FC St. Pauli

O Fußball-Club St. Pauli é un club polideportivo alemán con sede no barrio de Hamburgo de Sankt Pauli (Hamburg-Mitte). A sección de fútbol é a de maior importancia do club, mais tamén posúe equipos de rugby, fútbol americano, béisbol, boxeo, xadrez, ciclismo ou balonmán, entre outros.

Na tempada 2003-04 descenderon até a Regionalliga, nese momento a terceira división do fútbol en Alemaña, e permaneceron alí durante catro anos. En 2007 o St. Pauli ascendeu de novo á 2. Fußball-Bundesliga, división na que compite actualmente tras descender en 2011 da 1. Bundesliga, máxima categoría do fútbol xermano.

Aínda que a nivel futbolístico o equipo non obtivo demasiados éxitos, é amplamente recoñecido por ser un club de culto debido ás súas peculiaridades únicas, entre as cales está o uso de bandeiras piratas como emblema oficioso, competir nun torneo internacional de seleccións co nome de "República de St. Pauli" ou declararse antifascista nos propios estatutos do club. <...Ler máis

O Fußball-Club St. Pauli é un club polideportivo alemán con sede no barrio de Hamburgo de Sankt Pauli (Hamburg-Mitte). A sección de fútbol é a de maior importancia do club, mais tamén posúe equipos de rugby, fútbol americano, béisbol, boxeo, xadrez, ciclismo ou balonmán, entre outros.

Na tempada 2003-04 descenderon até a Regionalliga, nese momento a terceira división do fútbol en Alemaña, e permaneceron alí durante catro anos. En 2007 o St. Pauli ascendeu de novo á 2. Fußball-Bundesliga, división na que compite actualmente tras descender en 2011 da 1. Bundesliga, máxima categoría do fútbol xermano.

Aínda que a nivel futbolístico o equipo non obtivo demasiados éxitos, é amplamente recoñecido por ser un club de culto debido ás súas peculiaridades únicas, entre as cales está o uso de bandeiras piratas como emblema oficioso, competir nun torneo internacional de seleccións co nome de "República de St. Pauli" ou declararse antifascista nos propios estatutos do club.

Historia Primeiros anos
 
St. Pauli cara o 1900.

O club fundouse en 1899 como un grupo informal de entusiastas do fútbol dentro da Hamburg-St. Pauli Turn-Verein 1862. Este equipo non xogou o seu primeiro partido até 1907. Fundado oficialmente o 15 de maio de 1910, o club xogou como "St Pauli TV" na Kreisliga Groß-Hamburgo (Alsterkreis) até 1924 cando se formou por separado un equipo de fútbol chamado Fußball-Club St. Pauli.

O equipo xogou como un insignificante "equipo de metade de táboa cara abaixo" até a creación do primeiro equipo en 1934 na Gauliga Nordmark, competición de primeiro nivel, unha das dezaseis divisións creadas na reorganización de fútbol alemán que ocorreu durante o Terceiro Reich. O Sankt Pauli descendeu de categoría inmediatamente, pero volveron de novo á máxima competición en 1936. Tras descender outra vez en 1940, o "St Pauli" reaparecería na Hamburgo Gauliga en 1942, onde xogaría até o final da Segunda Guerra Mundial.

O fútbol da posguerra
 
Tribuna Sur do estadio.

Despois da guerra, o club volveu xogar na Oberliga Nord en 1947. Unha gran actuación na tempada 1947-48, na cal finalizou en segundo posto, levou ao St. Pauli á súa primeira participación importante no campionato nacional. O equipo chegou ás semifinais onde foron eliminados ao caer por 2 a 3 ante os futuros campións, o 1. FC Nürnberg. O club seguiu xogando ben durante principios dos anos 1950, mais era incapaz de acadar o nivel de rivais como o Hamburger SV, terminando no segundo posto en cinco do sete seguintes tempadas e quedando eliminado nas primeiras roldas en cada unha das súas participacións no campionato nacional desde 1949 a 1951. Na segunda metade da década dos 1950 e principios dos anos 1960, o St. Pauli foi superado por rivais como o Werder Bremen e o VfL Osnabrück, sendo incapaz de superar os cuartos de final.

Promoción á Bundesliga

En 1963, fundouse a Bundesliga, a nova liga profesional de primeira división de Alemaña Occidental. Equipos como o Hamburgo, o Werder Bremen ou o Eintracht Braunschweig uníronse á liga tras terminar nos primeiros postos da Oberliga Nord, mentres que o St. Pauli permaneceu na segunda división (Regionalliga Nord). O éxito da Bundesliga e o crecemento de fútbol profesional en Alemaña Occidental levou á formación da 2. Bundesliga en 1974. O St. Pauli formou parte da nova liga e en 1977 logrou ascender á Bundesliga grazas a quedar campión da súa división. O equipo descendeu tras xogar unicamente unha tempada na Bundesliga.

O regreso do club á 2. Bundesliga foi tamén efémero. En 1979, ao bordo da bancarrota, negóuselle a licenza para a tempada seguinte e foi relegado á Oberliga Nord (III División). Os bos resultados do equipo á fronte da competición en 1981 e 1983 non viñeron acompañados por unha boa situación financeira. En 1984, o club suficientemente saneado, recuperou a categoría ascendendo á 2. Bundesliga, por diante da sección afeccionada do Werder Bremen, que en realidade terminara dous puntos diante St. Pauli, pero non podían xogar a promoción.

