está situada ao sueste deste estado no río Mississippi, xusto ao sur do Lago Pontchartrain. A poboación da cidade era de 391.006 en 2017, 1.337.726 na "Gran Nova Orleáns". O nome abréviase ás veces como NOLA.

Nova Orleáns é unha cidade do Sur coñecida polo seu patrimonio multicultural, en particular francés, español e africano, pola súa música e pola súa cociña. É un destino turístico moi coñecido grazas aos seus numerosos festivais e celebracións, entre os que destacan o Mardi Gras, o Festival de Jazz e o torneo de rubgy americano Sugar Bowl.

A cidade foi fundada en 1718 e desempeñou un papel relevante na historia dos Estados Unidos. Leva o nome na honra de Filipe II, Duque de Orleáns, rexente de Francia no momento da fundación da cidade. O nome alude á cidade de Orleáns, en Fran...Ler máis

Nova Orleáns (en inglés New Orleans; en francés La Nouvelle-Orléans) é a cidade máis grande do estado de Luisiana, Estados Unidos de América. Está situada ao sueste deste estado no río Mississippi, xusto ao sur do Lago Pontchartrain. A poboación da cidade era de 391.006 en 2017, 1.337.726 na "Gran Nova Orleáns". O nome abréviase ás veces como NOLA.

Nova Orleáns é unha cidade do Sur coñecida polo seu patrimonio multicultural, en particular francés, español e africano, pola súa música e pola súa cociña. É un destino turístico moi coñecido grazas aos seus numerosos festivais e celebracións, entre os que destacan o Mardi Gras, o Festival de Jazz e o torneo de rubgy americano Sugar Bowl.

A cidade foi fundada en 1718 e desempeñou un papel relevante na historia dos Estados Unidos. Leva o nome na honra de Filipe II, Duque de Orleáns, rexente de Francia no momento da fundación da cidade. O nome alude á cidade de Orleáns, en Francia.

Nova Orleáns é unha cidade portuaria importante debido á súa localización preto do Golfo de México e no río Mississippi, o que fai dela un centro de tránsito de mercadorías desde e cara Latinoamérica. A industria petroleira é tamén de grande importancia para a súa economía, xa que no Golfo hai instaladas numerosas plataformas de extracción. O Porto do Sur de Luisiana (que inclúe o porto de Nova Orleáns e se estende pola área metropolitana) é o cuarto do mundo en tonelaxe.

Historia Era colonial
 
Sinal na Praza Jackson no Barrio Francés

Nova Orleáns foi fundada en 1718 polos franceses como La Nouvelle-Orléans baixo a dirección de Jean-Baptiste Le Moyne de Bienville. O sitio escolleuse debido a ser un dous poucos lugares con algo de elevación por riba das marxes do curso final do río Mississippi, moi propensas ás inundacións e porque estaba próximo a unha rota comercial india entre o Mississippi e o Lago Pontchartrain através de Bayou St. John (que os nativos chamaban Bayou Choupique). Nas proximidades (no que agora é o centro de Nova Orleáns) xa se asentara unha década antes unha comunidade de tramperos franceses. Nouvelle-Orléans converteuse na capital da Luisiana francesa en 1722, substituíndo a Biloxi.

En 1763, o colonia foi cedida aos españois. Algúns colonos franceses nunca se sentiron cómodos co dominio español e solicitaron repetidas veces a volta ao control francés.

O Grande Incendio de 1788 destruíu moitas das estruturas existentes na cidade. Como resultado deste incendio, e doutro posterior en 1795, boa parte da arquitectura do século XVIII que aínda pervive foi construída baixo o dominio español e garda as características da arquitectura colonial española.

En 1795, España concedeulle aos Estados Unidos o "Dereito de Depósito" en Nova Orleáns, que lles permitía usar as instalacións do porto da cidade. O Territorio de Luisiana (que abarcaba porcións de máis dunha ducia de estados actuais) volveu ao control francés en 1801 coa conquista napoleónica de España, pero en 1803 Napoleón vendeullo aos Estados Unidos. Na altura, a cidade de Nova Orleáns contaba cuns 10.000 habitantes.

