Muralla de Ávila

A Muralla de Ávila é unha cerca militar románica que rodea o casco antigo da cidade de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León, en España. Na actualidade, o casco antigo, a muralla e as igrexas situadas extramuros foron declaradas Patrimonio da Humanidade.

As murallas son un factor activo moi importante na conformación do urbanismo da cidade e historicamente participaron na distribución do espazo urbano entre os diversos grupos sociais que habitaron Ávila. A muralla representaba a separación entre o «espazo salvaxe» e o «civilizado». O campo, a terra chaira, vivían os campesiños que era a clase social máis baixa que mantiñan á cidade. Sobre o campesinado recaía o 80% dos custos das infraestruturas urbanas, incluída a muralla cuxo mantemento reciba o nome de reparo dos muros. Segundo a tradición a dirección da construción da muralla recaeu nos dous maestres de xeometría, o romano Casandro e o francés Florín de Piruenga. O estudo da estrutura defens...Ler máis

A Muralla de Ávila é unha cerca militar románica que rodea o casco antigo da cidade de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León, en España. Na actualidade, o casco antigo, a muralla e as igrexas situadas extramuros foron declaradas Patrimonio da Humanidade.

As murallas son un factor activo moi importante na conformación do urbanismo da cidade e historicamente participaron na distribución do espazo urbano entre os diversos grupos sociais que habitaron Ávila. A muralla representaba a separación entre o «espazo salvaxe» e o «civilizado». O campo, a terra chaira, vivían os campesiños que era a clase social máis baixa que mantiñan á cidade. Sobre o campesinado recaía o 80% dos custos das infraestruturas urbanas, incluída a muralla cuxo mantemento reciba o nome de reparo dos muros. Segundo a tradición a dirección da construción da muralla recaeu nos dous maestres de xeometría, o romano Casandro e o francés Florín de Piruenga. O estudo da estrutura defensiva sinala que se trata dunha construción similar, na súa morfoloxía e poliorcética (arte de construción de murallas e castelos) ás murallas do ámbito andalusí.

O carácter militar da muralla é eminentemente defensivo e mantívose aínda coas reformas realizadas no século XIV que a reforzaron.

É propiedade do Estado Español e está xestionada polo concello de Ávila. Algúns tramos, os que coinciden con algúns edificios como palacios e igrexas (entre elas a catedral) son privados.

Photographies by:
Statistics: Position
6620
Statistics: Rank
47987

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
487326159Click/tap this sequence: 8751
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Muralla de Ávila ?

Booking.com

What can you do near Muralla de Ávila ?

8.734.424 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 7.317 visits today.