Un club "de culto"
 
Bandeira pirata utilizada polos seareiros e o club.

Foi a mediados dos anos 1980 cando o St. Pauli comezou a transición de club tradicional a un club de culto. O cambio comezou coa mudanza dos seus terreos de xogo ao peirao de St. Pauli, preto do famoso Reeperbahn de Hamburgo, centro da vida nocturna da cidade e do barrio vermello. Así, de maneira espontánea xurdiron os ideais alternativos do club: a política de esquerdas (comunismo e socialismo), anarquismo, pola que se inclina o club, e a atmosfera festiva característica dos seus partidos.

O St. Pauli converteuse no primeiro equipo en Alemaña en prohibir oficialmente os símbolos da dereita nacionalista e as actividades fascistas, nunha época en que estas correntes inspiraban o vandalismo no fútbol. En 1981, o equipo tiña unha asistencia media de só 1.600 espectadores por partido: antes de finais dos anos 1990 esa media aumentou a 20.000 espectadores por partido.

Foi tamén durante a década de 1980 cando o primeiro equipo comezou a ser asociado co símbolo que adoptaron os seus seareiros: a caveira con ósos cruzados, que chegou a ser o seu propio emblema non oficial do club. Este símbolo estivo sempre asociado ao barrio de Sankt Pauli dun ou doutro xeito. Hamburgo foi a cidade adoptiva do pirata máis famoso de Alemaña, Klaus Störtebeker, pero o que debe ser acreditado como introdutor do símbolo no club é, probablemente, Doc Mabuse, o cantante dunha banda punk de Hamburgo que, como conta a lenda, tomou por vez primeira a bandeira dun posto ao pasar a través do Hambuerger Dom, bébedo no seu camiño cara ao Millerntor-Stadion.

 
Pub "Jolly Roger" frecuentado por seareiros do club.

Na década de 1990, os medios de comunicación alemás espallaron a imaxe de culto do club, centrándose na parte punk dos seareiros nas emisións de televisión dos partidos. Nese momento, os medios de comunicación tamén empezaron a establecer alcumes como Freibeuter der Liga ("bucaneiros da liga"), así como das Freudenhaus der Liga ("Bordel da liga", aínda que tamén significa literalmente "Casa de ocio").

O St. Pauli estivo ascendendo e descendendo da Bundesliga no transcurso dos seguintes doce anos. O club mesmo descendeu á Oberliga (terceira división) na tempada 1984-85, mais gañou o campionato ao ano seguinte regresando á 2. Bundesliga. Tras dous bos anos ascende, e permanece durante tres tempadas na 1. Bundesliga (1988-1991). Logo pasa outras catro tempadas seguidas en 2. Bundesliga, para posar outras dúas na máxima categoría (1995-1997, para volver a descender.

No novo milenio
 
Conmemoración no 100 aniversario do club.

En 2001-02 o club logrou xogar na 1. Bundesliga. Esta aventura case levou á bancarrota ao club que tivo que levar a cabo iniciativas chamadas "Retteraktion" para liquidar a súa débeda. Imprimíronse camisetas coa imaxe do club rodeada pola palabra "Retter" (salvador) e lográronse vender máis de 140.000 en tan só seis semanas. Tamén se organizou un partido benéfico contra o Bayern München para tentar rescatar ao club e sanealo economicamente. O club tamén foi activo en accións benéficas e humanitarias. En 2005 o club, o equipo e os seareiros iniciaron a campaña "Viva con auga de Sankt Pauli", coa que se reuniu diñeiro para dispensadores de auga para escolas de Cuba.

Durante a tempada 2005-06, o equipo gozou dun éxito sen precedentes na DFB Pokal, vencendo ao Wacker Burghausen, ao Bochum e ao Hertha Berlin e, nos cuartos de final o día 25 de xaneiro de 2006 ao Werder Bremen por 3-1 nun Millerntor-Stadion cheo, conseguindo un lugar nas semifinais da Copa de Alemaña. Cos triunfos o club conseguiu ingresar aproximadamente 1 millón de euros en concepto de dereitos de TV e patrocinios. Tras as súas vitorias na DFB Pokal, o club tamén lanzou unha nova liña de camisetas coa lema "Wir sind Pokal" (Somos a Copa). O diario Bild titulou despois "Wir sind Papst" (Somos o Papa). O St. Pauli foi finalmente eliminado da copa ao caer fronte ao Bayern München o 12 de abril por 3-0 cun gol de Owen Hargreaves e dous de Claudio Pizarro.

Despois do éxito conseguido na tempada 2006/2007 na Regionalliga Nord (na cal finalizou 1º), o equipo ascendeu á 2. Bundesliga. Na tempada 2009-10 volveu conseguir un novo o ascenso á máxima categoría do fútbol xermano, mais descenderon a falta dunha xornada para a finalización do campionato, rematando no último posto.

Photographies by:
An-d - CC BY-SA 3.0
Statistics: Position
5358
Statistics: Rank
63302

Engadir un novo comentario

CAPTCHA
Seguranza
913758426Click/tap this sequence: 4918
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Google street view

Where can you sleep near FC St. Pauli ?

Booking.com

What can you do near FC St. Pauli ?

9.012.255 visits in total, 407.503 Points of interest, 405 Destinos, 6.024 visits today.