Século XIX

Desde os comezos, Nova Orleáns destacou pola súa poboación políglota e cosmopolita e pola mestura de culturas. A cidade medrou rapidamente, con chegadas de norteamericanos, franceses e crioulos franceses, moitos dos que escapaban da revolución en Haití. Durante a Guerra de 1812, o Reino Unido enviou unha forza para tentar conquistar a cidade mais foi vencida polas forzas dirixidas por Andrew Jackson, a algúns quilómetros río abaixo da cidade de Chalmette o 8 de xaneiro de 1815, no que se coñeceu como Batalla de Nova Orleáns.

 
Mapa alemán de Nova Orleáns de 1888

A poboación da cidade dobrouse na década dos 30 e en 1840 chegaba aos 102.000, co que era a cuarta máis grande dos Estados Unidos, a maior fora da Costa Leste e a segunda maior do Sur, despois de Boltimore . Porén, o crecemento veuse freado en ocasións por epidemias de febre amarela, como a de 1853, que matou a case 10.000 persoas.

Nova Orleáns foi a capital do estado de Luisiana até 1849 e despois entre 1865 e 1880. Como porto principal tiña un papel relevante no comercio de escravos, á vez que albergaba a maior comunidade de negros de Norteamérica. No inicio da Guerra Civil Americana foi capturada pola Unión sen batalla, o que evitou a destrución que sufriron moitas outras cidades do Sur. Retén un aroma histórico coa riqueza das construcións decimonónicas moi por fora dos primeiros límites urbanos coloniais do Barrio Francés. En 1844 foi a sede da Feira Mundial, denominada o Centenario Mundial do Algodón. Unha atracción importante de finais do século XIX e principios do XX era o famoso barrio de prostitución chamado Storyville.

Século XX
 
Panorama de Nova Orleáns panorama de 1919

Dado que a maior parte da cidade se sitaba por baixo do nivel do mar entre o río e o lago, Nova Orleáns estaba rodeada de diques. Até comezos do século XX, a construción limitábase aos terreos un pouco máis altos ao longo dos diques naturiais do río e os bayous dado que a maioría do territorio restante era pantanoso e estaba submetido a inundacións frecuentes. Por esta razón, durante o século XIX a cidade tiña a forma dun crescente ao longo dunha curva do Mississippi, de onde lle ven o nome de Cidade Crescente. Na primeira década do século XX, o enxeñeiro e inventor A. Baldwin Wood levou a cabo un plano moi ambicioso para desecar a cidade, que incluía enormes bombas deseñadas por el, algunhas das cales aínda están en uso. Porén, o bombeo de auga subterránea provocou o seu afundimento, o que aumentou o risco de inundación.

Na década dos 20, modernizouse a imaxe da cidade eliminando os balcóns de ferro forxado de Canal Street, o seu centro comercial. Na década dos 60 outra modernización substituíu os tranvías por buses. Nos anos 90 lamentaronse estas decisións e volveuse a construír a liña de tranvías, rematada en 2004.

As áreas residencias medraron moito na segunda metade do século XX. A maior hoxe en día é Metairie, que limita con Nova Orleáns polo oeste.

Nova Orleáns é unha das cidades máis visitadas dos Estados Unidos, e o turismo converteuse nunha das compoñentes fundamentais da economía local nas últimas décadas do século XX. Moitas zonas do Barrio Francés e do Distrito de Negocios Central, que había tempo que estaban orientadas a usos residencias e comerciais locais, mudaron cara a industria turística nacional e internacional.

Un século após a Exhibición do Centenario do Algodón, Nova Orleáns albergou outra Feira Mundial, a Exposición Mundial de Luisiana de 1984.

O furacán Katrina
 
Vista aérea das áreas inundadas preto do centro

A cidade sufriu os efectos dun furacán de categoría 4 o 29 de agosto de 2005, o Katrina, que chegou a terra en Florida. O concello ordenou unha evacuación total da cidade, a primeira na súa historia. O ollo do furacán pasou a 15 quilómetros, pero Nova Orleáns veuse moi afectada e despois algúns diques racharon e a cidade foi inundada nun 80%. Os servizos de emerxencia fallaron e miles de persoas (aínda non hai cálculos precisos) pereceron.

Photographies by:
justinsomnia.org - Public domain
Statistics: Position
5499
Statistics: Rank
62281

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
432895167Click/tap this sequence: 5149
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Nova Orleáns ?

Booking.com

What can you do near Nova Orleáns ?

8.717.207 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 3.345 visits today.