Helgoland [ˈhɛl.ɡoˌlant] (en alemán Helgoland ou tamén Deät Lun -a terra-, en frisón Lun Hålilönj e en inglés Heligoland) é un pequeno arquipélago alemán situado no bordo sueste do mar do Norte. Orixinalmente era unha única illa de forma triangular e duns 2 km de lonxitude. Hoxe en día, son dúas illas: a illa principal, de forma orixinalmente triangular cunha extensión aproximada de 1 km2 no oeste (denominada Hauptinsel) e a denominada Düne (a Duna). Esta é algo máis pequena (0,7 km2 aproximadamente) antes enlazada por unha lingua de terra agora mergullada no mar e rodeada de praias de area. Non está permanentemente habitada, pero é onde se localiza o aeroporto de Helgoland.

Aínda que culturalmente está máis preto de Frisia do Norte, no distrito alemán de Nordfriesland, as dúas illas forman parte do distrito de Pinneberg no estado federado alemán de Schleswig-Holstein. A illa ten unha poboa...Ler máis

Helgoland [ˈhɛl.ɡoˌlant] (en alemán Helgoland ou tamén Deät Lun -a terra-, en frisón Lun Hålilönj e en inglés Heligoland) é un pequeno arquipélago alemán situado no bordo sueste do mar do Norte. Orixinalmente era unha única illa de forma triangular e duns 2 km de lonxitude. Hoxe en día, son dúas illas: a illa principal, de forma orixinalmente triangular cunha extensión aproximada de 1 km2 no oeste (denominada Hauptinsel) e a denominada Düne (a Duna). Esta é algo máis pequena (0,7 km2 aproximadamente) antes enlazada por unha lingua de terra agora mergullada no mar e rodeada de praias de area. Non está permanentemente habitada, pero é onde se localiza o aeroporto de Helgoland.

Aínda que culturalmente está máis preto de Frisia do Norte, no distrito alemán de Nordfriesland, as dúas illas forman parte do distrito de Pinneberg no estado federado alemán de Schleswig-Holstein. A illa ten unha poboación dunhas 1.650 persoas e carece de automóbiles, xa que están prohibidos por norma municipal. O traxecto en barco transbordador desde a desembocadura do río Elba até a illa dura dúas horas.

Historia

Sábese que a zona ao redor da illa estivo habitada desde tempos prehistóricos. Atopáronse ferramentas de pedernal no fondo do mar que rodea a illa. Orixinalmente a illa recibiu o nome de Fosetisland dos piratas do Báltico; na época de Willibrord de Utrecht xa lla coñecía como Heiligland que significa «Terra Sacra».[1]

En 697, Radbod, o último rei de Frisia, retirouse á illa tras ser derrotado polos francos. En 1231 aparece unha lista na que se nomea a illa como propiedade do rei Valdemar II de Dinamarca. Os restos arqueolóxicos atopados, pertencentes aos séculos XII e XIV, advirten do procesamento do mineral de cobre existente na illa.

Durante os séculos XV e XVI, foi empregada como base para a piratería.[2] Desde entón até 1714 a propiedade da illa cambiou varias veces entre Dinamarca e o ducado de Schleswig, cun período no que pasou á cidade hanseática de Hamburgo. En agosto de 1714 a illa foi conquistada por Dinamarca e en 1807 tomada polo Reino Unido durante as Guerras Napoleónicas, co obxectivo de usala para romper o bloqueo continental decretado por Napoleón. No Tratado de París (30 de maio de 1814), ratificouse a ocupación británica. A razón principal do control británico dunha illa pequena e, aparentemente, irrelevante debíase ao intento británico de impedir unha futura agresión naval francesa contra os estados escandinavos ou alemáns[3]. Durante o período de administración británica, non se realizaron cambios para empregala como unha base naval, en parte por razóns financeiras mais, sobre todo, porque a Royal Navy consideraba a illa demasiado exposta como unha base avanzada.[4]

O Reino Unido cedeu a illa a Alemaña, segundo o tratado de Helgoland-Zanzíbar, en 1890, á vez que abandonaba os seus intereses en Madagascar a favor dos franceses, a cambio de que estes abandonasen as súas pretensións sobre a illa de Zanzíbar.

Durante o Imperio alemán, a illa converteuse nunha gran base naval, e na Primeira guerra mundial a poboación civil foi evacuada ao continente. A primeira batalla naval da guerra tivo lugar preto de Helgoland no primeiro mes do conflito. Os insulares volveron en 1918, pero durante o período nazi a base naval foi reactivada. O Campo de Helgoland, un campo de traballo nazi en Alderney, levaba o nome da illa.

Os insulares permaneceron alí durante a Segunda guerra mundial. O 19 de abril de 1945, máis de mil bombardeiros aliados atacaron a illa arrasándoa ao seu paso. A poboación civil protexeuse en refuxios rochosos, de xeito que a maioría dos 128 mortos que houbo eran membros das baterías antiaéreas. A illa foi evacuada a noite seguinte. Hai que mencionar que na illa Düne instalouse unha pista de aterraxe con dúas pistas, en cruz, para aproveitar o vento reinante na zona.

 
Rúa principal.

Desde 1945 até 1952 as illas, cuxos habitantes foran previamente evacuados, foron usadas como campo de tiro da R.A.F. O 18 de abril de 1947, a Mariña Real británica detonou 6 800 toneladas de explosivos coa intención de demoler as instalacións militares da illa, que incluían unha enorme rede de fortificacións, postos de artillaría e refuxios para submarinos. A teoría de que a detonación tiña como obxectivo destruír a illa, aínda que segue sendo popular na zona, foi desmentida por Rene Leudesdorff. O efecto sísmico da titánica explosión (chamada Big Bang polos expertos), unha das maiores non nucleares da historia moderna, permitiu efectuar todo tipo de sondaxes sísmicas desde as estacións sismolóxicas do Norte de Europa, chegándose a publicar varios estudos xeolóxicos e sismolóxicos. A illa foi devolta o 29 de febreiro de 1952 ás autoridades alemás, que tiveron que limpar unha considerable cantidade de municións sen detonar e reconstruír as casas antes de que a illa puidese ser habitada de novo.

Na actualidade a illa é un lugar de vacacións e goza de exencións de impostos, polo que unha boa parte da economía da illa baséase na venda de cigarros, bebidas alcohólicas e perfumes aos turistas que visitan a illa. A illa atópase fóra da área do Tratado de Schengen. Os seus habitantes son etnicamente frisóns e falan, xunto co alemán, unha variedade distintiva da lingua frisoa.

En tempos recentes construíronse uns diques crebaondas na costa setentrional, non só para servir de fondeadero, senón para evitar que a violencia dos temporais do Mar do Norte erosionen dita zona da illa; tamén se restaurou un pouco a base norte da illa utilizando formigón coloreado.

The viking Age (2010), ed. A.A. Sommerville / R.A. McDonald, University of Toronto Press, ISBN 978-1-44260-148-2 p. 7. Ritsema, Alex (2007). Heligoland, Past and Present. Lulu Press. p. 40. ISBN 978-1-84753-190-2.  Cooper (2014), p.40 Cooper (2014), p. 41
Photographies by:
Torsten Kaiser 111 - CC BY-SA 4.0
Statistics: Position
579
Statistics: Rank
165402

Engadir un novo comentario

Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Seguranza
518924673Click/tap this sequence: 1985

Google street view

Where can you sleep near Helgoland ?

Booking.com
489.945 visits in total, 9.198 Points of interest, 404 Destinos, 4 visits today.