Lake Eyre

( Lago Eyre )

O lago Eyre (en inglés Lake Eyre, oficialmente Kati Thanda–Lake Eyre) é, nas raras veces nas que está cheo, o lago máis grande de Australia e tamén o punto máis baixo do país (aproximadamente 15 m por debaixo do nivel do mar). Trátase dun lago endorreico, dunha superficie de 9.690 km² (máx.)

Este lago debe o seu nome a Edward John Eyre, un explorador que, en 1840, relatou a súa existencia. Nas décadas seguintes, este lago foi explorado diversas veces (1857 - Goyder; 1866 - Warburton; 1901 - Gregory), mais só en 1922 é que Halligan conseguiu definir os contornos deste lago, por vía aérea.

Atópase na zona desértica de Australia central, ao norte de Australia do Sur. A cunca do lago Eyre é un enorme sistema endorreico arredor do lago, estando a parte máis baixa cuberta dunha capa salgada característica dos sistemas endorreicos, producida pola expansión cada tempada do volume de auga e a consecuente evaporación das augas atrapadas. Aínda nas tempadas má...Ler máis

O lago Eyre (en inglés Lake Eyre, oficialmente Kati Thanda–Lake Eyre) é, nas raras veces nas que está cheo, o lago máis grande de Australia e tamén o punto máis baixo do país (aproximadamente 15 m por debaixo do nivel do mar). Trátase dun lago endorreico, dunha superficie de 9.690 km² (máx.)

Este lago debe o seu nome a Edward John Eyre, un explorador que, en 1840, relatou a súa existencia. Nas décadas seguintes, este lago foi explorado diversas veces (1857 - Goyder; 1866 - Warburton; 1901 - Gregory), mais só en 1922 é que Halligan conseguiu definir os contornos deste lago, por vía aérea.

Atópase na zona desértica de Australia central, ao norte de Australia do Sur. A cunca do lago Eyre é un enorme sistema endorreico arredor do lago, estando a parte máis baixa cuberta dunha capa salgada característica dos sistemas endorreicos, producida pola expansión cada tempada do volume de auga e a consecuente evaporación das augas atrapadas. Aínda nas tempadas máis cálidas, case sempre queda algo de auga no lago, que normalmente se recolle nunha serie de lagos subterráneos máis pequenos. Durante a tempada de chuvias, os ríos do nordeste (no outback, en Queensland) flúen cara ao lago. A cantidade de auga do monzón determina se a auga logrará alcanzar o lago e se o fai, que profundidade alcanzará. O lago tamén pode sufrir inundación pequenas e moderadas, provocadas polo volume de chuvias caídas na zona. O normal é que haxa inundacións de 1,5 m (5 pés) cada tres anos; de 4 m (13 pés), cada década e unha inundación completa ou case, catro veces cada 100 anos. A auga do lago evapórase rapidamente, de maneira que as inundacións menores e medias sécanse cara ao final do verán seguinte.

Como curiosidade, existe o Club de Vela do Lago Eyre, que navega polo lago aproveitando as inundacións menores.

Photographies by:
ogwen - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
541
Statistics: Rank
286901

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
146582379Click/tap this sequence: 3463
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near Lago Eyre ?

Booking.com

What can you do near Lago Eyre ?

9.004.855 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 2.194 visits today.